”The mark on the Wall”, de Virginia Woolf: análise e significación das formas narrativas
Loading...
Identifiers
Publication date
Authors
Advisors
Tutors
Editors
Journal Title
Journal ISSN
Volume Title
Publisher
Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico
Abstract
A complexidade atribuída á escrita de Virxinia Woolf atopou no
formato do relato curto un terreo óptimo para a experimentación de
novas fórmulas narrativas, rachando cos presupostos asociados á
novela burguesa en voga e deseñando as constantes que habían
marcar algunhas das grandes obras de Woolf (como, por exemplo,
To the lighthouse, The waves ou Mrs Dalloway). A riqueza dos seus
textos breves reside na condensación de trazos innovadores que
presentan, enmarcados nunha forma narrativa considerada menor
(pois os grandes enxeños debían entregarse á escritura en formato
estendido) e cun evidente pouso subversivo. Un dos relatos máis
significativos de Virxinia Woolf, “The mark on the wall” (1917),
ofrece ao lector actual unha serie infinda de interpretacións e de
motivos ben significativos que se erixirían –nalgúns casos– en
auténticos símbolos da narrativa de Woolf. O narrador subxectivado,
a ausencia de referencias espazo-temporais, a progresión elíptica
do argumento non son máis que as liñas principais sobre as que
se artella un relato de gran complexidade.
Description
Keywords
Bibliographic citation
FERNÁNDEZ SANTOMÉ, Cecilia: «”The mark on the Wall”, de Virginia Woolf: análise e significación das formas narrativas», Boletín Galego de Literatura, ISSN 0214-9117, N. 39-40, (1 e 2. Semestre 2008), pp. 257-268



