Violencia doméstica: malos tratos a menores
Loading...
Identifiers
Publication date
Authors
Advisors
Tutors
Editors
Journal Title
Journal ISSN
Volume Title
Publisher
Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico
Abstract
A historia do maltrato os nenos remóntase ás orixes da historia do home e é sorprendente ver como ao longo do tempo se mantivo, ata épocas recentes, unha situación de permisividade por parte da sociedade. De feito, o abuso e os malos tratos infantís foron ignorados a nivel social e xurídico ata despois da II Guerra Mundial.
De entre todos os tipos de violencia cara aos nenos, imos referirnos a aquela que se desenvolve nun espazo determinado -o medio familiar- e nunhas circunstancias que definen unha entidade clínica: o neno maltratado.
O recoñecemento desta realidade sociolóxica por parte da clase médica é aínda máis recente, xa que hai pouco máis de 40 anos que se describiu esta síndrome, precisando a súa etioloxía traumática non accidental. A importancia deste problema recae no feito de que non está limitado en si mesmo, o trauma vai repetirse ata (ou a menos que) o paciente sexa separado do ambiente daniño ou ben ata que estas condicións ambientais sexan eliminadas. En moitas ocasións o final é tráxico, chegando ata a morte. Un diagnóstico a tempo da síndrome de abuso e abandono do neno case sempre prevén un resultado fatal; un diagnóstico correcto na autopsia pode previr lesións ou morte doutros irmáns. Trátase dunha área de responsabilidade para médicos forenses, clínicos, enfermeiras, mestres e, en xeral, todas as persoas relacionadas co neno maltratado. Estamos, pois, fronte a un problema de gran importancia, non só médica senón tamén cunha gran transcendencia social e legal.
Nesta unidade didáctica, incluída na parte de Patoloxía Forense, pretendemos que o médico xeral teña en conta esta realidade á hora de facer un diagnóstico. Tamén que saiba cal é o seu papel e os camiños que ha de tomar para manexar ben cada un dos casos que se lle poden presentar.
Description
Keywords
Bibliographic citation
Relation
Has part
Has version
Is based on
Is part of
Is referenced by
Is version of
Requires
Sponsors
Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Normalización Lingüística
Rights
Atribución-NoComercial-CompartirIgual 4.0 Internacional







