A educación artística e a creatividade infantil dende o enfoque Reggio Emilia: Un atelier na aula
Loading...
Identifiers
Publication date
Authors
Advisors
Tutors
Editors
Journal Title
Journal ISSN
Volume Title
Publisher
Abstract
Este traballo nace coa intención de mellorar a calidade da educación tal e como a coñecemos, ofrecéndolle o lugar que se merece a educación artística e a creatividade na etapa de educación infantil.
Tras investigar e coñecer novas alternativas metodolóxicas, decido decantarme polo enfoque Reggio Emilia, pois aposta pola liberdade, o arte e o respecto polos dereitos, características e intereses dos nenos e nenas. En definitiva, trata á infancia co coidado e respecto que se merece. Mais concretamente, decido centrar a niña investigación e proposta educativa no atelier (taller) e a súa figura da atelierista (tallerista) xa que me ofrece a oportunidade de xuntar os conceptos nos que traballo (creatividade e educación artística) para, a través da distribución do espazo por recunchos, ofrecer aos nenos e nenas, espazos onde a imaxinación e a creatividade funcionen como co-protagonistas ao seu carón.
Para facer máis significativo este traballo decido ofrecer dous puntos de vista semellantes pero en dúas épocas totalmente diferentes. Para iso, recorro a entrevistar a dúas profesionais; unha muller galega que revolucionou a educación na súa época (1960) e unha mestra en Italia profundando no enfoque reggiano, na actualidade. Ambas co mesmo propósito ca min, aportar o noso grao de área para unha educación de calidade.
Description
Traballo de Fin de Grao Mestre de Educación Infantil
Bibliographic citation
Relation
Has part
Has version
Is based on
Is part of
Is referenced by
Is version of
Requires
Sponsors
Rights
Attribution-NonCommercial-ShareAlike 4.0 International



