Panorama histórico da literatura infantil colombiana
Loading...
Identifiers
Publication date
Authors
Advisors
Tutors
Editors
Journal Title
Journal ISSN
Volume Title
Publisher
Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico
Abstract
Neste artigo a autora fai un percorrido polo desenvolvemento
da literatura infantil colombiana. Iníciao cun repaso pola reelaboración
da tradición oral colombiana, que bebe de tres vertentes: a
española, a indíxena e a africana. Logo bota unha ollada ao tipo
de lecturas que facían os nenos na época colonial, centradas na
función de adoutrinamento á relixión católica. Durante o século XIX
sinala a literatura costumista e a obra poética de Rafael Pombo
como a única produción para a infancia. Localiza na década dos
anos trinta do século XX o momento no que xorde a literatura infantil
colombiana nos espazos culturais e no que se valora neno como
suxeito cultural. Fai un achegamento á obra dos autores máis
importantes deste período. Sitúa os anos setenta como unha época
de rexurdimento da literatura infantil colombiana despois dun
período de silencio debido á violencia dos anos cincuenta. Sinala a
década dos anos noventa como un período no que se dá outro cambio
importante na concepción da nenez e como isto se reflicte na
concepción dos personaxes literarios capaces de percibir o mundo
dende a súa propia visión. Finalmente reflexiona sobre a necesidade
de que o país valore máis os nenos para lograr así un mellor
desenvolvemento da literatura infantil en todo o seu circuíto, dende
a produción, pasando pola inserción nos espazos académicos até
a súa recepción.
Description
Bibliographic citation
ROBLEDO, Beatriz Helena: «Panorama histórico da literatura infantil colombiana», Boletín Galego de Literatura, ISSN 0214-9117, N. 39-40, (1 e 2. Semestre 2008), pp. 119-153



