BL/039-040, Núm 39-40 (2008)
Permanent URI for this collectionhttps://hdl.handle.net/10347/6028
Browse
Recent Submissions
Now showing 1 - 17 of 17
Item type: Item , Antonio García Teijeiro. Creación(Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, 2008) García Teijeiro, AntonioItem type: Item , Encontro con Tania Mariza Kuchenbecker Rösing en Passo Fundo. Rio Grande do Sul(Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, 2008) Mociño González, Isabel; Ceccantini, João LuísItem type: Item , Encontro con José António Gomes / João Pedro Mésseder en Porto(Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, 2008) Ramos, Ana Margarida; Roig Rechou, Blanca AnaItem type: Item , Correspondencia José Ángel Valente – María Zambrano(Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, 2008) Serantes López, María AránzazuItem type: Item , Antonio Ramos Varela. Noticia dun intelectual libertario esquecido(Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, 2008) Otero Urtaza, Eugenio ManuelItem type: Item , Tendências da narrativa juvenil contemporânea: o caso de Ana Saldanha(Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, 2008) Reis da Silva, SaraSem deixar de dar conta, ainda que sucintamente, de algumas particularidades inerentes à produção literária de destinatário explícito infantil –como os títulos da série “Vamos Viajar” (1995-1997), Ninguém dá prendas ao Pai Natal (1996) e O Pai Natal Preguiçoso e a Rena Rodolfa (2004)–, bem como das obras reunidas na colecção “Era uma Vez… Outra Vez”, na nossa análise em torno da escrita de Ana Saldanha colocaremos especial ênfase nas narrativas juvenis Uma Questão de Cor (1995), Doçura Amarga (1997), Cinco Tempos Quatro Intervalos (1999), Para o Meio da Rua (2000), Como Outro Qualquer (2001) e Pico no Dedo (2004). Trata-se de um conjunto de textos ficcionais construídos a partir de um discurso hábil, fluído e muito vivo e nos quais Ana Saldanha reinventa, com humor e sensibilidade, temáticas e quotidianos plenos de actualidade, não raras vezes tendo como cenário o espaço urbano, recria mundos interiores enovelados, enigmáticos até, e desenha enredos povoados de figuras sólidas, a tocar o verosímil e a testemunhar determinados traços de certos tipos sociais.Item type: Item , Literatura para a infancia portuguesa contemporânea – leituras da história da Revolução de Abril(Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, 2008) Ramos, Ana MargaridaEm Abril de 1974, depois de quase meio século de Ditadura, Portugal conquista a Liberdade e saúda um governo democrático. Em consequência da Revolução de Abril também chegou ao fim a Guerra Colonial, depois de mais de uma década de existência, uma das principais responsáveis pela queda do regime fascista. Com o fim da Ditadura fecha-se o ciclo imperial português, mantido ao longo de séculos de existência, conduzindo à independência dos países africanos. Este ponto de viragem na História Portuguesa recente tem sido revisitado e recriado por alguns dos mais conceituados escritores portugueses contemporâneos, incluindo autores como José Saramago, António Lobo Antunes, José Cardoso Pires, entre outros nomes pertencentes também ao universo da literatura para a infância. A Revolução dos Cravos, e o tempo imediatamente anterior e posterior, tem sido tratada de diferentes perspectivas, ora mais comemorativas, ora de carácter mais pedagógico ou interventivo, tanto na poesia como na prosa, com relativa regularidade. É objectivo deste estudo proceder à análise e interpretação de algumas das obras mais relevantes sobre este tema, no que à literatura de potencial recepção infantil diz respeito, com vista a reflectir sobre recorrência de determinados temas e motivos.Item type: Item , ”The mark on the Wall”, de Virginia Woolf: análise e significación das formas narrativas(Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, 2008) Fernández Santomé, CeciliaA complexidade atribuída á escrita de Virxinia Woolf atopou no formato do relato curto un terreo óptimo para a experimentación de novas fórmulas narrativas, rachando cos presupostos asociados á novela burguesa en voga e deseñando as constantes que habían marcar algunhas das grandes obras de Woolf (como, por exemplo, To the lighthouse, The waves ou Mrs Dalloway). A riqueza dos seus textos breves reside na condensación de trazos innovadores que presentan, enmarcados nunha forma narrativa considerada menor (pois os grandes enxeños debían entregarse á escritura en formato estendido) e cun evidente pouso subversivo. Un dos relatos máis significativos de Virxinia Woolf, “The mark on the wall” (1917), ofrece ao lector actual unha serie infinda de interpretacións e de motivos ben significativos que se erixirían –nalgúns casos– en auténticos símbolos da narrativa de Woolf. O narrador subxectivado, a ausencia de referencias espazo-temporais, a progresión elíptica do argumento non son máis que as liñas principais sobre as que se artella un relato de gran complexidade.Item type: Item , O porco de pé e algo máis(Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, 2008) Tarrío Varela, AnxoAnxo Tarrío opina que a atención que se lle prestou á novela de Vicente Risco O porco de pé (1928) eclipsou outras do mesmo autor e de talante escritural semellante pero redactadas en castelán despois da Guerra Civil. Por iso céntrase en dar claves para comprender os textos narrativos que Risco publicou na posguerra ou deixou inéditos e só se fixeron públicos despois da súa morte. Tales textos son as novelas La puerta de paja, Gamalandalfa, El niño de dos cabezas de Promonta, Saitaphernes e algúns relatos de non menor interese, nos que Vicente Risco amosa o seu gusto polo fragmentario e por crear estruturas rizomáticas que lle prestan á súa escritura unha total actualidade.Item type: Item , Regreso a O porco de pé(Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, 2008) Morán Fraga, César C.Análise d’O porco de pé na que se pon de relevo como se leva a cabo a parodia dun tipo social, o comerciante castelán ou maragato, nesta obra do ourensán Vicente Risco e noutras de escritores galegos, tales como Eduardo Blanco Amor, Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, Ramón Otero Pedrayo ou Álvaro Cunqueiro. César C. Morán Fraga detense nas actitudes e funcións do narrador, fala do tempo e do espazo no que transcorre a acción, así como da caracterización dos personaxes que deambulan por esta novela. Destaca a presenza do humor e a ironía que, especialmente, aínda que non só, se reflicten na linguaxe ao servizo da parodia. Finalmente dáse conta polo miúdo da estrutura e desenvolvemento da acción nesta narración de Risco na que tamén se analizan aquelas pasaxes de maior modernidade en relación co momento da súa escrita.Item type: Item , O porco de pé ou a desilusión permanente. (Un exercicio da retórica da denigración)(Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, 2008) Martínez Teixeiro, AlvaA autora aborda as estratexias humorísticas utilizadas por Vicente Risco n’O porco de pé, co fin de plasmar un discurso social e moral pola vía do humor e da deformación grotesca da sociedade galega mediante a súa pintura distorsionada. Analiza os mecanismos retóricos e discursivos fundamentais dos que se vale Risco para plasmar o seu subxectivo pensar e sentir sobre as cousas, coma tal, o sarcasmo, a ironía, a denigratio, a transposición, o contraste, a parodia, a ruptura da liña narrativa, as desorbitadas enumeracións, os circunloquios, a caricatura ou a ambigüidade. Asemade, debulla a metáfora do porco, rica en suxestións operativas na enciclopedia dos lectores, e outras estratexias que xeran a comicidade e o absurdo, conformando unha armazón de procedementos e intencións acordes coa situación social retratada na novela e co desenmascaramento dos ideais da burguesía.Item type: Item , O porco de pé como cronografía(Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, 2008) Forcadela, ManuelA consideración d’O porco de pé como cronografía permítenos desvelar algúns aspectos que interveñen na construción ideolóxica que opera no interior da novela. A ollada que o autor dirixe sobre o tempo que está a describir non é unha ollada neutra, ocupada en dar conta fiel e exhaustiva dos avatares da historia de Galicia nos anos que median entre 1918, final da Primeira Guerra Mundial, e 1923, inicio da Ditadura de Primo de Rivera, senón que é unha ollada deturpada polas concepcións políticas e culturais de Vicente Risco. De maneira que a novela convértese, á marxe doutras consideracións, nunha peza de inestimábel valor coa que afrontarmos a evolución ideolóxica do seu autor e, tamén, nun elemento central no diálogo existente entre as diferentes partes da obra. Ademais resulta ser unha instantánea das posicións ideolóxicas presentes no tempo da súa redacción, cando Risco era xa consciente de que o seu papel central na dirección do galeguismo comezara a minguar.Item type: Item , Panorama histórico da literatura infantil colombiana(Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, 2008) Robledo, Beatriz HelenaNeste artigo a autora fai un percorrido polo desenvolvemento da literatura infantil colombiana. Iníciao cun repaso pola reelaboración da tradición oral colombiana, que bebe de tres vertentes: a española, a indíxena e a africana. Logo bota unha ollada ao tipo de lecturas que facían os nenos na época colonial, centradas na función de adoutrinamento á relixión católica. Durante o século XIX sinala a literatura costumista e a obra poética de Rafael Pombo como a única produción para a infancia. Localiza na década dos anos trinta do século XX o momento no que xorde a literatura infantil colombiana nos espazos culturais e no que se valora neno como suxeito cultural. Fai un achegamento á obra dos autores máis importantes deste período. Sitúa os anos setenta como unha época de rexurdimento da literatura infantil colombiana despois dun período de silencio debido á violencia dos anos cincuenta. Sinala a década dos anos noventa como un período no que se dá outro cambio importante na concepción da nenez e como isto se reflicte na concepción dos personaxes literarios capaces de percibir o mundo dende a súa propia visión. Finalmente reflexiona sobre a necesidade de que o país valore máis os nenos para lograr así un mellor desenvolvemento da literatura infantil en todo o seu circuíto, dende a produción, pasando pola inserción nos espazos académicos até a súa recepción.Item type: Item , Medievalite: António Nobre e o medievalismo finissecular(Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, 2008) Pereira, Paulo AlexandrePropõe-se, neste artigo, uma releitura da poética de António Nobre, nela discernindo a incidência e funcionalidade dos motivos medievais de matriz cavaleiresca, hagiográfica ou trovadoresca, de forma a demonstrar que esta medievalite consubstancia um éden privado que coliga infância pessoal e pátria.Item type: Item , Memoria e guerra civil na narrativa vasca (1937-2007)(Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, 2008) Kortazar, JonO obxectivo do traballo consiste en facer un percorrido pola narrativa vasca –novela e conto– sobre a Guerra Civil española. Identificáronse os principais momentos de produción da narrativa sobre o tema, así como os principais eixes xenéricos, dende o momento da experiencia e a propaganda até a recreación da guerra na obra dos novos escritores da terceira xeración.Item type: Item , As primeiras traducións de literatura infantil e xuvenil ao galego: normas de tradución, difusión e recepción(Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, 2008) Domínguez Pérez, MónicaTras a Guerra Civil española non se publica en galego ningún título infantil e xuvenil até 1966. Neste ano e no seguinte coedítanse con La Galera catro traducións do catalán e do castelán que son as pioneiras do sistema literario infantil e xuvenil galego. Neste artigo analizaranse as devanditas traducións dende diferentes puntos de vista: os seus produtores, características, achegas á literatura infantil galega, normas de tradución, recepción, etc. Deste xeito poderase observar como o nacemento da literatura infantil galega se atopa estreitamente vinculado aos polisistemas catalán e castelán.Item type: Item , A Escola Dramática Galega (1978-1994) e o sistema literario(Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, 2008) Biscaínho Fernandes, Carlos CaetanoA intervención realizada pola Escola Dramática Galega (EDG) durante algo máis de década e media –a cooperativa coruñesa tivo existencia legal entre os anos 1978 e 1994– no sistema teatral e, por extensión, no sistema cultural que o engloba, atinxiu unha diversidade e un calado que non é comparábel a outro colectivo semellante. Ademais, toda esta actividade ultrapasou A Coruña e alcanzou un número importante de cidades e vilas galegas e a voz da EDG estivo presente na práctica totalidade dos foros teatrais que xurdiron neste tempo. No presente traballo realízase unha análise da incidencia da EDG no ámbito concreto da literatura galega, a partir do modelo de achegamento fornecido polos paradigmas da Teoría de Polisistemas e do Campo Literario. Repásanse, así, as posibilidades repertoriais propostas dende a cooperativa coruñesa, tanto temáticas ou estilísticas, coma de produción e distribución, ora dende a promoción de iniciativas editoriais –deu á luz cento cinco Cadernos e cinco números do Boletín de Información Teatral–, ora dende o Concurso de Teatro Breve que organizou dende 1978 ou outro tipo de actividades, como a presentación de libros ou a celebración de conferencias e encontros.