Creación de procesos
Loading...
Identifiers
Publication date
Authors
Advisors
Tutors
Editors
Journal Title
Journal ISSN
Volume Title
Publisher
Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico
Abstract
Esta unidade didáctica (en adiante, UD) denominada «Creación de
procesos» forma parte da materia «Procesos de Química Industrial»,
optativa da Orientación Enxeñaría de Procesos, que se imparte no primeiro
semestre do 4º curso do Grao en Enxeñaría Química. Nesta materia trátase
a descrición e análise dos procesos químicos industriais máis amplamente
establecidos, tendo en conta non só as materias primas implicadas e os
produtos obtidos, senón tamén a descrición detallada do propio proceso e a
análise e control das súas variables fundamentais. Faise un estudo
detallado de procesos de química industrial: descrición, diagrama de fluxo,
unidades de operación e sistemas de control, e por último se aborda a
simulación de procesos.
Esta UD pertence o bloque I de Análise e deseño de procesos
químicos, na UD precedente o estudantado debe acadar coñecementos
sobre a avaliación do problema primitivo e a análise e selección de
alternativas. Esta UD pretende dar unha idea global de cales son os pasos
necesarios para a creación dun proceso químico, as técnicas dispoñibles e
os coñecementos necesarios para poder implantalas.
Os contidos desta unidade didáctica serán desenvolvidos nunhas 7
horas distribuídas da seguinte maneira: 4 horas de clases expositivas,
contidos teóricos, 2 horas de traballo do alumnado nas clases interactivas e
1 hora de titoría en grupo para dar as primeiras indicacións necesarias para
desenvolver o traballo en grupo.
Esta UD ten un carácter xeral e pode ser utilizada non só no grao
para o que está formulada senón para todos aqueles que desexen estudar
os pasos necesarios para a creación dun proceso químico.
Description
Keywords
Bibliographic citation
Relation
Has part
Has version
Is based on
Is part of
Is referenced by
Is version of
Requires
Sponsors
Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Normalización Lingüística
Rights
Atribución-NoComercial-CompartirIgual 4.0 Internacional








