Grao en Mestre ou Mestra de Educación Infantil

Permanent URI for this collectionhttps://hdl.handle.net/10347/11500

Browse

Recent Submissions

Now showing 1 - 20 of 56
  • Item type: Item ,
    Prevención temperá dos Trastornos da Linguaxe como motor do desenvolvemento social e emocional na infancia
    (2025-06) González Somoza, Sabela; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Psicoloxía Evolutiva e da Educación; López Gómez, Santiago
    A linguaxe xoga un papel fundamental no desenvolvemento das persoas, posto que non só inflúe no factor comunicativo, senón que tamén define o aspecto emocional e social. Non obstante, o seu proceso de adquisición e dominio non é lineal, debido a que existen unha serie de condicionantes que poden inferir ata o punto de orixinar un trastorno da linguaxe. Así mesmo, poden afectar significativamente á autoestima, ás relacións interpersoais e ao benestar xeral do neno/a. Neste contexto, o proceso preventivo convértese en fundamental para frear esta problemática. O presente documento recolle unha análise do desenvolvemento lingüístico típico e a tipoloxía de trastornos, coas súas causas, sinais de alerta e repercusións a nivel interno e externo. Ademais, exponse unha proposta de intervención preventiva dirixida ao alumnado do último curso de Educación Infantil, baseada no tratamento dos catro compoñentes da linguaxe no seus procesos de codificación e decodificación. Paralelamente, búscase fomentar un entorno inclusivo capaz de estimular a linguaxe, incorporando o xogo como eixo central e a participación familiar como recurso clave. En definitiva, este traballo pretende conciencia sobre a importancia dunha mirada temperá acompañada dunhas accións precisas para promover un desenvolvemento da infancia integral.
  • Item type: Item ,
    Teatromático: o xogo dramático como ferramenta de aprendizaxe das matemáticas en educación infantil
    (2025) Basdedios Tilve, Eva; Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Ciencias da Educación; Caamaño Rojo, María José
    As matemáticas adoitan ser percibidas polo alumnado de forma negativa, xerándolle estrés o momento de enfrontarse a elas ao consideralas demasiado difíciles. Partindo desta premisa, o obxectivo principal deste traballo é explorar as posibilidades educativas e os beneficios do xogo dramático en combinación co emprego de material non estruturado, máis concretamente de pezas soltas, nas aprendizaxes de conceptos matemáticos na etapa de Educación Infantil, comprobando a súa eficacia tanto a nivel cognitivo como afectivo. Por unha banda, o xogo dramático preséntase como unha ferramenta de aprendizaxe motivadora, que permite ao alumnado expresarse, imaxinar e crear ao tempo que aprende novos coñecementos. Pola outra banda, as pezas soltas ofrecen liberdade de exploración e experimentación, así como fomentan a creatividade do alumnado. Polo tanto, tras unha breve fundamentación teórica sobre estes conceptos, levarase a cabo unha proposta de intervención innovadora e significativa, fundamentada no xogo dramático e nas pezas soltas. Esta será posta en práctica nunha aula e, empregando diferentes instrumentos de avaliación, analizarase a súa eficacia, comprobando así a utilidade destas metodoloxías no proceso de ensino e aprendizaxe das matemáticas en Educación Infantil e na creación de actitudes positivas cara esta materia.
  • Item type: Item ,
    O desenvolvemento de hábitos saudables en educación infantil: unha ollada ao marco normativo e proposta didáctica a través de situacións de aprendizaxe
    (2025) Alonso Vázquez, Laura; Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Ciencias da Educación; Rodríguez Fernández, José Eugenio
    As situacións de aprendizaxe, introducidas pola LOMLOE, constitúen un novo marco metodolóxico a través do cal estruturar o proceso de ensino-aprendizaxe, orientado cara unha aprendizaxe máis competencial. A lexislación vixente e os organismos competentes, ante as necesidades da sociedade actual, tamén inciden na importancia da educación para a saúde e a promoción de hábitos saudables no ámbito educativo. O obxectivo deste traballo foi deseñar unha proposta didáctica cos enfoques metodolóxicos promovidos desde a lexislación educativa vixente para a promoción de hábitos saudables no segundo ciclo de Educación Infantil. Esta proposta didáctica concretouse no desenvolvemento dunha situación de aprendizaxe nunha aula de 6º de Educación Infantil, centrada na construción dun restaurante no recuncho do xogo simbólico, mediante actividades relacionadas coa alimentación saudable e a elaboración de receitas, así como na incorporación de descansos activos durante a xornada escolar. Os resultados revelaron que este enfoque ofrece un marco adecuado para fomentar a toma de conciencia e adquisición de hábitos saudables en Educación Infantil, así como para o traballo integral das tres áreas curriculares mediante actividades que favorecen a participación e a reflexión activa do alumnado.
  • Item type: Item ,
    Retratos del yo: el dibujo como expresión del autoconcepto en la etapa de educación infantil
    (2025) Abatán Dopazo, Yasmina; Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Ciencias da Educación; Guisande Couñago, María Adelina
    El autoconcepto infantil se define como la percepción que el niño tiene de sí mismo, constituyendo una representación dinámica que comienza a desarrollarse desde los primeros años de vida. Por su parte, el dibujo infantil se considera una forma de expresión gráfica mediante la cual los discentes comunican sus emociones, pensamientos y comprensión del entorno. El presente Trabajo de Fin de Grado tiene como objetivo explorar la posible relación entre el autoconcepto del alumnado de Educación Infantil y sus representaciones gráficas, analizando la validez del dibujo como instrumento proyectivo de las autopercepciones infantiles. Para ello, se realiza una revisión de la literatura científica publicada hasta marzo de 2025 en las bases de datos ERIC, PsycINFO y Web of Science (WOS). Asimismo, se lleva a cabo una investigación de campo con una muestra de alumnado de Educación Infantil, en la que se evalúa el autoconcepto mediante instrumentos adaptados a su etapa evolutiva, y se analizan las producciones gráficas de los participantes. Los resultados obtenidos respaldan la existencia de predictores del autoconcepto en las producciones gráficas infantiles —como el tamaño de la figura, la calidad del trazo o los rasgos corporales representados—, lo que pone de relieve su relevancia en el análisis del constructo del autoconcepto.
  • Item type: Item ,
    Censura e autocensura nos libros infantís: o que as mestras e os mestres non len nas aulas
    (2024) Rey López, Iván; Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Ciencias da Educación; Pena Presas, Monserrat
    A censura é unha prohibición que afecta á lectura, á escritura e á publicación ou edición de certos textos. Por outra banda, a autocensura dáse cando as persoas escritoras ou mediadoras non se permiten chegar a eses contidos. En concreto, as mestras e mestres de educación infantil levan a cabo esta autocensura cando deciden non ler ás crianzas un libro. Tendo en conta as múltiples funcións da literatura infantil para a formación do alumnado como lectores e como cidadáns, privalos de certos libros ten unhas consecuencias que deben ser valoradas. O obxectivo deste TFG é explicitar as censuras que exercen e os seus motivos, polo que, partindo dunha revisión bibliográfica, realízase unha investigación cualitativa a través de entrevistas semiestruturadas a mestras e mestres en formación, para finalizar extraendo unhas conclusións
  • Item type: Item ,
    O rol da pornificación cultural na socialización de xénero das crianzas de Educación Infantil: unha mirada dende as familias e a contorna
    (2024) Pérez Serrano, Sofía; Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Ciencias da Educación; Añón Loureiro, Lorena
    A pornificación cultural considérase un fenómeno social complexo, relativamente actual e omnipresente na sociedade e na vida das crianzas. Por elo, este traballo busca analizar coas familias do 2º ciclo de Educación Infantil do CEIP Plurilingüe Cardeal Quiroga Palacios, o seu imaxinario sobre a pornificación cultural e o rol deste fenómeno na socialización de xénero das crianzas. Para abordar dito obxectivo, realizouse unha Investigación-Acción-Participación utilizando como técnicas o grupo de discusión con 4 persoas participantes, o Fotovoz con 4 imaxes e a entrevista con 14 persoas da contorna. Así, a investigación involucrou a un total de 18 persoas e as unidades de análise foron 8 imaxes e 1 vídeo. Os resultados indican un descoñecemento xeneralizado do termo pornificación cultural entre as persoas participantes. Porén, estas perciben fenómenos asociados como a mercantilización e cousificación dos corpos. Asemade, as familias identifican os móbiles e as redes sociais coma perigosas e aluden a problemas de saúde e á reprodución de estereotipos de xénero nas crianzas derivados do fenómeno pornificador. Con todo, obsérvanse carencias na identificación de elementos propios da pornografía. En definitiva, é necesario seguir tratando este tema de forma máis exhaustiva e detallada para prever as consecuencias derivadas de devandito fenómeno
  • Item type: Item ,
    Repercusiones de los estilos educativos parentales en el comportamiento infantil
    (2024) González Álvarez, Alba; Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Ciencias da Educación; Sánchez Castaño, María Teresa
    El presente Trabajo de Fin de Grado pretende analizar la influencia de los estilos parentales en el comportamiento infantil, abordando la relación entre las prácticas educativas de las familias y las conductas de los niños y niñas. A través de una investigación bibliográfica, se revisarán diversos estudios, teorías psicológicas y datos empíricos relevantes que identifiquen patrones y tendencias que vinculen los estilos educativos con las repercusiones en su conducta. El objetivo principal de este documento es destacar cómo las decisiones de crianza de los padres y madres afectan a las acciones de sus hijos/as y, en consecuencia, a las dinámicas del aula. Se busca comprender cómo factores como la autoridad, la afectividad, la comunicación y la disciplina impactan en la formación de la personalidad, en la adquisición de habilidades sociales y en la presencia de conductas disruptivas, aspectos que el personal docente de educación infantil puede observar en el aula. Por ello, el trabajo aporta también una serie de orientaciones basadas en los resultados de la literatura analizada, que pretenden proporcionar pautas de actuación para abordar esta temática. Finalmente, se concluye con una síntesis de los hallazgos que contribuyen a la comprensión de la importancia de los estilos parentales en el comportamiento infantil
  • Item type: Item ,
    Impacto emocional y en el rendimiento académico del acoso en la educación primaria: una revisión
    (2024) Gago Alonso, Antía; Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Ciencias da Educación; Blanco Seoane, Vanessa
    El acoso escolar es un comportamiento agresivo, repetitivo y no deseado que implica un desequilibrio de poder entre los implicados. Aunque su prevalencia en educación primaria es elevada, y sus consecuencias pueden ser profundas y duraderas, no existen, en nuestro conocimiento, estudios de revisión que analicen sus repercusiones en esta etapa educativa. El objetivo de este trabajo fue analizar el impacto del acoso escolar sobre el desarrollo socioemocional y el rendimiento académico en educación primaria. Se realizó una revisión sistemática de la literatura científica publicada hasta abril de 2024 en las bases de datos PsycInfo y ERIC, utilizando como palabras clave bullying, desarrollo emocional, rendimiento académico y educación primaria. Los resultados evidenciaron la existencia de relaciones entre el acoso escolar y reacciones emocionales de inseguridad y miedo, problemas de salud mental (destacando los síntomas depresivos), problemas conductuales y de autoestima, déficits en habilidades sociales, que podían derivar en problemas de la vida adulta, sobresaliendo la soledad y una mayor incidencia de ideación suicida; así como la relación con un peor rendimiento académico, afectando a variables como la motivación o la concentración. Estos hallazgos ponen de manifiesto la necesidad de implementar medidas de prevención y de atención a las víctimas
  • Item type: Item ,
    Mellora das competencias emocionais no alumnado con NEAE, ECOPHE. Deseño dunha proposta de intervención
    (2024) Díaz Agras, María; Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Ciencias da Educación; Estévez Blanco, Iris
    A intelixencia emocional consta dunha serie de competencias fundamentais para o desenvolvemento integral e o benestar persoal. A súa inclusión nas aulas é recollida na lexislación vixente dirixida á etapa de infantil, onde se inclúe o alumnado con Necesidades Específicas de Apoio Educativo, cuxa intelixencia emocional pode verse afectada en maior medida. O alumnado con condicións persoais e de historia escolar enfróntase non só a limitacións socioculturais que afectan á súa confianza, autoestima, relacións e, por conseguinte, á súa integridade emocional, senón tamén a barreiras de participación e aceso na aula ordinaria que limitan a súa aprendizaxe e desenvolvemento. En busca de que a atención á diversidade sexa o eixe das aulas ordinarias, este traballo presenta unha proposta de intervención dirixida ao segundo ciclo de educación infantil, cuxa finalidade é achegar ao alumnado ao mundo da educación emocional, partindo dos principios DUA, de forma que se promova a participación da totalidade do alumnado en igualdade de condicións
  • Item type: Item ,
    Proposta educativa para o desenvolvemento da visualización espacial a través dunha viaxe artística en Educación Infantil.
    (2023-06) Iglesia Bascoy, Andrea de la; Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Formación do Profesorado; González Sequeiros, Pablo
    O presente Traballo de Fin de Grao enfócase nun ámbito das matemáticas escolares descoñecido para moitos e moitas: a visualización espacial. A través da súa exposición preténdese visibilizala xunto coas habilidades que a conforman, aspirando así a darlle un espazo dentro das aulas de Educación Infantil. Farase co apoio do modelo que proporcionan as Traxectorias de Aprendizaxe, un enfoque que tenta promover rutas de aprendizaxe para fomentar o progreso matemático do alumnado en diversos ámbitos, entre os que se atopa a visualización espacial. Dentro deste enfoque diferénzanse tres partes (a meta matemática, a ruta de desenvolvemento e as actividades instrutivas) que, no seu conxunto, permiten o avance no desenvolvemento matemático do alumnado. Tendo en consideración unha base teórica, erixida a partir de diversas fontes bibliográficas, constrúese unha proposta didáctica para o desenvolvemento da visualización espacial que estará ambientada e apoiada na expresión artística. Na planificación teranse en consideración as sete habilidades asociadas á visualización espacial, como son a percepción da posición no espazo, a coordinación motriz ou a memoria visual entre outras. Parte do deseño da proposta levouse á práctica nunha aula real de Educación Infantil. Polo tanto, recóllense no documento as diferentes conclusións extraídas e aportacións do alumnado que, sen dúbida, son un enriquecemento de gran valor para a propia proposta.
  • Item type: Item ,
    El Síndrome de Asperger: una propuesta para la mejora de las habilidades sociales en Educación Infantil
    (2023-06) Mariño Domínguez, Uxía; Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Formación do Profesorado; López Gómez, Santiago
    El Síndrome de Asperger ha generado una gran controversia a lo largo del tiempo. Inicialmente, este se concebía como una entidad clínica diferenciada del entonces denominado Trastorno Autista por presentar una sintomatología más leve. Así, en los manuales de la Asociación Americana de Pediatría (APA) y de la Organización Mundial de la Salud (OMS), el Trastorno de Asperger se diferenciaba del Trastorno Autista por la ausencia de déficits a nivel cognitivo y lingüístico. Actualmente, para facilitar el diagnóstico y la intervención, ambos se incluyen en estos manuales bajo la denominación de Trastorno del Espectro Autista (TEA), que representa un único continuo de alteraciones en los dominios de comunicación social y de conductas e intereses restringidos cuya etiología parece ser genética. Estas dificultades determinan serios problemas para relacionarse con el entorno y afectan a la calidad de vida. Además, la heterogeneidad que define su expresión provoca que establecer unos criterios de diagnóstico no sea fácil. Por ello, su trabajo en el colegio es fundamental para el bienestar e inclusión de quien las padece. Considerando esta realidad, en este trabajo se explicarán las principales pautas que debemos considerar para diseñar una propuesta de intervención psicoeducativa y, en base a estas, se presentará una propuesta para la mejora de las habilidades sociales diseñada a partir de un caso real de un niño de 5 años. En ella, se utiliza una metodología lúdica y se parte de los intereses del alumno para propiciar un contexto natural en el que el sujeto mejore su competencia social.
  • Item type: Item ,
    Detectives de contos: Situación de aprendizaxe no eido da educación literaria para a deconstrución de prexuízos
    (2023-06) Carballo Gómez, Cristina; Fernández Rubio, Carla; Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Formación do Profesorado; García Pedreira; García Pedreira, Rocío
    O panorama actual con respecto á lectura progresou ao longo destes anos, aínda que queda camiño por percorrer para promocionar a lectura e lograr instaurar un hábito lector estable. Ao mesmo tempo, a Literatura Infantil e Xuvenil é unha ferramenta eficaz coa que tratar problemáticas circundantes. Consecuentemente, a pretensión inicial deste traballo é erradicar, partindo da literatura, os estereotipos e prexuízos para a creación dunha sociedade na que impere o pensamento crítico. A este aspecto, créase un proxecto escolar para incluír no Plan Anual de Lectura, centrado na reescritura de personaxes arquetípicas da esfera do antagonista. Isto efectuarase partindo de álbums ilustrados e cunha metodoloxía innovadora, que permita a motivación cun proceso lúdico. Este proxecto concretouse nunha Situación de Aprendizaxe destinada ao 5º curso de educación infantil. Nela búscase promocionar a lectura e o acceso á biblioteca escolar para establecer na infancia a educación literaria, focalizando na competencia literaria e o hábito lector. Para amosar a súa efectividade implementouse unha adaptación nun contexto real, cuxos resultados reflectiron a positiva implicación do alumnado, malia as restricións de tempo. En definitiva, constatouse a determinación da literatura como esencial para o desenvolvemento positivo das crianzas. Por tal razón, avógase por continuar aplicando estas experiencias, detectando os beneficios nas distintas franxas de idade e expandíndoos ao conxunto da sociedade.
  • Item type: Item ,
    Proposta de prevención do acoso escolar na aula de Educación Infantil
    (2022-06) López Armesto, Aroa; Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Formación do Profesorado; López Gómez, Santiago
    O acoso escolar é unha realidade da nosa sociedade que afecta directamente á institución educativa. Este caracterízase por ter uns participantes concretos e diversas clasificacións sobre a súa tipoloxía, presentando certos factores causais e de risco que fomentan a súa aparición. Todas estas singularidades non distan daquelas que diferenciaban esta problemática na súa orixe, a finais do século XX, aínda que actualmente se focaliza a atención na súa prevención. O proceso preventivo é fundamental para frear esta cuestión centrándose, no caso do presente documento, nos diferentes axentes da comunidade educativa, concretamente nas familias, o corpo docente e as crianzas. Deste modo, preséntase unha proposta de prevención caracterizada polo seu aspecto lúdico que pretende aportar información sobre o bullying e ferramentas para combater as posibles situacións negativas. Por último, o traballo co alumnado enfócase cara a aprendizaxe da convivencia, a intelixencia emocional, a empatía e a valoración da diversidade como eixos para construír relacións sas e evitar a violencia. Con todo isto téntase avanzar cara a concienciación e sensibilización ante o tema, incentivando o aumento da participación da sociedade en programas deste tipo.
  • Item type: Item ,
    El olvido del tercer educador: reflexiones sobre el espacio escolar a través de la Educación Artística.
    (2021-06) Mahdaoui Mañana, Yasmina; Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Formación do Profesorado; Freire Pérez, Estela Leticia
    Este trabajo desarrolla una investigación educativa que tiene como objetivo principal resaltar la importancia del espacio escolar como recurso fundamental para enriquecer los procesos de enseñanza y aprendizaje. Siguiendo una metodología cualitativa se ha realizado el diseño y análisis de la propuesta, que toma como referencia la Investigación Educativa Basada en las Artes (IEBA), aunándose las fortalezas de las diferentes perspectivas narrativas y visuales dentro del paradigma interpretativo de investigación. El estudio se fundamenta en el análisis y desarrollo de iniciativas que trabajan la reflexión sobre la potencialidad educativa de los espacios, poniendo en relación la particular mirada de la infancia sobre aquellos espacios que experimentan de forma cotidiana y las apreciaciones de los docentes (tanto en activo como en formación) analizadas al respecto. En este proyecto-proceso se pone así de manifiesto la importancia de hacer partícipe a la infancia en procesos creativos y de construcción como estrategia dinamizadora del diseño de espacios acordes con las demandas y necesidades de sus participantes a través de la educación artística. Se concluye entonces que el logro de espacios escolares de calidad es posible siempre y cuando las propuestas de cambio deriven de la reflexión y escucha de la totalidad de los protagonistas implicados, incluyéndose en dicha tarea a toda la comunidad educativa, lo que compete tanto a docentes como a discentes, familia y comunidad.
  • Item type: Item ,
    La gestión sostenible de los recursos naturales: Adaptación de una propuesta educativa a la metodología Waldorf.
    (2020-06) Portela Barral, Laura; Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Formación do Profesorado; Blanco Anaya, Paloma
    Este Trabajo de Fin de grado nace de la necesidad del tratamiento de la naturaleza desde una perspectiva sostenible, observada dentro del mundo infantil. Se basa en la elaboración de dos propuestas didácticas centradas en la gestión sostenible de dos recursos naturales, la madera y el agua; las cuales son pensadas y elaboradas para llevar a la práctica en el interior de una escuela que sigue las líneas metodológicas de la Pedagogía Waldorf. En primer lugar, se exponen los fundamentos y las bases de este trabajo a través de una aportación teórica, en la que se habla de la sostenibilidad cara el desarrollo sostenible; la historia de la educación ambiental, y así como también, de la estructura de la metodología Waldorf. Posterior a esto, las propuestas didácticas se elaboran en base a la fundamentación anterior, y con la intención de acercar de forma adaptada los conceptos nombrados en el marco teórico a los niños y niñas de entre tres y seis años. El contexto en el que este trabajo se desarrolla es también uno de los factores más importantes ya que, las propuestas se deben de adaptar siguiendo las pautas de la metodología Waldorf. En definitiva, las actividades propuestas tienen como objetivo fundamental acercar a los sujetos una visión de la naturaleza distinta a la que se acostumbra a tratar en el mundo de los infantes, una visión realista y sostenible que les permita conocer la realidad del mundo que les rodea.
  • Item type: Item ,
    Hacia una alimentación saludable: propuesta de intervención educativa dirigida a promover hábitos alimenticios saludables en el alumnado de Educación Infantil
    (2020-06) Otero Pazos, Ana; Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Formación do Profesorado; Regueira Méndez, Carlos; Moure Rodríguez, Lucía
    Este Trabajo Fin de Grado surge con el objetivo de fomentar hábitos de vida saludables en el alumnado del segundo ciclo de Educación Infantil a través de la promoción de una alimentación sana, variada y equilibrada. Para ello, se realizó una revisión bibliográfica sobre los conceptos de salud, educación para la salud, nutrición en la infancia y alimentación saludable. En base a ello, se realizaron veinte propuestas didácticas con la finalidad de fomentar una alta adherencia a la Dieta Mediterránea considerándola como un modelo de mejora de los hábitos de alimentación.
  • Item type: Item ,
    Una aproximación al concepto y desarrollo del álbum ilustrado: la creación de Kaguya
    (2020-06) Chaín Fernández, José Luis; Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Formación do Profesorado; Pena Presas, Monserrat
    El álbum ilustrado es el objeto literario por excelencia dentro de la Educación Infantil. La reflexión, la selección, el estudio, la mediación o el uso de este recurso en el aula es responsabilidad total del maestro. Por lo tanto, el acceso y la interacción con obras de calidad por parte del alumnado dependerá de la formación del docente sobre el álbum ilustrado. Partiendo de esta base, el presente trabajo se propone investigar sobre la esencia, las características y los secretos que definen al álbum ilustrado para mejorar como maestro de Educación Infantil. La primera parte del documento consta de un análisis general sobre la literatura infantil que acaba desembocando en el estudio concreto del álbum ilustrado para analizar qué es, cuál es su historia, qué características posee o cómo es la formación de los futuros maestros en relación con este género. La segunda parte implica la creación de un álbum ilustrado titulado Kaguya, con la intención de producir un recurso artístico y educativo, así como reflexionar y analizar de una forma más personal sobre aquellos aspectos que componen el álbum ilustrado. De esta manera, se busca ilustrar el estado actual del álbum en el ámbito educativo y defender la idea de que el álbum ilustrado no es una mera herramienta instructiva, sino una compleja obra artística que necesita de una importante formación para llegar a ser incluida en el aula con calidad.
  • Item type: Item ,
    A educación artística e a creatividade infantil dende o enfoque Reggio Emilia: Un atelier na aula
    (2020-06) Camino Rivera, Cristina; Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Formación do Profesorado; Díaz Trigo, Daniel
    Este traballo nace coa intención de mellorar a calidade da educación tal e como a coñecemos, ofrecéndolle o lugar que se merece a educación artística e a creatividade na etapa de educación infantil. Tras investigar e coñecer novas alternativas metodolóxicas, decido decantarme polo enfoque Reggio Emilia, pois aposta pola liberdade, o arte e o respecto polos dereitos, características e intereses dos nenos e nenas. En definitiva, trata á infancia co coidado e respecto que se merece. Mais concretamente, decido centrar a niña investigación e proposta educativa no atelier (taller) e a súa figura da atelierista (tallerista) xa que me ofrece a oportunidade de xuntar os conceptos nos que traballo (creatividade e educación artística) para, a través da distribución do espazo por recunchos, ofrecer aos nenos e nenas, espazos onde a imaxinación e a creatividade funcionen como co-protagonistas ao seu carón. Para facer máis significativo este traballo decido ofrecer dous puntos de vista semellantes pero en dúas épocas totalmente diferentes. Para iso, recorro a entrevistar a dúas profesionais; unha muller galega que revolucionou a educación na súa época (1960) e unha mestra en Italia profundando no enfoque reggiano, na actualidade. Ambas co mesmo propósito ca min, aportar o noso grao de área para unha educación de calidade.
  • Item type: Item ,
    O movemento corporal como recurso de aprendizaxe nas aulas de educación primaria
    (2023) Albarellos Graña, Antía; Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Ciencias da Educación; Rico Díaz, Javier
    El movimiento corporal puede generar beneficios para la salud al incentivar la práctica de actividad física y puede convertirse en un recurso educativo de relevancia en las aulas. Este Trabajo Fin de Grado tiene como objetivo conocer la presencia o no de movimiento corporal como recurso de aprendizaje en las aulas de educación primaria, y la valoración que se tiene de este entre el profesorado en activo de la etapa, como elemento transversal en las aulas. Este trabajo de iniciación a la investigación de campo analiza los datos recogidos a través de un cuestionario elaborado ad hoc para este estudio y aplicado a una muestra de 160 docentes que ejercen en Galicia. Los resultados obtenidos reportan que el 86.88% del profesorado emplea el movimiento en las aulas y la gran mayoría otorga una valoración muy positiva a la importancia que tiene este en diferentes situaciones de aprendizaje. Se encontraron diferencias estadísticamente significativas entre el profesorado que emplea y el que no emplea el movimiento en las aulas, respeto a la valoración que le da a su uso en diferentes materias y a sus beneficios, con una valoración superior por parte del que ya lo usa. Parece importante incentivar la presencia, en la formación inicial y continua del profesorado, de estrategias que favorezcan la presencia del movimiento corporal en las aulas.
  • Item type: Item ,
    Programas de intervención para o desenvolvemento da autonomía emocional e autoestima na educación infantil: unha revisión
    (2023) Sousa Martínez, Katia; Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Ciencias da Educación; Guisande Couñago, María Adelina
    A autonomía emocional fai referencia ao coñecemento e xestión da propia realidade emocional, pensamento e valoración positiva de si mesmo/a e toma de decisións responsable e crítica. Ven vertebrada por unha serie de elementos dentro dos que se atopa a autoestima, entendida como a valoración das propias características, capacidades e limitacións. A pesares da evidencia da estreita relación entre esta cuestión e a construción dunha boa saúde mental, non existen, no noso coñecemento, traballos de revisión que analicen resultados destas características, cando son levados a cabo por docentes na etapa educativa infantil. Este traballo, polo tanto, busca analizar a eficacia de diferentes programas que favorezan a autonomía emocional e autoestima en educación infantil. Recompiláronse 13 investigacións para avaliar a eficacia dos programas enfocados a crianzas de entre 0 e 8 anos e aplicados por docentes nun ambiente de aula adecuado. Os resultados obtidos son satisfactorios e mostran melloras na competencia emocional; desenvolvemento positivo da autoestima; habilidades sociais e maior sentimento de aceptación social; competencias académicas creativas a través dunha maior confianza en si mesmos/as e sentimento de logro; capacidade de autoxestión; e diminución das conductas disruptivas e desmotivadas