ACS-Unidades didácticas
Permanent URI for this collectionhttps://hdl.handle.net/10347/9757
Browse
Recent Submissions
Now showing 1 - 20 of 40
Item type: Item , Coordinación metabólica entre órganos/tecidos(Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, 2012) Villamarín Cid, José Antonio; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Bioquímica e Bioloxía MolecularEsta unidade didáctica denominada «Coordinación e regulación metabólica» forma parte da materia «Integración do Metabolismo», que pertence ao bloque de formación básica do Grao en Veterinaria, e se imparte no 2º semestre do 1º curso. Os seus contidos van dirixidos a estudantes do Grao en Veterinaria con coñecementos previos de bioquímica, fisioloxía e anatomía veterinaria. Na materia «Bioquímica» que se imparte no 1º semestre do 1º curso do Grao estúdanse as rutas metabólicas básicas localizadas nunha célula. Non obstante, os organismos superiores son moito máis que un conxunto de células iguais. Ao longo do desenvolvemento embrionario ten lugar o proceso de diferenciación celular no que se orixinan diferentes tipos celulares. As células diferenciadas asócianse en tecidos e órganos con funcións específicas. Como é lóxico, a función do tecido condiciona o seu metabolismo, de xeito que non todas as rutas metabólicas ocorren en todas as células. Máis ben, cada tecido/órgano dun organismo animal ten un «perfil» metabólico concreto, determinado pola súa función. Para que o organismo funcione correctamente, os procesos metabólicos que acontecen nos diferentes tecidos deben estar estritamente regulados e coordinados en función do estado nutricional do animal, do exercicio físico que realiza, etc. Na materia «Integración do Metabolismo» situamos os procesos metabólicos no contexto dun organismo animal no seu conxunto (non nunha célula tipo), o que permitirá ao/á alumno/a aplicar os coñecementos sobre metabolismo adquiridos na materia «Bioquímica».Item type: Item , Perfís metabólicos de órganos e tecidos(Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, 2012) Villamarín Cid, José Antonio; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Bioquímica e Bioloxía MolecularEsta unidade didáctica denominada «Perfís metabólicos de órganos e tecidos» forma parte da materia «Integración do Metabolismo», que pertence ao bloque de formación básica do Grao en Veterinaria, e se imparte no 2º semestre do 1º curso. Os seus contidos van dirixidos a estudantes do Grao en Veterinaria con coñecementos previos de bioquímica, fisioloxía e anatomía veterinaria. Na materia «Bioquímica» que se imparte no 1º semestre do 1º curso do Grao estúdanse as rutas metabólicas básicas localizadas nunha célula. Non obstante, os organismos superiores son moito máis que un conxunto de células iguais. Ao longo do desenvolvemento embrionario ten lugar o proceso de diferenciación celular no que se orixinan diferentes tipos celulares. As células diferenciadas asócianse en tecidos e órganos con funcións específicas. Como é lóxico, a función do tecido condiciona o seu metabolismo, de xeito que non todas as rutas metabólicas ocorren en todas as células. Máis ben, cada tecido/órgano dun organismo animal ten un «perfil» metabólico concreto, determinado pola súa función. Para que o organismo funcione correctamente, os procesos metabólicos que acontecen nos diferentes tecidos deben estar estritamente regulados e coordinados en función do estado nutricional do animal, do exercicio físico que realiza, etc. Na materia «Integración do Metabolismo» situamos os procesos metabólicos no contexto dun organismo animal no seu conxunto (non nunha célula tipo), o que permitirá ao/á alumno/a aplicar os coñecementos sobre metabolismo adquiridos na materia «Bioquímica».Item type: Item , Investigación da morte violenta(Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, 2012) Rodríguez Calvo, María Sol; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Anatomía Patolóxica e Ciencias ForensesEsta unidade didáctica denominada “Investigación da morte violenta” está incluída no bloque de “Patoloxía forense” da materia “Medicina legal”, que se imparte no segundo semestre do 5º curso do Grao en Medicina. Esta materia é froito da interrelación entre a Medicina e o Dereito nun dobre sentido: o primeiro refírese á aplicación dos coñecementos médicos para resolver cuestións xudiciais (Medicina Legal propiamente dita). O segundo ocúpase das normas xurídicas que regulan a práctica médica (Dereito médico). Ambos aspectos están incluídos no programa da materia.Item type: Item , Bioquímica da lactación(Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, 2010) Villamarín Cid, José Antonio; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Bioquímica e Bioloxía MolecularEsta unidade didáctica denominada «Bioquímica da lactación» forma parte da materia «Aspectos básicos e clínicos da lactación» que se imparte no primeiro semestre do 5º curso do Grao en Veterinaria. Nesta materia trátase o proceso fisiolóxico da lactación dun xeito transversal. Nunha primeira parte estúdanse os aspectos básicos do proceso relacionados coa estrutura anatómica e a formación da glándula mamaria, coa síntese e secreción dos compoñentes do leite e coa regulación hormonal da lactación. A continuación trátanse aspectos máis aplicados do proceso, relacionados coa produción de leite ou co diagnóstico, tratamento e prevención de enfermidades relacionadas coa lactación. Polo tanto, a materia estrutúrase en diferentes unidades didácticas que son impartidas por diferentes áreas de coñecemento.Item type: Item , Sistema nervioso(Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, 2010) Rodríguez Pérez, Ana Isabel; Rodríguez Cobos, María de los Ángeles; Crespo Vázquez, Elvira; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Ciencias MorfolóxicasO sistema nervioso é o responsable de producir respostas apropiadas en músculos, órganos e glándulas ante cambios detectados no medio externo e interno. É o responsable ademais de funcións superiores tales como a memoria, cognición, autoconciencia, intelecto e personalidade. É afectado a miúdo por anomalías hereditarias ou do desenvolvemento, por procesos patolóxicos e traumatismos. O incremento na esperanza de vida e o progresivo envellecemento da poboación orixinou que as enfermidades neurodexenerativas (Alzheimer, Parkinson, ataxias...) estean a aumentar na actualidade. Galicia, cunha taxa de envellecemento do 19%, supera en tres puntos a media nacional e as provincias máis envellecidas son Ourense e Lugo, ambas as dúas con case un 26% de poboación maior de 65 anos. (XXIV Reunión Anual da Sociedade Galega de Neuroloxía) A prevención, diagnóstico e tratamento dos trastornos neurolóxicos son, polo tanto, de inmensa importancia socioeconómica. É por iso que unha comprensión da anatomía do sistema nervioso e a súa correlación coa función e a disfunción resulte fundamental para o estudante de farmacia actual, futuro profesional que ha de deseñar e lograr avances en vindeiros tratamentos. Na presente unidade didáctica expoñerase a morfoloxía e estrutura macroscópica do sistema nervioso central e periférico. Para iso describiranse os principais núcleos e estruturas do sistema nervioso, cunha dobre aproximación integrada neuroanatómica e neurofisiolóxica, asentando as bases para materias de cursos superiores do tipo de Fisioloxía Humana, Fisiopatoloxía e Farmacoloxía.Item type: Item , Anatomía descritiva e funcional do aparello respiratorio(Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, 2010) Rodríguez Pérez, Ana Isabel; Rodríguez Cobos, María de los Ángeles; Crespo Vázquez, Elvira; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Ciencias MorfolóxicasA formación básica do médico debe achegar un coñecemento axeitado das ciencias en que se fundamenta a medicina. Dentro da rama das ciencias da saúde, a anatomía humana é unha das materias básicas que teñen como obxectivo “coñecer as bases morfolóxicas das funcións e do comportamento dos seres humanos, sans e doentes”. A materia ¨Anatomía Humana¨ no grao de Medicina da USC, inclúe as materias de, “anatomía xeral e anatomía do aparello locomotor”, e as materias de ¨esplacnoloxía¨, “neuroanatomía” e “anatomía por técnicas de imaxe”. Todas estas materias están interrelacionadas entre si e coas demais materias de formación básica (incluídas nas materias Fixioloxia, Bioloxía, e Bioquímica) do módulo I: “Morfoloxía, estrutura e función do corpo humano”. Todas teñen como obxectivo común achegar aos alumnos os fundamentos básicos do coñecemento médico e están deste xeito interrelacionado con todas as demais materias do grao. A UD II, céntrase no estudo da anatomía do aparello respiratorio e darase unha orientación funcional e clínica á descrición de cada un dos órganos que o compón.Item type: Item , Violencia doméstica: malos tratos a menores(Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, 2008) Rodríguez Calvo, María Sol; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Anatomía Patolóxica e Ciencias ForensesA historia do maltrato os nenos remóntase ás orixes da historia do home e é sorprendente ver como ao longo do tempo se mantivo, ata épocas recentes, unha situación de permisividade por parte da sociedade. De feito, o abuso e os malos tratos infantís foron ignorados a nivel social e xurídico ata despois da II Guerra Mundial. De entre todos os tipos de violencia cara aos nenos, imos referirnos a aquela que se desenvolve nun espazo determinado -o medio familiar- e nunhas circunstancias que definen unha entidade clínica: o neno maltratado. O recoñecemento desta realidade sociolóxica por parte da clase médica é aínda máis recente, xa que hai pouco máis de 40 anos que se describiu esta síndrome, precisando a súa etioloxía traumática non accidental. A importancia deste problema recae no feito de que non está limitado en si mesmo, o trauma vai repetirse ata (ou a menos que) o paciente sexa separado do ambiente daniño ou ben ata que estas condicións ambientais sexan eliminadas. En moitas ocasións o final é tráxico, chegando ata a morte. Un diagnóstico a tempo da síndrome de abuso e abandono do neno case sempre prevén un resultado fatal; un diagnóstico correcto na autopsia pode previr lesións ou morte doutros irmáns. Trátase dunha área de responsabilidade para médicos forenses, clínicos, enfermeiras, mestres e, en xeral, todas as persoas relacionadas co neno maltratado. Estamos, pois, fronte a un problema de gran importancia, non só médica senón tamén cunha gran transcendencia social e legal. Nesta unidade didáctica, incluída na parte de Patoloxía Forense, pretendemos que o médico xeral teña en conta esta realidade á hora de facer un diagnóstico. Tamén que saiba cal é o seu papel e os camiños que ha de tomar para manexar ben cada un dos casos que se lle poden presentar.Item type: Item , Control de calidade e seguridade en laboratorios de microbioloxía(Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións, 2011) Santos Rodríguez, Ysabel; Muñoz Crego, Ángeles; Seoane Prado, Rafael; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Microbioloxía e Parasitoloxía; Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de FarmaciaA materia “Análise biolóxica e diagnóstico de laboratorio II” está vinculada a dúas áreas de coñecemento, Microbioloxía e Parasitoloxía, ten carácter troncal e impártese durante o segundo cuadrimestre no cuarto curso da Licenciatura en Farmacia. Está por tanto dirixida a alumnos que xa teñen coñecementos básicos de Microbioloxía, Parasitoloxía, Fisioloxía, Anatomía, Citoloxía, Histoloxía, Inmunoloxía e Bioquímica. A presente unidade didáctica é a primeira do programa da materia impartida pola área de Microbioloxía. Nesta unidade didáctica abórdanse temas cuxo coñecemento é básico para o bo funcionamento do laboratorio de microbioloxía e para garantir a protección do seu persoal, da comunidade e do medio. O coñecemento da estrutura xeral dun laboratorio de microbioloxía clínica e a correcta aplicación das normas de calidade e seguridade permitirán que o laboratorio de microbioloxía sexa un lugar seguro, eficiente e cómodoItem type: Item , Dixestivo de ruminantes: afeccións do abomaso(Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, 2011) Rigueira Rey, Lucas; Miranda Castañón, Marta Inés; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Ciencias Clínicas Veterinarias; Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de VeterinariaEsta unidade didáctica denominada «Dixestivo de ruminantes: afeccións do abomaso» forma parte da materia «Clínica Médica Veterinaria II» que se imparte no primeiro semestre do 5º curso do Grao en Veterinaria. Nesta materia estúdanse as patoloxías cardio-respiratorias e dixestivas dos animais domésticos. Nunha primeira parte abórdanse as patoloxías cardíacas, posteriormente as respiratorias e as patoloxías dixestivas trátanse por especies. Nunha primeira parte estúdanse as patoloxías dixestivas dos pequenos animais (can e gato), posteriormente abórdanse dun xeito xeral as patoloxías das glándulas anexas, fígado e páncreas. A continuación estúdanse as patoloxías dixestivas dos ruminantes, nas que se encadra a presente unidade didáctica e nas que imos diferenciar: patoloxías do rumen, do abomaso e de lactantes. Remata a materia co estudo das patoloxías dixestivas dos équidos. Esta materia ten carácter obrigatorio e está vinculada a área de coñecemento de Ciencias Clínicas Veterinarias. Xustificación da unidade temática no contexto da materia e da titulación, requisitos previos e duración Unha das competencias disciplinarias dos profesionais veterinarios é a actividade clínica e esta materia é fundamental para o desenvolvemento da devandita actividade, e máis concretamente, esta unidade didáctica é fundamental para a clínica do gando vacún e para a patoloxía da produción. Esta materia sitúase ao final do bloque formativo das ciencias clínicas, e nela sintetízanse e recupéranse os coñecementos previamente adquiridos mediante o estudo de cada enfermidade en particular e pola aplicación de numerosos conceptos doutras materias previamente cursadas. É por isto fundamental ter coñecementos previos de anatomía, fisioloxía, fisiopatoloxía, propedéutica clínica, nutrición, farmacoloxía e terapéutica e diagnóstico pola imaxe. O igual que noutras materias será moi útil ter coñecementos de inglés e informática. Os contidos desta unidade didáctica serán impartidos en seis horas:tres de docencia teórica e tres de prácticas clínicas.Item type: Item , Enfermidades de transmisión sexual Sífilis(Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, 2012) Peteiro García, María del Carmen; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Dermatoloxía e Otorrinolaringoloxía; Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Medicina e OdontoloxíaÓ finalizar a unidade didáctica, os estudantes serán capaces de: — Coñecer a clínica das enfermidades de transmisión sexual máis frecuentes no noso medio. — Comprender as diferentes formas clínicas de presentación das mesmas. — Saber o tratamento adecuado e utilizalo. — Saber obter información clínica do interrogatorio para chegar ó diagnóstico morfolóxico. — Saber seleccionar as probas (laboratorio, etc) para chegar ó diagnóstico. — Utilizar correctamente a terminoloxía específica destas enfermidades. — Transferir os coñecementos teóricos á práctica clínica rutineira. En definitiva, coñecer os mecanismos das enfermidades, a súa expresión sindrómica e os principios terapéuticos elementais para a restauración do estado normal de saúde e coñecer as medidas profilácticas a establecer.Item type: Item , Enfermidades parasitarias das abellas(Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, 2012) Panadero Fontán, Rosario; López Sández, Ceferino Manuel; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Patoloxía Animal; Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de VeterinariaEsta unidade didáctica denominada Enfermidades parasitarias das abellas forma parte da materia Enfermidades parasitarias II que se imparte no primeiro semestre do 4º curso do Grao en Veterinaria. Esta materia consta de 3 bloques temáticos: protozooses, artropodoses e outras parasitoses. Cada unha delas está composta por varias unidades didácticas. Dos grupos definidos no Libro Branco para o Título de Grao en Veterinaria, editado pola «Agencia Nacional de Evaluación de la Calidad y Acreditación» (ANECA), as materias Enfermidades Parasitarias I e II forman parte do grupo de sanidade animal e están moi relacionadas coas materias que integran este grupo: epidemioloxía, parasitoloxía, enfermidades infecciosas, medicina preventiva e policía sanitaria, e zoonoses e saúde pública. Os contidos desta unidade didáctica van dirixidos a estudantes de 4º curso do Grao en Veterinaria con coñecementos previos de enfermidades parasitarias I, parasitoloxía, epidemioloxía, bioloxía animal, microbioloxía, inmunoloxía, citoloxía e histoloxía veterinaria, fisioloxía animal, patoloxía xeral, propedéutica clínica, anatomía patolóxica veterinaria e farmacoloxía, farmacia e terapéutica, e serán impartidos en dúas sesións de docencia teórica, unha de prácticas clínico-laboratoriais e unha de seminarios. A formación que o alumnado adquire sobre a disciplina de enfermidades parasitarias achega ó profesional veterinario un amplo coñecemento sobre as causas, natureza, mecanismos de transmisión, acción patóxena, diagnose, tratamento e medidas de prevención e control dos principais procesos parasitarios que afectan ós animais, tanto de forma individual como colectiva e, especialmente, neste último caso, posto que as enfermidades parasitarias están entre os procesos patolóxicos máis comúns das colectividades animais. Así mesmo, os coñecementos adquiridos no estudo de Enfermidades parasitarias son básicos para controlar as afeccións que se transmiten dos animais ó ser humano (zoonoses) e de certas enfermidades de declaración obrigatoria. Do mesmo xeito, o estudo desta disciplina é básico para establecer os correspondentes Programas de Sanidade Animal e Saúde Pública Veterinaria que a Administración debe elaborar e implantar para manter e mellorar no posible o estado da gandería española e da saúde humana.Item type: Item , Miases dos animais de renda(Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, 2011) Panadero Fontán, Rosario; Díaz Fernández, Pablo; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Patoloxía Animal; Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de VeterinariaEsta unidade didáctica denominada Miases dos animais de renda forma parte da materia Enfermidades parasitarias II que se imparte no primeiro semestre do 4º curso do Grao en Veterinaria. Esta materia consta de 3 bloques temáticos: protozooses, artropodoses e outras parasitoses. Cada unha delas está composta por varias unidades didácticas. Dos grupos definidos no Libro Branco para o Título de Grao en Veterinaria, editado pola «Agencia Nacional de Evaluación de la Calidad y Acreditación» (ANECA), as materias enfermidades parasitarias I e II forman parte do grupo de sanidade animal e están moi relacionadas coas materias que integran este grupo: epidemioloxía, parasitoloxía, enfermidades infecciosas, medicina preventiva e policía sanitaria, e zoonoses e saúde pública. Os contidos desta unidade didáctica van dirixidos a estudantes de 4º curso do Grao en Veterinaria con coñecementos previos de enfermidades parasitarias I, parasitoloxía, epidemioloxía, bioloxía animal, microbioloxía, inmunoloxía, citoloxía e histoloxía veterinaria, fisioloxía animal, patoloxía xeral, propedéutica clínica, anatomía patolóxica veterinaria e farmacoloxía, farmacia e terapéutica, e serán impartidos en seis sesións de docencia teórica, dúas de prácticas clínico-laboratoriais e unha de seminarios. A formación que os alumnos adquiren sobre a disciplina de enfermidades parasitarias achega ó profesional veterinario un amplo coñecemento sobre as causas, natureza, mecanismos de transmisión, acción patóxena, diagnose, tratamento e medidas de prevención e control dos principais procesos parasitarios que afectan ós animais, tanto de forma individual como colectiva, e especialmente, neste último caso, posto que as enfermidades parasitarias están entre os procesos patolóxicos máis comúns das colectividades animais. Así mesmo, os coñecementos adquiridos no estudo de Enfermidades parasitarias son básicos para controlar as afeccións que se transmiten dos animais ó home (zoonoses) e de certas enfermidades de declaración obrigatoria. Do mesmo xeito, o estudo desta disciplina é básico para establecer os correspondentes Programas de Sanidade Animal e Saúde Pública Veterinaria que a administración debe elaborar e implantar para manter e mellorar no posible o estado da gandería española e da saúde humanaItem type: Item , Sistemas dispersos heteroxéneos: bases fisicoquímicas(Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, 2008) Otero Espinar, Francisco Javier; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica; Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de FarmaciaCando un composto é soluble noutro podemos formar unha disolución verdadeira. Nesta, o soluto atópanse dispersado a nivel molecular no disolvente de maneira que as moléculas de disolvente e de soluto posúen tamaño similar, polo que podemos asumir que as moléculas de soluto están distribuídas uniformemente no disolvente. En cambio, se unha subtancia é insoluble noutra, non poderemos dispersala a nivel molecular. Non obstante, o que poderemos facer é dividila en pequenas unidades e distribuílas no seo da substancia que actúa como fase dispersante. Neste caso, obteremos un sistema disperso heteroxéneo (SDH) no que as unidades da fase dispersa teñen un tamaño moito maior que as moléculas do disolvente ou da fase dispersante. Os SDH son polo tanto aqueles nos que unha substancia (a fase dispersa) atópase dispersa ou dividida (en unidades con tamaño superior ás 0.5 μm), no seo doutra (a fase dispersante ou continua). A nivel farmacéutico os SDH típicos son as suspensións, fi nas partículas dun sólido distribuídas nun líquido; e as emulsións nas que gotas dun líquido se dispersan noutro líquido co que non é miscible. Os distintos tipos de SDH (cadro 4.1.) atopan aplicacións en campos moi diversos, dende a cociña ás tecnoloxías máis avanzadas. Neste tema centrarémonos na súa utilización no campo da tecnoloxía farmacéutica. A principal característica dos SDH é que son inestables dende un punto de vista termodinámico, polo que ao cabo do tempo tenden á separación das fases de seu coa consecuente rotura do sistema. Nesta unidade didáctica tentaremos describir todos aqueles aspectos que están directa e indirectamente relacionados coa inestabilidade dos SDH, para contar coa base necesarias para afrontar con éxito a elaboración de emulsións, suspensións e sistemas coloidais farmacéuticos estables.Item type: Item , Morfoloxía externa do encéfalo e da medula espiñal(Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, 2015) Muñoz Patiño, Ana María; Rodríguez Pallares, Jannette; Díaz Ruiz, María del Carmen; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Ciencias Morfolóxicas; Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Medicina e OdontoloxíaA unidade didáctica «Morfoloxía externa do encéfalo e da medula espiñal» está incluída na materia NEUROANATOMÍA (6 ECTS), que se imparte no segundo curso do Grao en Medicina na Universidade de Santiago de Compostela, ao longo do primeiro semestre. Esta unidade cursarase a continuación do primeiro bloque do programa da materia, unha vez cos alumnos xa teñen una visión xeral e introdutoria da organización do sistema nervioso. Esta unidade didáctica centrarase no estudo da anatomía macroscópica da medula espiñal e dos diferentes compoñentes do encéfalo. Organízase en 4 temas, que están deseñados para ser desenvolvidos en 14 sesións presenciais, 8 sesións de seminarios de 50 min cada unha, e 6 sesións prácticas coa mesma duración.Item type: Item , Dixestivo de ruminantes: patoloxía dixestiva en lactantes(Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, 2012) Miranda Castañón, Marta Inés; Rigueira Rey, Lucas; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Ciencias Clínicas Veterinarias; Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de VeterinariaEsta unidade didáctica denominada «Dixestivo de ruminantes: patoloxía dixestiva en lactantes» forma parte da materia «Clínica Médica Veterinaria II» que se imparte no primeiro semestre do 5º curso do Grao en Veterinaria. Nesta materia estúdanse as patoloxías cardio-respiratorias e dixestivas dos animais domésticos. Nunha primeira parte abórdanse as patoloxías cardíacas, posteriormente as respiratorias e as patoloxías dixestivas trátanse por especies. Dentro destas, estúdanse en primeiro lugar as patoloxías dixestivas dos pequenos animais (can e gato), posteriormente abórdanse dun xeito xeral as patoloxías das glándulas anexas, fígado e páncreas. A continuación estúdanse as patoloxías dixestivas dos ruminantes, nas que se encadra a presente unidade didáctica e nas que imos diferenciar: patoloxías do rume, do abomaso e de lactantes. Remata o bloque co estudo das patoloxías dixestivas dos équidos. Esta materia ten carácter obrigatorio e está vinculada a área de coñecemento de Ciencias Clínicas Veterinarias. Xustificación da unidade didáctica no contexto da materia e da titulación, requisitos previos e duración Unha das competencias disciplinarias dos profesionais veterinarios é a actividade clínica e esta materia é fundamental para o desenvolvemento da devandita actividade, e máis concretamente, esta unidade didáctica é fundamental para a clínica do gando vacún. Esta materia sitúase ao final do bloque formativo das ciencias clínicas, e nela sintetízanse e recupéranse os coñecementos previamente adquiridos mediante o estudo de cada enfermidade en particular e pola aplicación de numerosos conceptos doutras materias previamente cursadas. É por isto fundamental ter coñecementos previos de anatomía, fisioloxía, fisiopatoloxía, propedéutica clínica, nutrición, farmacoloxía e terapéutica e enfermidades infecciosas e parasitarias. O igual que noutras materias será moi útil ter coñecementos de inglés e informática. Os contidos desta unidade didáctica serán impartidos en cinco horas: dúas de docencia teórica e tres de prácticas clínicas.Item type: Item , Patoloxías metabólicas asociadas á lactación(Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, 2011) Miranda Castañón, Marta Inés; Rigueira Rey, Lucas; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Ciencias Clínicas Veterinarias; Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de VeterinariaEsta unidade didáctica denominada Patoloxías metabólicas asociadas á lactación forma parte de Aspectos básicos e clínicos da lactación, materia optativa que se imparte no primeiro semestre do 5º curso do Grao en Veterinaria. Nesta materia trátase o proceso fisiolóxico da lactación dun xeito transversal. Nunha primeira parte estúdanse os aspectos básicos do proceso relacionados coa estrutura anatómica e a formación da glándula mamaria, coa síntese e secreción dos compoñentes do leite e coa regulación hormonal da lactación. A continuación trátanse aspectos máis aplicados do proceso, relacionados coa produción de leite ou co diagnóstico, tratamento e prevención de enfermidades relacionadas coa lactación. Polo tanto, a materia estrutúrase en diferentes unidades didácticas que son impartidas por diferentes áreas de coñecemento: Anatomía e Anatomía Patolóxica Comparadas, Bioquímica e Bioloxía Molecular, Fisioloxía Animal, Sanidade Animal, Farmacoloxía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias, área esta última onde se engloba a presenta unidade didáctica.Item type: Item , Drogas de abuso e adicción a psicofármacos(Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, 2012) López Caneda, Eduardo Guillermo; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía; Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de PsicoloxíaA materia de Farmacoloxía do Comportamento é unha materia optativa de segundo ciclo da especialidade de Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía da Licenciatura en Psicoloxía, pero pode moi ben ser seguida por calquera alumna/o de calquera especialidade que o desexe. A súa condición de optativa circunscribiranos a traballar entre persoas interesadas a priori en coñecer os seus contidos e dotarse das competencias básicas para o manexo de psicofármacos que requiren as tarefas propias da Psicoloxía. Aínda que non se establecen prerrequisitos normativos para cursala (excepto os xerais do plano de estudos) parece conveniente ter superadas as materias da área de psicobioloxía dos tres primeiros cursos. Se non fose así, ó menos sería necesario telas estudado para comprender o alcance dos conceptos básicos de neurociencias que empregaremos. O programa doutras materias necesariamente complementarias da nosa, como a psicopatoloxía, algunhas materias de psicoterapia ou técnicas terapéuticas, irá avanzando ao par que nos vaiamos vendo temas en psicofarmacoloxía. Tentaremos coordinar os nosos pasos e, en todo caso, os aspectos de terapia farmacolóxica nas principais entidades psicopatolóxicas aparecerán cara ao final do noso programa. A materia de farmacoloxía do comportamento é cuadrimestral. Ao longo do segundo cuadrimestre do curso teremos docencia presencial teórica e práctica en grupos reducidos, disporemos dun curso virtual, no contorno web-ct, que está pensado para ser utilizado como complemento da docencia presencial. A última das leccións incluídas dentro desta materia e que será obxecto desta unidade didáctica é Drogas de abuso e adicción a psicofármacos, tema fundamental no coñecemento dos mecanismos neurobiolóxicos que dan lugar ós comportamentos aditivos así como na comprensión das causas e consecuencias das drogodependencias. A duración estimada desta unidade didáctica é de seis horas teóricas (catro de clases maxistrais e dúas de debate cun experto en drogodependencias) e dúas horas de prácticas a desenvolver no laboratorio nunha única sesión.Item type: Item , Sesións prácticas de Clínica Optométrica II(Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, 2015) García Montero, Silvia; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Física Aplicada; Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Óptica e OptometríaEsta unidade didáctica denominada “Sesións Prácticas de Clínica Optométrica II” forma parte da materia Clínica Optométrica II impartida no 2º semestre do terceiro curso do Grao en Óptica e Optometría A materia Clínica optométrica II ten por obxectivo principal proporcionarlle ó alumnado a experiencia clínica necesaria en atención primaria da saúde visual e ocular, para afrontar con garantías de éxito a práctica profesional. Todas as sesións prácticas impartiranse no Servizo de Optometría e con pacientes reais. Recoméndase que o alumno coñeza e comprenda os conceptos explicados nas materias previas do módulo de optometría (Figura 1): Fundamentos de Optometría (impartida no primeiro curso), Optometría I, Optometría II e Contactoloxía I (impartidas no segundo curso). Tamén Optometría III, Contactoloxía II, Anomalías de Visión Binocular e Rehabilitación Visual e Clínica Optométrica I (impartidas no primeiro semestre do terceiro curso). No último curso do grao impártense as materias de Clínica Optométrica III e Contactoloxía III ligadas o traballado nesta unidade didáctica.Item type: Item , Características básicas do sistema detector(Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, 2014) Flores Seijas, José Ramón; López Lago, María Elena; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Física Aplicada; Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Óptica e OptometríaO proceso da visión pode dividirse en 3 etapas: 1. Formación da imaxe, o ollo funciona como un sistema óptico que forma imaxes dos obxectos exteriores sobre a súa parte posterior: a retina. 2. Adquisición da imaxe, i.e. a transdución dos sinais ópticos en sinais neurais, que se leva a cabo nas células fotorreceptoras da retina. 3. Tratamento das imaxes, que se realiza en parte na propia retina, mais fundamentalmente no córtex visual. Estas 3 etapas permiten que o noso sistema visual constrúa, en tempo real, unha representación mental do mundo exterior, elaborada coas imaxes que se están formando continuamente nas nosas retinas, mais tamén e dun xeito decisivo, con outra información que ten almacenada o noso cerebro correspondente a imaxes retinianas anteriores. Esta representación mental depende loxicamente das características físicas e fisiolóxicas do noso ollo, especialmente da nosa retina. Nos temas I a V estúdase a primeira etapa da visión , entanto os temas VI a IX están dedicados as otras dúas etapas. Cómpre esclarecer que a adquisición e o tratamento das imaxes están íntimamente ligados, e o seu estudo resulta moi complexo e necesariamente multidisciplinar, para o cal é preciso utilizar coñecementos e técnicas de varias disciplinas da física, da medicina e da psicoloxía. O presente tema serve como unha introducción a esta difícil e apaixonante materia. Está divido en 4 seccións nas que se estudan: — a retina humana dun punto de vista funcional; — a fotometría, i.e. a ciencia da medida da radiación electromagnética por un fotodetector particular, o ollo humano; — a iluminación retiniana, como se calcula en función da fonte de luz e a súa relación coa pupila; e finalmente — a notábel capacidade de adaptación do ollo a iluminación ambiental, aproveitando para presentar o concepto de limiar luminoso, absoluto e diferencial.Item type: Item , Aparello locomotor activo(Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, 2014) Fernández de Trocóniz Revuelta, Patricia; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Anatomía e Produción Animal; Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de VeterinariaO plano de estudos do grao en veterinaria inclúe 18 ECTS para á materia básica da rama de Ciencias da Saúde «Anatomía Animal», posteriormente dividida en tres disciplinas de 6 ECTS cada unha: Anatomía Veterinaria I, Anatomía Veterinaria II e Citoloxía e Histoloxía Veterinaria. A Anatomía Veterinaria proporcionará ao alumno «coñecementos de morfoloxía, topografía e estrutura dos órganos e sistemas» (RD 1393/2007). Dado que o curriculum de Bioloxía, tanto na Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) como no Bacharelato, inclúe o estudo da organización do corpo humano, poderíamos pensar que os alumnos que comezan a titulación posúen coñecementos básicos de anatomía e histoloxía. Porén a realidade é outra, e obriga a un deseño das disciplinas que aborde os conceptos xerais dende o principio. En Anatomía Veterinaria I, impartida no primeiro semestre do Grao en Veterinaria, abórdase unha parte da organización e constitución do corpo animal: o sistema locomotor, o sistema nervioso, os órganos dos sentidos e a pel coas súas especializacións. O estudo dos sistemas viscerais será obxecto da Anatomía Veterinaria II no segundo semestre. Ambas deberán fornecer as bases para afrontar con seguridade o estudo de disciplinas posteriores tales como a Fisioloxía e a Patoloxía, pero de maneira máis directa a Anatomía Patolóxica, a Cirurxía e as técnicas de diagnóstico por imaxe. A unidade didáctica III desenvolverase ―en función do calendario académico de cada ano― dende finais de outubro ata rematar o mes de novembro. Está deseñada como guía ou ferramenta coa que artellar os recursos para adquirir, entender e fixar os coñecementos relativos á disciplina, e só trata aspectos xerais dos contidos que serán desenvolvidos con maior amplitude nos materiais docentes dispoñibles na aula virtual, de xeito que poidan actualizarse sen afectar á utilidade da guía. Nesta unidade didáctica se definen en primeiro lugar, os obxectivos de aprendizaxe que marcan os contidos a desenvolver. Tamén se fai mención á metodoloxía de ensino e aos recursos necesarios así como ao sistema de avaliación e á bibliografía de consulta recomendada.