Dixestivo de ruminantes: afeccións do abomaso
Loading...
Identifiers
Publication date
Advisors
Tutors
Editors
Journal Title
Journal ISSN
Volume Title
Publisher
Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico
Abstract
Esta unidade didáctica denominada «Dixestivo de ruminantes: afeccións do
abomaso» forma parte da materia «Clínica Médica Veterinaria II» que se
imparte no primeiro semestre do 5º curso do Grao en Veterinaria. Nesta
materia estúdanse as patoloxías cardio-respiratorias e dixestivas dos
animais domésticos. Nunha primeira parte abórdanse as patoloxías
cardíacas, posteriormente as respiratorias e as patoloxías dixestivas
trátanse por especies. Nunha primeira parte estúdanse as patoloxías
dixestivas dos pequenos animais (can e gato), posteriormente abórdanse
dun xeito xeral as patoloxías das glándulas anexas, fígado e páncreas. A
continuación estúdanse as patoloxías dixestivas dos ruminantes, nas que se
encadra a presente unidade didáctica e nas que imos diferenciar: patoloxías
do rumen, do abomaso e de lactantes. Remata a materia co estudo das
patoloxías dixestivas dos équidos. Esta materia ten carácter obrigatorio e
está vinculada a área de coñecemento de Ciencias Clínicas Veterinarias.
Xustificación da unidade temática no contexto da materia e da
titulación, requisitos previos e duración
Unha das competencias disciplinarias dos profesionais veterinarios é a
actividade clínica e esta materia é fundamental para o desenvolvemento da
devandita actividade, e máis concretamente, esta unidade didáctica é
fundamental para a clínica do gando vacún e para a patoloxía da produción.
Esta materia sitúase ao final do bloque formativo das ciencias
clínicas, e nela sintetízanse e recupéranse os coñecementos previamente
adquiridos mediante o estudo de cada enfermidade en particular e pola
aplicación de numerosos conceptos doutras materias previamente
cursadas. É por isto fundamental ter coñecementos previos de anatomía,
fisioloxía, fisiopatoloxía, propedéutica clínica, nutrición, farmacoloxía e
terapéutica e diagnóstico pola imaxe. O igual que noutras materias será moi
útil ter coñecementos de inglés e informática.
Os contidos desta unidade didáctica serán impartidos en seis horas:tres de docencia teórica e tres de prácticas clínicas.
Description
Titulación: Grao en Veterinaria -- Materia: Clínica Médica Veterinaria II
Bibliographic citation
Relation
Has part
Has version
Is based on
Is part of
Is referenced by
Is version of
Requires
Sponsors
Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Normalización Lingüística
Rights
© Universidade de Santiago de Compostela, 2011. Esta obra atópase baixo unha licenza Creative Commons Atribución-Non comercial-Compartir igual 4.0 Internacional (CC BY-NC-SA 4.0)
Atribución-NoComercial-CompartirIgual 4.0 Internacional
Atribución-NoComercial-CompartirIgual 4.0 Internacional








