Grao en Mestre ou Mestra de Educación Primaria

Permanent URI for this collectionhttps://hdl.handle.net/10347/11501

Browse

Recent Submissions

Now showing 1 - 20 of 85
  • Item type: Item ,
    Enredando idades: programa interxeracional no eido da Educación Primaria a través das TIC
    (2025-06) López Otero, Iria; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Psicoloxía Evolutiva e da Educación; Campos Magdaleno, María
    Na actualidade, son escasas as oportunidades que se brindan para a promoción da relación entre xeracións nunha sociedade dixital onde cada vez están máis distantes. Ao mesmo tempo, a escola constitúe o escenario idóneo para loitar contra esta fenda xeracional a través da educación. Por estas razóns, deseñouse un programa de educación interxeracional no que a infancia se relaciona coa adolescencia e coa terceira idade a través das novas tecnoloxías. Dirixido ao 5º curso de Educación Primaria, pretende contribuír a desterrar estereotipos e crear vínculos afectivos entre estas xeracións mediante un proceso de ensino aprendizaxe activo, lúdico e inclusivo ao redor da alfabetización dixital e a ciberprotección. A análise hipotética dos resultados en relación con iniciativas precedentes, apunta á súa efectividade, avogando pola formación integral do alumnado a partir do intercambio de saberes entre xeracións e a toma de conciencia do valor de cada unha delas. Así, constatouse o potencial da educación interxeracional para a construción dunha sociedade preparada para afrontar a transformación dixital e a desagregación social do século XXI.
  • Item type: Item ,
    Raíces e alas: unha proposta de intervención psicosocioeducativa nun caso de ACNEAE
    (2025) Moares González, Rita; Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Ciencias da Educación; Estévez Blanco, Iris
    O presente Traballo de Fin de Grao versa sobre o deseño dunha intervención psicosocioeducativa dirixida a unha alumna de terceiro curso de Educación Primaria. O seu historial persoal inclúe situacións de vulnerabilidade socioeconómica e de violencia intrafamiliar, que repercuten no seu desenvolvemento integral, e que supoñen a identificación co grupo de alumnado con necesidades específicas de apoio educativo (por motivos de condicións familiares). A proposta intégrase no proxecto “Raíces que medran: coñecendo o que nos conecta”, co obxectivo de promover a evolución e inclusión educativa da alumna a través de procedementos contextualizados, cooperativos e significativos. A intervención aborda tres áreas principais: a persoal, a social e a académica, empregando estratexias como os retos, a creación dun espazo seguro e o uso de rutinas para o fomento da autonomía. O sistema de avaliación configúrase a partir de diferentes estratexias e recursos, que permiten rexistrar os avances en cada unha das áreas, facendo un seguimento continuo e facilitando unha posible reformulación da intervención, de ser precisa. En conclusión, a proposta pretende ofrecer un soporte integral que contribúa á promoción do seu crecemento integral, potenciando o seu autoconcepto, a súa seguridade e a inclusión no grupo-clase.
  • Item type: Item ,
    Implicacións do tempo de pantalla na atención e memoria: revisión e análise
    (2025) Corredoira López, Pastor; Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Ciencias da Educación; Taboada Ares, Eva María
    Os dispositivos dixitais impregnaron toda realidade existente, incluída a educación. É innegable que, nas últimas décadas, o tempo fronte a eles incrementouse exponencialmente, constatándose déficits na atención e memoria. Por iso, o obxectivo deste TFG é analizar e valorar se o tempo fronte ás pantallas afecta a procesos cognitivos como a memoria e a atención, e se iso se reflicte no rendemento académico. Consultáronse as bases de datos de PubMed, SCOPUS, PsycINFO e ERIC. Os resultados obtidos tanto en estudos lonxitudinais como transversais indican unha tendencia predominante cara ao déficit nos procesos de memoria e atención, así como un efecto negativo no rendemento académico. En conclusión, ponse de relevo os danos derivados do uso excesivo dos dispositivos dixitais sobre a atención e memoria, así como a súa repercusión no desempeño académico. Finalmente, propóñense unhas pautas e estratexias dirixidas tanto ás institucións educativas como ás familias, orientadas á prevención e á intervención posterior.
  • Item type: Item ,
    Historias silenciadas: a censura da literatura infantil e xuvenil nas aulas de educación primaria
    (2025) Martínez Boullosa, Lidia; Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Ciencias da Educación; Caamaño Rojo, María José
    En pleno século XXI, pode chegar a parecer que a censura na literatura infantil e xuvenil é propia do pasado e exclusiva dos gobernos conservadores. Porén, esta percepción non se axusta á realidade, xa que hoxe en día, como consecuencia do afán excesivo por protexer á infancia, nos enfrontamos a un novo tipo de censura: a censura do “politicamente correcto”. De xeito silencioso, esta censura coacciona cada vez máis, entre outros colectivos, ao profesorado, quen se ve coartado á hora de seleccionar obras literarias axeitadas para o seu alumnado. Partindo desta premisa, procedeuse a realizar unha revisión sistemática da literatura científica publicada sobre o tema en diferentes bases de datos, para logo analizar, por unha banda, as implicacións da censura contemporánea na literatura infantil e xuvenil dende unha perspectiva educativa; e, por outra, ofrecer orientacións que favorezan a actuación docente fronte ás prácticas censoras.
  • Item type: Item ,
    A historia de España actual: presenza na educación primaria e análise dunha actuación didáctica. Memoria histórica no franquismo e na transición
    (2025) Fernández Souto, Antía; Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Ciencias da Educación; Domínguez Almansa, Andrés
    Este Traballo de Fin de Grao aborda unha investigación educativa no contexto do Prácticum II de Educación Primaria, sendo o seu obxectivo principal analizar as competencias sociais e cívicas que pode desenvolver no alumnado o estudo do pasado histórico recente a través de cuestións socialmente conflitivas. Neste caso abórdase a cuestión da memoria a partir do franquismo e o seu tratamento no proceso de transición democrática centrada na perspectiva das vítimas da longa ditadura . A devandita investigación deriva da análise de distintos documentos producidos polo alumnado no marco dunha actuación didáctica que, partindo da necesidade de innovar nos contidos, ofrece tamén procedementos con vocación innovadora, sen desbotar a necesaria exposición de ideas. Confírmanse os seguintes resultados: o alumnado mostra 1) un alto nivel de satisfacción coa actuación; 2) capacidade de interiorizar e dar sentido aos novos saberes adquiridos; e 3) capacidade para desenvolver unha competencia crítica ante a cultura do silencio e a memoria histórica, podendo situarse no presente e proxectarse cara o futuro.
  • Item type: Item ,
    Incluíndo e comprendendo a Diversidade Funcional Cognitiva na aula: unha proposta de intervención inclusiva
    (2024) Rodríguez Doval, María; Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Ciencias da Educación; Estévez Blanco, Iris
    O obxectivo do presente traballo de fin de grado identifícase co deseño dun programa de intervención individualizado para as características dunha alumna con diversidade funcional cognitiva baseado nos principio de inclusión e equidade. A fin de deseñar e planificar adecuadamente o plan de apoio, foi preciso afondar no coñecemento teórico que concirne á diversidade funcional cognitiva contextualizando e definindo as particularidades desta necesidade educativa especial. Para elo fíxose unha aproximación á conceptualización e descrición desta diversidade funcional, un percorrido histórico polos modelos e leis que rexeron a atención ás Necesidades de Apoio Educativo no territorio español e comunitario, e tamén revisáronse documentación específica na que se ofrece información fundamentada sobre os diferentes modelos, estratexias e recursos para a intervención educativa eficaz e inclusiva. Seguidamente, proponse o caso específico dunha alumna con esta afección e ofrécese un Proxecto de Intervención que se asenta nos principios do Deseño Universal de Aprendizaxe e que aposta por unha formación integral, baseada nas necesidades e intereses da alumna e que favorece a participación e a igualdade de oportunidades para todo o alumnado
  • Item type: Item ,
    A integración dos aspectos afectivo-sexuais na aprendizaxe sobre o corpo humano na Educación Primaria
    (2024) Peiteado Espiño, Victoria; Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Ciencias da Educación; Blanco Anaya, Paloma; Gonzalez Costa, Irene
    Dende hai décadas, a UNESCO reivindica a nivel internacional a necesidade de incorporar a educación sexual nos currículos educativos. A educación sexual ten como obxectivo comprender que a sexualidade é unha parte integral da vida dos seres humanos e, como tal, contribúe ao desenvolvemento e benestar das persoas. En España, na Educación Primaria, a lexislación educativa establécea como obxectivo das Ciencias da Natureza, atendendo ás dimensións física, emocional, ética e social. Pese a isto, en moitas aulas séguese a falar en exclusiva da dimensión biolóxica da reprodución humana. O presente TFG persegue o obxectivo central de coñecer o impacto da implantación dunha proposta de educación sexual, baseada no modelo de educación sexual integral (ESI), nas aprendizaxes do alumnado participante de 6º de Educación Primaria. A metodoloxía de traballo presenta un carácter cualitativo do estudo dun caso concreto do que se recolleron as respostas obtidas dende o inicio ata o final da realización da implantación. Delas destacan as carencias nas aprendizaxes previas do alumnado e a necesidade de traballar a educación sexual de forma sistémica dende unha perspectiva construtivista
  • Item type: Item ,
    Deseño, desenvolvemento e avaliación de Minacción: material didáctico para o Centro de Interpretación “A Mina”
    (2024) González Álvarez, Alba; Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Ciencias da Educación; Franco López, José Pablo; López Gómez, Silvia
    Os materiais didácticos posúen unha gran relevancia no ámbito educativo, especialmente cando se dirixen á infancia. A súa importancia radica na capacidade para facilitar as aprendizaxes de maneira interactiva, contribuíndo a unha maior comprensión e curiosidade. O presente Traballo de Fin de Grao ten como propósito principal achegar un material didáctico que apoie e reforce o proceso de ensino e aprendizaxe das temáticas mineiras e enerxéticas. A proposta deseñada céntrase na elaboración dun xogo de cartas educativo para o Centro de Interpretación “A Mina” de As Pontes (A Coruña), co obxectivo de complementar e enriquecer a visita dos nenos e nenas do segundo ciclo de educación primaria que acudan a el. Con este fin, o material posúe un papel esencial ao proporcionar unha ferramenta educativa que mellore a experiencia dos/as visitantes máis novos/as, que tamén o poderán utilizar nas aulas. Neste contexto, lévase a cabo tamén unha análise de diversos estudos que amosen o valor destes recursos no desenvolvemento do alumnado, así como unha recompilación de información acerca do Centro de Interpretación e a súa influencia en As Pontes
  • Item type: Item ,
    Aprendizaje Basado en el Juego e implicaciones en la motivación dentro del aula de lengua inglesa: estudio de caso
    (2024) Gómez Sixto, Alex; Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Ciencias da Educación; Faya Cerqueiro, Fátima María
    El juego en la Educación Primaria, a pesar de no ser considerado en muchas ocasiones por diversos docentes, constituye un recurso educativo con un gran potencial para una educación significativa y de calidad. En el área de lengua inglesa, el proceso de enseñanza y aprendizaje de la lengua se ve beneficiado en gran medida por la introducción del juego en el aula, favoreciendo situaciones comunicativas e incidiendo de forma positiva en la motivación del alumnado, en su participación y en su interés. De esta manera, en este trabajo se presenta una propuesta didáctica implementada en dos grupos de 2º de primaria, la cual se fundamenta en la observación de los beneficios que se obtienen a partir de la utilización del juego en el aula de lengua inglesa, contraponiéndose a la utilización de una metodología tradicional. Además, en las secciones finales del trabajo se analizan y discuten los resultados obtenidos tras la realización de la propuesta, lo que lleva a establecer unas conclusiones que respaldan con claridad los beneficios expuestos en el marco teórico relativos a la introducción del juego en el aula a través de una metodología ABJ
  • Item type: Item ,
    Gamificación e matemáticas: unha combinación gañadora
    (2024) Lobeiras Casal, Denise; Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Ciencias da Comunicación; Castiñeira Veiga, Gonzalo
    Este traballo céntrase en analizar o impacto da metodoloxía da gamificación no proceso de ensino-aprendizaxe das matemáticas nun grupo de estudantes de 6º de Educación Primaria. O obxectivo principal é avaliar os cambios nas actitudes e sentimentos do alumnado cara a materia, especialmente a nivel afectivo, mediante cuestionarios aplicados antes e despois do desenvolvemento da proposta didáctica. Deste xeito, comprobarase se esta técnica pode aumentar a motivación e reducir as emocións negativas dos e das estudantes cara as matemáticas, mentres que á súa vez desenvolven as competencias correspondentes. O documento está estruturado en varias seccións que abordan diferentes aspectos do estudo: un marco teórico sobre os factores asociados ao rendemento en matemáticas e a gamificación como estratexia educativa, unha descrición da proposta didáctica, o desenvolvemento da práctica en nove sesións e unha análise dos resultados obtidos a través dos cuestionarios e os instrumentos de avaliación. Finalmente, inclúense as conclusións nas que sintetizan os principais achados tras a intervención, así como a contribución desta experiencia ás competencias profesionais
  • Item type: Item ,
    Casas de Patín: intervención educativa sobre patrimonio etnográfico de Cangas (Pontevedra)
    (2024) Gil Fernández, Ariadna; Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Ciencias da Educación; Castro Fernández, Belén María
    Algunos bienes singulares no son reconocidos como patrimonio por la comunidad local, a pesar de convivir con ellos diariamente. El presente trabajo emplea uno de estos ejemplos para fomentar la valoración y el compromiso crítico de un grupo de primer curso de Educación Primaria con su entorno. En particular, se diseña, implementa y analiza una intervención de educación patrimonial realizada en la localidad de Cangas do Morrazo (Pontevedra), cuyo centro histórico alberga las llamadas Casas de Patín, edificaciones de arquitectura tradicional marinera. Mediante la combinación de metodologías activas, de naturaleza fundamentalmente comunicativa y colaborativa, el alumnado transita desde la desafección hacia la apropiación simbólica de estos elementos. La travesía se fundamenta en un proyecto transversal con las áreas de Ciencias Sociales, Lengua Gallega y Educación Plástica, cuyo producto final se trata de la elaboración de un cuento. El cuento es un recurso familiar en el momento vital del alumnado cuyo esqueleto organizativo resulta simple de asumir por los educandos. Se concibe como un elemento transmisor de conocimientos e historias significativas que, extrapoladas al interés del estudio, recuperan el patrimonio para conectarlo y compartirlo con la sociedad
  • Item type: Item ,
    Implicación familiar en Educación Primaria: avaliación da formación docente
    (2024) Pereira Iglesias, María; Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Ciencias da Educación; Núñez García, Jesica
    A implicación familiar nas escolas de EP presenta, na actualidade, unha insuficiencia notoria debido á escaseza de formación existente neste eido, tanto para o futuro profesorado como para os e as docentes en activo. Neste horizonte, o presente TFG ten por finalidade analizar a formación dos mestres e mestras na implicación familiar nos centros escolares na etapa de Educación Primaria. Así pois, óptase por unha metodoloxía cualitativa, baseada nunha revisión documental a partir de referencias internacionais e nacionais. Consecuentemente, os resultados acadados amosan a necesidade de loitar polo logro dunha meta común entre as principais institucións que promulgan o desenvolvemento integral do alumnado: a familia e a escola. Alén disto, requírese o acrecentamento de formación específica ao profesorado en técnicas de comunicación, colaboración e participación coas familias, a fin de poder facer efectiva a implicación destas últimas nas realidades escolares.
  • Item type: Item ,
    Condición física, competencia motriz y estilos de vida saludables en futuros docentes de Educación primaria e Infantil
    (2024) García Fernández, Alfredo; Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Ciencias da Educación; Abelairas Gómez, Cristian; Carballo Fazanes, Aida
    La competencia motriz y la condición física están relacionadas con la alfabetización motriz, es decir, el proceso por el cual se logra ser físicamente activo a lo largo de la vida. Debido a que los estudiantes universitarios son propensos a adoptar conductas sedentarias, se propuso este trabajo de investigación para estudiar las asociaciones entre la competencia motriz, la condición física y los estilos de vida saludables en futuros docentes de educación primaria e infantil. Se realizó un estudio observacional transversal en alumnado del grado en Maestro en Educación Primaria e Infantil de la Universidad de Santiago de Compostela (de entre 18 e 25 años) se llevaron a cabo pruebas de competencia motriz, condición física y se cumplimentaron tres cuestionarios sobre percepción de alfabetización motriz, hábitos salu-dables y práctica regular de actividad física. Se encontraron asociaciones significativas entre las pruebas de condición física y competencia motriz. Además, aquellos que se percibían mejor alfabetizados motrizmente tendían a estar más involucrados en actividad física. Todos estaban de acuerdo en que ser físicamente activo repercutía positivamente en la salud, aun así, 12 (24,5%) non o era. Estos resultados apoyan la necesidad de promover la condición física y la competencia motriz desde la infancia
  • Item type: Item ,
    A necesidade de naturalizar o entorno escolar: un proxecto de intervención asentado nos patios verdes e vivos
    (2024-12-10) Francos Tella, Lucía; Pérez Piñeiro, Laura; Riveiro Rodríguez, Tania
    Los actuales patios de recreo están dominados por el pavimento de cemento y por las pistas deportivas de grandes dimensiones. Condiciones que presentan, cuando menos, dos inconvenientes: no dan respuesta a la diversidad existente en la sociedad y no están preparados para hacer frente a las exigencias climáticas del porvenir. Sobre este aspecto, investigaciones de todo el mundo demuestran los beneficios de que la infancia crezca en contacto con el entorno natural. Es en la naturaleza donde los niños y niñas pueden desarrollarse verdaderamente como individuos capaces y seguros de sí mismos, con las habilidades, el conocimiento y la comprensión necesarias para hacer frente a un futuro incierto en un mundo en rápida evolución. La propuesta de intervención que aquí se presenta tomando como referencia un contexto escolar real es una muestra de la necesidad y la viabilidad de garantizar que la naturaleza sea un tercero acompañante en los centros educativos. Se diseña así, un patio naturalizado que busca paliar las consecuencias del cambio climático y promover en el alumnado la toma de conciencia sobre la valorización del entorno. Todo esto, junto con los aprendizajes curriculares que se pueden trabajar y el desarrollo de valores, tales como la inclusión, corrobora que los espacios de ocio vivos y verdes deben ser un legado educativo para las actuales y futuras generaciones. Por tal razón, se apuesta por expandir esta práctica a otros centros educativos, con la finalidad de sentar las bases de una educación y pensamiento sostenibles desde el punto de vista ambiental, social y económico.
  • Item type: Item ,
    BAF (Benestar, amizade e futuro): programa de promoción da inclusión social en Educación Primaria a través do uso de cromos
    (2024-12-09) Amenedo Seijas, Andrea; Besteiro Lago, María; Fernández García, Alba María; Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Formación do Profesorado; Campos Magdaleno, María
    O modelo de inclusión que lidera as últimas políticas educativas leva a asumir un esquema social onde as diferenzas individuais non desaparecen, senón que se busca a creación dun ambiente onde cada persoa se sinta valorada, respectada e sexa quen de participar plenamente para alcanzar o seu potencial máximo. Este ideal lexislativo, tan aparentemente eficaz a nivel teórico, non sempre se traduce de forma efectiva na realidade das aulas de Educación Primaria. A dimensión socioafectiva composta, segundo a Organización Mundial da Saúde (OMS), por destrezas emocionais, socias e cognitivas, debe ser un piar fundamental a traballar para lograr dita inclusión. Estas habilidades non son innatas; adquírense, mellóranse e adéstranse ao longo da vida. O ámbito da educación formal é un espazo idóneo para o traballo destas, tanto polo seu potencial carácter compensador, como pola posibilidade única que ofrece de establecer relacións entre iguais, aspecto de gran relevancia no desenvolvemento de ditas habilidades. Co obxectivo de achegar e facilitar o adestramento de destrezas socioafectivas, no presente traballo recóllese o deseño dun programa de intervención educativa. Empregando unha baralla de cromos de elaboración propia como elemento motivador e os seus personaxes como fío condutor, esta proposta pretende involucrar a todo o alumnado de Educación Primaria do centro educativo no que se aplique. A través de actividades lúdicas e a interacción entre crianzas, ten como obxectivo principal promover a inclusión social creando unha comunidade educativa cohesionada e equitativa.
  • Item type: Item ,
    A gamificación na ensinanza do inglés. Unha proposta para educación primaria de viaxe ao futuro con misterios culturais
    (2023-06) Carballo Gómez, Cristina; Fernández Rubio, Carla; Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Formación do Profesorado; López Rúa; López Rúa, Paula
    As esixencias do século XXI supoñen un novo campo de actuación para a ensinanza que fai necesario adaptar as estratexias didácticas actuais. Neste senso, a gamificación ofrece oportunidades eficaces para que, coa incorporación de elementos do xogo ao eido educativo, se incrementen a motivación e implicación do alumnado. Conseguintemente, a pretensión central deste traballo é analizar os seus efectos para deseñar unha proposta baseada na gamificación na ensinanza do inglés de xeito globalizado. Así, concédese gran relevancia ao achegamento a este idioma, atendendo aos distintos contidos e habilidades cun enfoque comunicativo e focalizando na competencia intercultural. Deste xeito, a base teórica constituíuse coa investigación e integración de distintas teorías de gamificación con relación ao inglés. Estas finalidades aglutináronse nunha Situación de Aprendizaxe destinada ao sexto curso de educación primaria, mediante a xénese dunha narrativa futurista na que o alumnado ten a misión de recuperar a cultura das Illas Británicas. Coa intencionalidade de verificar a pertinencia dos obxectivos perseguidos, levouse unha adaptación á práctica nun contexto real. Os resultados observados e a análise reflexiva permitiron detectar a resposta positiva no interese e participación, pese á limitación temporal desta execución. En síntese, púidose comprobar a eficiencia da gamificación no tratamento globalizado do inglés. Por iso, cavílase primordial seguir empregando esta estratexia didáctica nos distintos cursos para examinar os efectos positivos a longo prazo.
  • Item type: Item ,
    Estudio de la Imagen corporal percibida y deseada y el autoconcepto según el género, la edad y la insatisfacción corporal en escolares de educación primaria
    (2020-06) Vide Chao, CristinaMaría; Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Formación do Profesorado; Navarro Patón, Rubén
    El objetivo de este estudio fue evaluar la forma percibida por el alumnado, la deseada contrastándola con la percibida por el profesorado y el autoconcepto en escolares de Educación Primaria y examinar los factores que pueden influir en ello (edad, género, satisfacción o insatisfacción corporal). Participaron 355 estudiantes de entre 9 y 12 años (Medad = 10.53, DE = .84), 167 niños (47%) y 188 niñas (53%). Se realizó una recogida de datos sociodemográficos (género, edad, estatura y peso). Además se empleó la “Figure Rating Scale” y el cuestionario AF5 para el estudio del autoconcepto. Los resultados mostraron diferencias estadísticamente significativas de género en la figura actual percibida (p <.001); figura deseada (p <.001); discrepancia entre percepción del profesor y figura actual (p =.044); autoconcepto académico (p = .0021) y autoconcepto emocional (p = .005). Ellos se perciben como más gruesos, ambos sexos quieren adelgazar, pero las niñas desean mayor esbeltez. Las diferencias de edad han sido en la percepción corporal actual (p = .010) y la deseada (p = .021) y en el autoconcepto académico (p = .018). Se comprobó que la figura actual percibida aumenta con la edad. En base a la satisfacción-insatisfacción corporal existen diferencias en la percepción del profesor (p = .020); figura actual percibida (p <.001); autoconcepto académico (p = .002) y autoconcepto físico (p = .013). Se halló que los insatisfechos puntúan más bajo en dichas dimensiones del autoconcepto y que la figura actual percibida se incrementa con la insatisfacción con la imagen corporal.
  • Item type: Item ,
    A aprendizaxe cooperativa: proposta educativa nunha aula de inglés
    (2020-06) Teijo Lastra, Jessica; Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Formación do Profesorado; López Rúa; López Rúa, Paula
    Este traballo pretende facer unha análise sobre unha das alternativas ao sistema de ensinanza tradicional da escola, a aprendizaxe cooperativa. Estúdase, en primeiro lugar, as súas características, a súa orixe e as súas principais técnicas pero, fundamentalmente, faise fincapé no seu desenvolvemento práctico. A partir de aquí, preséntase unha proposta didáctica deseñada para o primeiro curso de Educación Primaria na materia de Lingua estranxeira: Inglés, adaptándoa ás características dunha aula deste nivel do CEIP Luis Pimentel de Lugo, onde realicei a miña estadía de Prácticum. Pese á idea inicial de desenvolver a proposta de forma presencial na aula, podendo observar a súa eficacia, vantaxes e inconvenientes, finalmente, a proposta non puido desenvolverse pola situación de corentena imposta pola pandemia do virus COVID-19. É por isto polo que no traballo se recolle, ante a ausencia de datos empíricos concretos, unha revisión bibliográfica sobre as vantaxes e dificultades que este método de traballo cooperativo representa nas aulas, á par que unha reflexión sobre o esperado no seu desenvolvemento na aula.
  • Item type: Item ,
    Las Tecnologías de la Información y la Comunicación (TIC) como recurso educativo para el alumnado con Trastorno del Espectro Autista (TEA)
    (2020-06) Rodríguez Orol, Mara; Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Formación do Profesorado; Mallo López; Mallo López, Sabela Carme
    El Trastorno del Espectro Autista (TEA) es un trastorno del neurodesarrollo caracterizado por alteraciones en tres áreas: comunicación, interacción social y comportamientos, intereses y actividades repetitivas o estereotipadas. Su origen es multicausal, con sintomatología heterogénea. En el ámbito educativo, las Tecnologías de la Información y la Comunicación (TIC) son un recurso prometedor para este colectivo. Se utilizan como un medio didáctico para favorecer su proceso de enseñanza y aprendizaje caracterizándolo como atractivo, motivador, flexible, inclusivo y adaptable a las características de cada alumna/o. Por lo tanto, el objetivo de este trabajo de revisión bibliográfica es estudiar el uso de las TIC como herramienta educativa para intervenir en el TEA. Se consultaron tres bases de datos: Dialnet, PsycINFO y Eric, seleccionándose 30 documentos. Los criterios de inclusión usados fueron que se publicaran en los últimos 10 años y se adaptaran a las palabras clave y a los objetivos. Se excluyeron los duplicados y los de pago. Los resultados muestran los beneficios de las TIC en la educación de personas con este trastorno. Las aplicaciones (Apps) o programas brindan un gran abanico de posibilidades en su aprendizaje para poder dar respuesta a sus necesidades y mejorar en aquellas áreas que presentan alteraciones. Las futuras investigaciones deben centrarse en la innovación y perfeccionamiento de las TIC para que cada vez sea más eficaz su implementación. Uno de los grandes avances a tener en cuenta es la realidad aumentada, con múltiples potencialidades para este alumnado.
  • Item type: Item ,
    Frente al racismo, educación: la interculturalidad en el currículum, en los manuales escolares y en las representaciones sociales de la comunidad educativa
    (2020-06) Mahdaoui Mañana, Yasmina; Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Formación do Profesorado; Domínguez Almansa, Andrés
    Se presenta una investigación educativa que nace de la idea de defender la Educación Intercultural como herramienta para combatir el racismo y las actitudes sociales que lo perpetúan y amparan. Mediante una metodología mixta, capaz de aunar las fortalezas que aproximan la mirada cuantitativa y cualitativa, se acomete un análisis del currículo de Educación Primaria, de diferentes manuales del área de Ciencias Sociales para 5º y 6º cursos y de una serie de encuestas realizadas a diferentes agentes de la comunidad educativa. Como resultados más apreciables se desvelan en la normativa y en los textos analizados, los espacios irrisorios habilitados para emprender una verdadera Educación Intercultural sumidos en la preponderancia de aspectos cognitivos diseñados para su reproducción memorística. Por la contra, la comunidad educativa comparte un interés por la interculturalidad como referente educativo y también frustración, por verse desprovistos de herramientas, recursos o estrategias que ayuden en el cometido. Se concluye entonces que el estado de la Educación Intercultural en la escuela puede y debe mejorar. Pese a que la normativa defienda una Educación Intercultural y tolerante, en la práctica educativa, o se aplica de una forma superficial dejando fuera un marco emocional que aliente el discurso racional, o su desarrollo se concibe debilitado,