Aparello locomotor activo

Loading...
Thumbnail Image
Identifiers
ISBN: 978-84-16183-33-3

Publication date

Advisors

Tutors

Editors

Journal Title

Journal ISSN

Volume Title

Publisher

Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico
Metrics
Google Scholar
lacobus
Export

Research Projects

Organizational Units

Journal Issue

Abstract

O plano de estudos do grao en veterinaria inclúe 18 ECTS para á materia básica da rama de Ciencias da Saúde «Anatomía Animal», posteriormente dividida en tres disciplinas de 6 ECTS cada unha: Anatomía Veterinaria I, Anatomía Veterinaria II e Citoloxía e Histoloxía Veterinaria. A Anatomía Veterinaria proporcionará ao alumno «coñecementos de morfoloxía, topografía e estrutura dos órganos e sistemas» (RD 1393/2007). Dado que o curriculum de Bioloxía, tanto na Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) como no Bacharelato, inclúe o estudo da organización do corpo humano, poderíamos pensar que os alumnos que comezan a titulación posúen coñecementos básicos de anatomía e histoloxía. Porén a realidade é outra, e obriga a un deseño das disciplinas que aborde os conceptos xerais dende o principio. En Anatomía Veterinaria I, impartida no primeiro semestre do Grao en Veterinaria, abórdase unha parte da organización e constitución do corpo animal: o sistema locomotor, o sistema nervioso, os órganos dos sentidos e a pel coas súas especializacións. O estudo dos sistemas viscerais será obxecto da Anatomía Veterinaria II no segundo semestre. Ambas deberán fornecer as bases para afrontar con seguridade o estudo de disciplinas posteriores tales como a Fisioloxía e a Patoloxía, pero de maneira máis directa a Anatomía Patolóxica, a Cirurxía e as técnicas de diagnóstico por imaxe. A unidade didáctica III desenvolverase ―en función do calendario académico de cada ano― dende finais de outubro ata rematar o mes de novembro. Está deseñada como guía ou ferramenta coa que artellar os recursos para adquirir, entender e fixar os coñecementos relativos á disciplina, e só trata aspectos xerais dos contidos que serán desenvolvidos con maior amplitude nos materiais docentes dispoñibles na aula virtual, de xeito que poidan actualizarse sen afectar á utilidade da guía. Nesta unidade didáctica se definen en primeiro lugar, os obxectivos de aprendizaxe que marcan os contidos a desenvolver. Tamén se fai mención á metodoloxía de ensino e aos recursos necesarios así como ao sistema de avaliación e á bibliografía de consulta recomendada.

Description

Titulación: Grao en Veterinaria -- Materia: Anatomía Veterinaria I

Bibliographic citation

Relation

Has part

Has version

Is based on

Is part of

Is referenced by

Is version of

Requires

Sponsors

Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Normalización Lingüística

Rights

© Universidade de Santiago de Compostela, 2014. Esta obra atópase baixo unha licenza Creative Commons Atribución-Non comercial-Compartir igual 4.0 Internacional (CC BY-NC-SA 4.0)
Atribución-NoComercial-CompartirIgual 4.0 Internacional