Características básicas do sistema detector
Loading...
Identifiers
Publication date
Advisors
Tutors
Editors
Journal Title
Journal ISSN
Volume Title
Publisher
Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico
Abstract
O proceso da visión pode dividirse en 3 etapas: 1. Formación da imaxe, o ollo funciona como un sistema óptico que forma imaxes dos obxectos exteriores sobre a súa parte posterior: a retina. 2. Adquisición da imaxe, i.e. a transdución dos sinais ópticos en sinais neurais, que se leva a cabo nas células fotorreceptoras da retina. 3. Tratamento das imaxes, que se realiza en parte na propia retina, mais fundamentalmente no córtex visual. Estas 3 etapas permiten que o noso sistema visual constrúa, en tempo real, unha representación mental do mundo exterior, elaborada coas imaxes que se están formando continuamente nas nosas retinas, mais tamén e dun xeito decisivo, con outra información que ten almacenada o noso cerebro correspondente a imaxes retinianas anteriores. Esta representación mental depende loxicamente das características físicas e fisiolóxicas do noso ollo, especialmente da nosa retina. Nos temas I a V estúdase a primeira etapa da visión , entanto os temas VI a IX están dedicados as otras dúas etapas. Cómpre esclarecer que a adquisición e o tratamento das imaxes están íntimamente ligados, e o seu estudo resulta moi complexo e necesariamente multidisciplinar, para o cal é preciso utilizar coñecementos e técnicas de varias disciplinas da física, da medicina e da psicoloxía. O presente tema serve como unha introducción a esta difícil e apaixonante materia. Está divido en 4 seccións nas que se estudan:
— a retina humana dun punto de vista funcional;
— a fotometría, i.e. a ciencia da medida da radiación electromagnética por un fotodetector particular, o ollo humano;
— a iluminación retiniana, como se calcula en función da fonte de luz e a súa relación coa pupila; e finalmente
— a notábel capacidade de adaptación do ollo a iluminación ambiental, aproveitando para presentar o concepto de limiar luminoso, absoluto e diferencial.
Description
Titulación: Grao de Óptica e Optometría -- Materia: Óptica Visual e Percepción
Bibliographic citation
Relation
Has part
Has version
Is based on
Is part of
Is referenced by
Is version of
Requires
Sponsors
Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Normalización Lingüística
Rights
© Universidade de Santiago de Compostela, 2014. Esta obra atópase baixo unha licenza Creative Commons Atribución-Non comercial-Compartir igual 4.0 Internacional (CC BY-NC-SA 4.0)
Atribución-NoComercial-CompartirIgual 4.0 Internacional
Atribución-NoComercial-CompartirIgual 4.0 Internacional








