Sistemas dispersos heteroxéneos: bases fisicoquímicas

Loading...
Thumbnail Image
Identifiers
ISBN: 978-84-9750-924-4

Publication date

Advisors

Tutors

Editors

Journal Title

Journal ISSN

Volume Title

Publisher

Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico
Metrics
Google Scholar
lacobus
Export

Research Projects

Organizational Units

Journal Issue

Abstract

Cando un composto é soluble noutro podemos formar unha disolución verdadeira. Nesta, o soluto atópanse dispersado a nivel molecular no disolvente de maneira que as moléculas de disolvente e de soluto posúen tamaño similar, polo que podemos asumir que as moléculas de soluto están distribuídas uniformemente no disolvente. En cambio, se unha subtancia é insoluble noutra, non poderemos dispersala a nivel molecular. Non obstante, o que poderemos facer é dividila en pequenas unidades e distribuílas no seo da substancia que actúa como fase dispersante. Neste caso, obteremos un sistema disperso heteroxéneo (SDH) no que as unidades da fase dispersa teñen un tamaño moito maior que as moléculas do disolvente ou da fase dispersante. Os SDH son polo tanto aqueles nos que unha substancia (a fase dispersa) atópase dispersa ou dividida (en unidades con tamaño superior ás 0.5 μm), no seo doutra (a fase dispersante ou continua). A nivel farmacéutico os SDH típicos son as suspensións, fi nas partículas dun sólido distribuídas nun líquido; e as emulsións nas que gotas dun líquido se dispersan noutro líquido co que non é miscible. Os distintos tipos de SDH (cadro 4.1.) atopan aplicacións en campos moi diversos, dende a cociña ás tecnoloxías máis avanzadas. Neste tema centrarémonos na súa utilización no campo da tecnoloxía farmacéutica. A principal característica dos SDH é que son inestables dende un punto de vista termodinámico, polo que ao cabo do tempo tenden á separación das fases de seu coa consecuente rotura do sistema. Nesta unidade didáctica tentaremos describir todos aqueles aspectos que están directa e indirectamente relacionados coa inestabilidade dos SDH, para contar coa base necesarias para afrontar con éxito a elaboración de emulsións, suspensións e sistemas coloidais farmacéuticos estables.

Description

Titulación: Licenciatura en Farmacia -- Materia: Tecnoloxía Farmacéutica I

Bibliographic citation

Relation

Has part

Has version

Is based on

Is part of

Is referenced by

Is version of

Requires

Sponsors

Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Normalización Lingüística

Rights

© Universidade de Santiago de Compostela, 2008. Esta obra atópase baixo unha licenza Creative Commons Atribución-Non comercial-Compartir igual 4.0 Internacional (CC BY-NC-SA 4.0)
Atribución-NoComercial-CompartirIgual 4.0 Internacional