O porco de pé ou a desilusión permanente. (Un exercicio da retórica da denigración)
Loading...
Identifiers
Publication date
Authors
Advisors
Tutors
Editors
Journal Title
Journal ISSN
Volume Title
Publisher
Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico
Abstract
A autora aborda as estratexias humorísticas utilizadas por Vicente
Risco n’O porco de pé, co fin de plasmar un discurso social e moral
pola vía do humor e da deformación grotesca da sociedade galega
mediante a súa pintura distorsionada. Analiza os mecanismos
retóricos e discursivos fundamentais dos que se vale Risco para
plasmar o seu subxectivo pensar e sentir sobre as cousas, coma tal,
o sarcasmo, a ironía, a denigratio, a transposición, o contraste, a
parodia, a ruptura da liña narrativa, as desorbitadas enumeracións,
os circunloquios, a caricatura ou a ambigüidade. Asemade,
debulla a metáfora do porco, rica en suxestións operativas na enciclopedia
dos lectores, e outras estratexias que xeran a comicidade
e o absurdo, conformando unha armazón de procedementos e
intencións acordes coa situación social retratada na novela e co
desenmascaramento dos ideais da burguesía.
Description
Keywords
Bibliographic citation
MARTÍNEZ TEIXEIRO, Alva: « O porco de pé ou a desilusión permanente. (Un exercicio da retórica da denigración)», Boletín Galego de Literatura, ISSN 0214-9117, N. 39-40, (1 e 2. Semestre 2008), pp. 185-209



