Perfís metabólicos de órganos e tecidos
Loading...
Identifiers
Publication date
Authors
Advisors
Tutors
Editors
Journal Title
Journal ISSN
Volume Title
Publisher
Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico
Abstract
Esta unidade didáctica denominada «Perfís metabólicos de órganos e
tecidos» forma parte da materia «Integración do Metabolismo», que
pertence ao bloque de formación básica do Grao en Veterinaria, e se
imparte no 2º semestre do 1º curso. Os seus contidos van dirixidos a
estudantes do Grao en Veterinaria con coñecementos previos de
bioquímica, fisioloxía e anatomía veterinaria.
Na materia «Bioquímica» que se imparte no 1º semestre do 1º curso
do Grao estúdanse as rutas metabólicas básicas localizadas nunha célula.
Non obstante, os organismos superiores son moito máis que un conxunto
de células iguais. Ao longo do desenvolvemento embrionario ten lugar o
proceso de diferenciación celular no que se orixinan diferentes tipos
celulares. As células diferenciadas asócianse en tecidos e órganos con
funcións específicas. Como é lóxico, a función do tecido condiciona o seu
metabolismo, de xeito que non todas as rutas metabólicas ocorren en todas
as células. Máis ben, cada tecido/órgano dun organismo animal ten un
«perfil» metabólico concreto, determinado pola súa función. Para que o
organismo funcione correctamente, os procesos metabólicos que acontecen
nos diferentes tecidos deben estar estritamente regulados e coordinados en
función do estado nutricional do animal, do exercicio físico que realiza, etc.
Na materia «Integración do Metabolismo» situamos os procesos
metabólicos no contexto dun organismo animal no seu conxunto (non nunha
célula tipo), o que permitirá ao/á alumno/a aplicar os coñecementos sobre
metabolismo adquiridos na materia «Bioquímica».
Description
Keywords
Bibliographic citation
Relation
Has part
Has version
Is based on
Is part of
Is referenced by
Is version of
Requires
Sponsors
Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Normalización Lingüística
Rights
Atribución-NoComercial-CompartirIgual 4.0 Internacional







