SNL-Unidades didácticas
Permanent URI for this collectionhttps://hdl.handle.net/10347/16363
Browse
Recent Submissions
Now showing 1 - 20 of 220
Item type: Item , O mundo do libro infantil nas aulas(Edicións USC, 2024) García Pedreira, Rocío; Neira Rodríguez, Marta; Ferreira Boo, Carmen; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Didácticas AplicadasEsta unidade didáctica constitúe a última das catro unidades que conforman a programación completa da materia Literatura Infantil e Dramatización. Nela trátanse contidos vinculados coas posibilidades dos libros-obxecto e dos libros informativos na aula de infantil.Item type: Item , A práctica teatral na infancia(Edicións USC, 2024) García Pedreira, Rocío; Neira Rodríguez, Marta; Ferreira Boo, Carmen; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Didácticas AplicadasEsta unidade didáctica constitúe a terceira das catro unidades que conforman a programación completa de Literatura Infantil e Dramatización. Nela fálase do teatro infantil e da literatura dramática, así como do proceso de programación de sesións de expresión dramática para a aula.Item type: Item , Produción literaria para a infancia(Edicións USC, 2024) García Pedreira, Rocío; Neira Rodríguez, Marta; Ferreira Boo, Carmen; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Didácticas AplicadasEsta unidade didáctica constitúe a segunda das catro unidades que conforman a programación completa da materia Literatura Infantil e Dramatización. Nela fálase dos clásicos da literatura de tradición oral e as súas reescrituras, das vinculacións entre narrativa infantil e ilustración e da poesía infantil.Item type: Item , Literatura, infancia e escola(Edicións USC, 2023) García Pedreira, Rocío; Neira Rodríguez, Marta; Ferreira Boo, Carmen; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Didácticas AplicadasLiteratura, infancia e escola é a primeira das catro unidades didácticas que compoñen a programación da materia Literatura Infantil e Dramatización. Nela comézase falando da importancia dos libros e da lectura na sociedade, para logo profundar a nivel teórico en conceptos como a literatura infantil, a educación literaria, a mediación lectora en contexto escolar e a educación en valores a través de obras literarias.Item type: Item , A iniciación deportiva e deporte escolar(Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, 2020) Cons Ferreiro, Miguel; Navarro Patón, Rubén; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Didácticas AplicadasA unidade didáctica denominada «A iniciación deportiva e o deporte escolar» forma parte da materia optativa de Mención en Educación Física «Xogos populares e xogos regulados en Educación Primaria», que se imparte dentro da titulación de Grao en Mestre ou Mestra de Educación Primaria.Item type: Item , A cooperación transfronteiriza e territorial(Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, 2015) Trillo Santamaría, Juan Manuel; Paül Carril, Valerià; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de XeografíaIntrodución as políticas de cooperación territorial e transfronteiriza da UE.Item type: Item , Variábeis ficticias e estabilidade mostral(Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, 2012) Guntín Araújo, Xulia; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Economía CuantitativaO contido que desenvolvemos nesta unidade didáctica ten por obxecto abordar o coñecemento das variábeis ficticias e as súas aplicacións. Estas variábeis se ben non supoñen unha complicación metodolóxica adicional teñen un especial interese polas súas múltiples e interesantes aplicacións nos estudos econométricos. Son esenciais cando se realizan estudos baseados en microdatos (no ámbito da microeconometría e decisión) para incorporar efectos cualitativos na especificación dun modelo ou para avaliar a existencia de cambios estruturais.Item type: Item , O mundo occidental despois de 1945. Crecemento económico e Estado de Benestar(Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, 2013) Muñoz Abeledo, Luisa; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Historia Contemporánea e de AméricaA unidade tres parte do fin da Segunda Guerra Mundial, cando se abre camiño a idea de que é necesario establecer un marco de relacións económicas internacionais baseado na cooperación e na integración económica. Mentres que na unidade que a antecede, a dúas, explícanse a recuperación de posguerra e as iniciativas para restablecer o sistema monetario internacional (acordos Bretton Woods), o fomento do comercio externo (GATT) e de axuda ao desenvolvemento (Plan Marshall, BIRD), nesta terceira unidade explícanse os factores de crecemento económico e os principais elementos do Estado de Benestar. Asemade, dentro do módulo do que forma parte a materia de Historia do Mundo Actual, que é Mundo actual: comprensión e evolución contemporánea, esta unidade complementa os coñecementos adquiridos na materia “Institucións Políticas e Movementos Sociais Contemporáneos” polo que atinxe a análise das políticas keynesianas e dos movementos sociais contemporáneos (feminismo, movemento estudiantil dos anos sesenta). Tamén constitúe unha excelente marco para coñecer as bases do funcionamento dos principais organismos internacionais que se desenvolven nesta segunda fase de mundialización da economía (GATTT, FMI) e da liberalización dos mercados de factores. Neste sentido a nosa unidade axuda a sentar as bases dos temas 4 do bloque 1 e 7 do bloque 2 da materia “Fundamentos de Economía da información”. Por último, relaciónase co tema 7 da materia “Métodos de investigación”, obrigatoria de terceiro curso, xa que dentro das actividades prácticas prItem type: Item , Condución de calor en réxime non estacionario: determinación de propiedades de transporte(Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, 2013) Vázquez Vila, María José; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Enxeñaría QuímicaA unidade didáctica Condución de calor en réxime non estacionario: determinación de propiedades de transporte está incluída na materia Experimentación en Química Industrial 1 que se imparte no primeiro semestre do terceiro curso do grao en Enxeñaría de Procesos Químicos Industriais, é de carácter obrigatorio e pertence ao bloque de tecnoloxía específica en Química Industrial. É unha materia, de carácter totalmente práctico, polo tanto o seu desenvolvemento farase integramente no laboratorio. A materia divídese en 48 horas de prácticas de laboratorio e 3 horas de titorías en grupo, actividades todas elas de carácter presencial obrigatorio. O profesor ten ao seu cargo ata 25 estudantes que estarán no laboratorio realizando prácticas durante 16 días en sesións de 3 horas. A presente unidade didáctica terá unha duración aproximada de 9 horas. Así nesta materia preténdese poñer en práctica os coñecementos teóricos adquiridos noutras materias estudadas durante o primeiro e segundo curso da titulación, como son: Fundamentos da Enxeñaría de Procesos Químicos Industriais, Operacións Básicas, Transferencia de Materia, Transporte de Fluídos e Transmisión de Calor. Concretamente esta unidade didáctica correspóndese con algúns dos contidos traballados nas materias Operacións Básicas e Transmisión de Calor.Item type: Item , Hidrogramas(Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, 2013) Valcárcel Armesto, Montserrat; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Enxeñaría AgroforestalA presente Unidade Didáctica (en adiante UD) encádrase dentro do Bloque Temático I da materia Hidroloxía, onde se caracterizan os distintos procesos que determinan a hidroloxía superficial. Para iso é preciso coñecer e definir o ciclo hidrolóxico e os procesos do escoamento superficial (UD II, III e IV), ademais de coñecer a importancia da unidade de traballo en hidroloxía: a conca hidrolóxica e ser capaces de delimitala. O hidrograma ten unha importancia capital na hidroloxía xa que é a representación do caudal de saída dunha conca en función do tempo, polo tanto, é o produto final do ciclo hidrolóxico. O caudal de saída nunha conca é a única variable que se pode cuantificar, como produto final, e serve de base para poder facer o estudo dos recursos hídricos dunha conca hidrolóxica. O hidrograma é polo tanto o resultado da relación chuvia – escoamento nunha conca e isto é produto das condicións meteorolóxicas, fisiográficas e de usos do solo. Nestas condicións os hidrólogos só poden actuar sobre os usos do solo, onde se pode influír de maneira significativa, xa que unha conca onde temos harmonicamente distribuídos os usos do solo, principalmente cunha boa cuberta vexetal, terá un mellor comportamento hidrolóxico no caso de situacións excepcionais de precipitacións. Esta unidade didáctica está deseñada para ser desenvolvida en 10 horas (5 sesións de clases teóricas, 2 de seminarios, e unha práctica de laboratorio de 3 horas).Item type: Item , Introdución ao control de procesos químicos(Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, 2013) Soto Campos, Ana María; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Enxeñaría QuímicaA presente Unidade didáctica (en diante UD) encádrase no primeiro Bloque da materia “Instrumentación e Control de Procesos” do terceiro curso do Grao en Enxeñaría de Procesos Químicos Industriais. É a única UD do bloque introdutorio. Pretende dar unha idea global de que é o control de procesos químicos e cal é a súa utilidade, cales son as técnicas dispoñíbeis e a instrumentación necesaria para implementalas. Amosará ao alumnado que dependendo dos obxectivos e investimentos a realizar, poden deseñarse dende sistemas de control moi básicos ata os máis complexos. Esta unidade permitirá adquirir a linguaxe propia do control de procesos e recoñecer as súas representacións, establece por tanto a base da disciplina. A unidade será impartida en nove horas: seis de contidos teóricos, dúas de traballo do alumnado en clases interactivas e unha hora de avaliación. Polo seu carácter xeral, esta UD é idónea non só no Grao para o que está formulada senón para todos aqueles que desexen “entender” o control de procesos sen entrar nos seus aspectos cuantitativos. Neste caso, a duración da docencia depende dos obxectivos do profesorItem type: Item , Creación de procesos(Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, 2013) Rodil Rodríguez, Eva; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Enxeñaría QuímicaEsta unidade didáctica (en adiante, UD) denominada «Creación de procesos» forma parte da materia «Procesos de Química Industrial», optativa da Orientación Enxeñaría de Procesos, que se imparte no primeiro semestre do 4º curso do Grao en Enxeñaría Química. Nesta materia trátase a descrición e análise dos procesos químicos industriais máis amplamente establecidos, tendo en conta non só as materias primas implicadas e os produtos obtidos, senón tamén a descrición detallada do propio proceso e a análise e control das súas variables fundamentais. Faise un estudo detallado de procesos de química industrial: descrición, diagrama de fluxo, unidades de operación e sistemas de control, e por último se aborda a simulación de procesos. Esta UD pertence o bloque I de Análise e deseño de procesos químicos, na UD precedente o estudantado debe acadar coñecementos sobre a avaliación do problema primitivo e a análise e selección de alternativas. Esta UD pretende dar unha idea global de cales son os pasos necesarios para a creación dun proceso químico, as técnicas dispoñibles e os coñecementos necesarios para poder implantalas. Os contidos desta unidade didáctica serán desenvolvidos nunhas 7 horas distribuídas da seguinte maneira: 4 horas de clases expositivas, contidos teóricos, 2 horas de traballo do alumnado nas clases interactivas e 1 hora de titoría en grupo para dar as primeiras indicacións necesarias para desenvolver o traballo en grupo. Esta UD ten un carácter xeral e pode ser utilizada non só no grao para o que está formulada senón para todos aqueles que desexen estudar os pasos necesarios para a creación dun proceso químico.Item type: Item , Xestión ambiental e control de calidade na industria forestal(Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, 2013) Marey Pérez, Manuel; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Enxeñaría AgroforestalEsta unidade didáctica serve de peche ao primeiro módulo da programación da materia “Xestión Ambiental e Control de Calidade na Industria Forestal (G4071442)” do cuarto curso do Grao en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural dentro do grupo de materias G4071M12 de Intensificación en Industrias Forestais. No primeiro módulo dedicado a xestión medioambiental da industria forestal consta de dous temas con cadansúa unidade didáctica. No primeiro tema (Ud1) preséntanse os conceptos básicos relativos as características e a posta en marcha dos sistemas de xestión medioambiental (SXMA) tanto para empresas como organizacións A continuación, no segundo tema (Ud2), estúdanse os conceptos fundamentais, as bases teóricas a utilidade e importancia e a normativa para a implantación das técnicas de Ecodeseño. No módulo II, dedicado ao control de calidade da industria forestal, estrutúrase en dous temas. No primeiro deles (Ud3) analízase a definición da calidade, a garantía na produción industrial, a normalización dos procesos produtivos e as ferramentas estatísticas utilizadas. No segundo tema do módulo (Ud4) aplícanse os conceptos do tema anterior a empresa analizando a forma máis efectiva de facelo xunto coa normativización do proceso que permite a súa certificación.Item type: Item , Hidrostática(Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, 2013) López Moreira, Iván; Carballo Sánchez, Rodrigo; Castro Ponte, Alberte; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Enxeñaría AgroforestalEsta unidade didáctica forma parte da materia Hidráulica I do segundo curso do Grao en Enxeñaría Civil, que se dedica a sentar as bases da enxeñaría hidráulica. Dita materia ten unha carga de 6 créditos ECTS e impártese no primeiro semestre. De entrada non existe ningún prerrequisito legal para poder cursar esta materia. Non obstante, considérase recomendable ter cursado previamente, e superado con éxito, Matemáticas I, II e III e Física I e II, por proporcionar unha base axeitada para a correcta comprensión da materia. Na primeira unidade da materia (UD1), preséntanse os conceptos básicos relacionados coa mecánica de fluídos, desde o seu obxecto ata as súas aplicacións, para rematar co estudo das propiedades dos fluídos. A continuación, na presente unidade didáctica (UD2), estúdanse os conceptos fundamentais da hidrostática. Esta unidade céntrase no estudo da distribución de presións nun fluído estático e nos seus efectos sobre una superficie sólida, así como sobre corpos flotantes e somerxidos. Os seguintes dous temas dedícanse ao estudo dos fluídos en movemento. En primeiro lugar, preséntanse os aspectos relacionados co movemento dos fluídos desde un punto de vista descritivo (UD3), é dicir, sen atender as causas que o provocan. Na seguinte unidade (UD4) explícanse as causas que orixinan dito movemento, describindo as tres ecuacións fundamentais da mecánica de fluídos: a ecuación de continuidade, a ecuación da cantidade de movemento e a ecuación da conservación da enerxía. Finalmente, na derradeira unidade da materia (UD5), expóñense os conceptos básicos da análise dimensional, impartindo nocións básicas de modelización física. A presente unidade didáctica ten asignadas seis horas de clase de carácter expositivo nas que se desenvolverán os seus contidos; e nove horas de seminario interactivo onde se realizarán exercicios.Item type: Item , O focómetro de ocular(Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, 2013) Flores Seijas, José Ramón; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Física AplicadaEsta unidade didáctica corresponde ao estudo do focómetro, instrumento utilizado para a medida das potencias das lentes oftálmicas, que resulta imprescindíbel no lugar de traballo de calquera profesional relacionado co coidado visual: oftalmólogo, optometrista, óptico, ou técnico de óptica. Este estudo consta de dúas partes, diferentes mais relacionadas. Por unha banda estúdanse as bases teóricas do instrumento, nas aulas expositivas; e por outra, nas aulas interactivas e xa no obradoiro, apréndese a utilizar o instrumento: véndose as diferentes operacións que se poden realizar con el, en función dos distintos tipos de lentes. O groso do estudo é a parte práctica, que é por outra banda a que máis utilidade ten para os futuros profesionais. Mais non seria un estudo científico sen esclarecer, mesmo brevemente, os principios teóricos nos que se basea. O estudo teórico non pode ser exhaustivo, pois os alumnos de Óptica Oftálmica I non teñen por que ter estudado previamente a Instrumentación Óptica, que no actual plano de estudo do Grao de Óptica e Optometría se cursa simultaneamente con Óptica Oftálmica I. Mais cos coñecementos que xa teñen de Óptica Xeométrica pode entender sen demasiadas dificultades o funcionamento básico, a nivel óptico, do instrumento estudado.Item type: Item , Informática(Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, 2013) Arias Jordán, Efrén; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Electrónica e ComputaciónA variedade de plataformas de programación dispoñibles hoxe en día é moi ampla e está en constante evolución. Nesta Unidade Didáctica preséntanse os fundamentos de programación que hai entodas as linguaxes de programación, e en particular en Linguaxe C e C++, para que o alumnado, partindo dun problema sinxelo, sexa capaz de atopar un algoritmo que o resolva. Para acadar iso, mostrarase como desenvolver programas sinxelos e os fundamentos de programación que hai detrás Móstranse os conceptos básicos, comúns a todas as linguaxes de programación e en particular na linguaxe C e C++, e unha metodoloxía para desenvolver programas de forma sistemática e eficiente. Así mesmo procúrase introducir os tres tipos básicos de sentenzas de control: secuencia, selección e iteración, explicando en profundidade a súa sintaxe e semántica, de xeito que o alumnado sexa capaz de implementar ditas estruturas de control en linguaxe C ou C++ e os fundamentos da Programación Estruturada. A formulación desta unidade didáctica é eminentemente práctica, de xeito que o alumnado dispoña dunha ampla variedade de exemplos que lle permita acadar as competencias transversais e específicas da materia na que está inmersa esta UD. A duración da presente UD e de 15 horas de docencia expositiva e interactiva, deixando a parte de actividades para a resolución das mesmas por parte do alumnado, fora do horario académicoItem type: Item , Introdución á estratexia(Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, 2013) Vila Vázquez, Guadalupe; Vázquez Rodríguez, Paula; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Organización de Empresas e ComercializaciónTódalas organizacións enfróntanse ó desafío que supón o establecer unha orientación estratéxica. Debido á dura competencia entre as empresas e a incerteza e turbulencia da contorna actual, cada vez faise máis necesario para os empresarios e altos directivos dedicaren un maior esforzo á determinación da estratexia empresarial. Este maior esforzo diríxese tanto á análise do posicionamento estratéxico como á elección e implantación da estratexia na empresa. E ten a finalidade de obter unha vantaxe competitiva sostible sobre a competencia, que lle permita acadar un resultado superior ó do resto dos competidores. A materia Estratexia Empresarial, correspondente ó 4º curso do grao en Administración e Dirección de Empresas, recolle os contidos relativos a estratexia no marco empresarial. O seu obxectivo e dotar o alumnado dun marco para a análise da estratexia empresarial, sendo os seus elementos básicos: a) coñecer o posicionamento estratéxico da empresa, en termos da súa posición con respecto a contorna xeral e sectorial e da súa capacidade estratéxica, b) a toma de eleccións estratéxicas, e c) a posta en práctica da estratexia. Cada un destes elementos representa unha unidade didáctica no programa da propia materia. A unidade didáctica I. Introdución á Estratexia pretende actuar como tema introdutorio para o resto das unidades didácticas da materia e refrescar diversos conceptos que o alumnado adquiriu en materias anteriores da titulación, en concreto na materia Fundamentos de Dirección de Empresas do 1º curso do grao en Administración e Dirección de Empresas. Así mesmo, buscarase que o alumnado sexa capaz de identificar diversos feitos acontecidos na realidade empresarial, os que fan referencia ós xornais, á televisión e outros medios de comunicación, como integrantes da estratexia empresarial. Esta unidade didáctica está deseñada para ser desenvolvida en 6 horas e media, distribuídas en 2 horas e media de teoría e 4 de práctica.Item type: Item , Empresa e páxinas web(Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, 2013) Vidal Portabales, José Ignacio; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Dereito Mercantil e do TraballoA Unidade Didáctica denominada Empresa e páxinas web desenvolve unha parte da materia Dereito da Empresa pertencente á titulación de Grado de Dirección e Administración de Empresas; corresponde basicamente ás leccións 13 e 17 do Programa da materia. No entanto, pola súa formulación, será de utilidade para preparar tamén temas correspondentes ás leccións 10 (Dereito da Competencia), 11 (Competencia desleal e publicidade comercial) e 12 (Dereito da Propiedade Industrial). Esta materia forma parte das chamadas materias de Formación Básica. Esta Unidade Didáctica localízase principalmente no bloque dedicado ao Réxime Xurídico da Actividade Empresarial. Ten por destinatarios os alumnos de primeiro curso.Item type: Item , Grupos e equipos de traballo(Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, 2011) Hermo López, María TeresaEsta unidade didáctica denominada Grupos e equipos de traballo forma parte da materia optativa Psicoloxía dos grupos e equipos de traballo que se imparte no primeiro cuadrimestre do terceiro e cuarto curso dentro da titulación de grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos. Para poder obter o máximo aproveitamento, en xeral, recoméndase que o alumno teña superada a materia de Psicoloxía do Traballo, Socioloxía do Traballo e Comportamento Organizacional xa que isto lle permitirá ter uns coñecementos previos que lle axudarán a comprender e contextualizar os temas a impartir. A materia versa sobre os grupos e equipos de traballo dende un punto de vista teórico e práctico. Trátase dunha materia optativa xeral cunha carga lectiva de 4,5 créditos. Dividirase en partes: • Na primeira parte, dáse un enmarque conceptual da psicoloxía dos grupos, faise unha breve recensión histórica e téñense en conta os procesos que interveñen no comportamento dos individuos. Trabállanse definicións e conceptos. • Posteriormente verase a implicación do comportamento dos individuos cando forman un grupo, as características distintivas de grupos e equipos así como as vantaxes e inconvenientes de pertencer a grupos e equipos de traballo. • Paralelamente comezarase a traballar a nivel práctico os aspectos relacionados cos procesos que interveñen no comportamento humano: percepción, aprendizaxe, comunicación, etc para máis adiante extrapolalo aos grupos de traballo nas organizacións. Esta primeira unidade é introdutoria e pretende servir de apoio para o resto do temario. A súa incorporación vén xustificada pola necesidade de acadar un dominio daqueles contidos teóricos e metodolóxicos que se consideran básicos e que nos servirán como introdución das prácticas. E ademais pola conveniencia de crear un contexto inicial uniforme, que pode favorecer a adquisición de coñecementos semellantes e ademais unha linguaxe común e unha actitude positiva cara á materia.Item type: Item , Os efectos da declaración do concurso(Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, 2011) Santín Sánchez, Ana VictoriaEsta unidade didáctica, Os efectos da declaración do concurso, forma parte da materia optativa Dereito Concursal e Cambiario, de terceiro curso de Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos impartido na E.U. de Relacións Laborais de Lugo (adscrita á USC). O horario está estruturado en clases de hora e media.Impártese no primeiro cuadrimestre, segundo calendario marcado pola USC.