Introdución á estratexia
Loading...
Identifiers
Publication date
Advisors
Tutors
Editors
Journal Title
Journal ISSN
Volume Title
Publisher
Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico
Abstract
Tódalas organizacións enfróntanse ó desafío que supón o establecer unha
orientación estratéxica. Debido á dura competencia entre as empresas e a
incerteza e turbulencia da contorna actual, cada vez faise máis necesario
para os empresarios e altos directivos dedicaren un maior esforzo á
determinación da estratexia empresarial. Este maior esforzo diríxese tanto á
análise do posicionamento estratéxico como á elección e implantación da
estratexia na empresa. E ten a finalidade de obter unha vantaxe competitiva
sostible sobre a competencia, que lle permita acadar un resultado superior ó
do resto dos competidores.
A materia Estratexia Empresarial, correspondente ó 4º curso do
grao en Administración e Dirección de Empresas, recolle os contidos
relativos a estratexia no marco empresarial. O seu obxectivo e dotar o
alumnado dun marco para a análise da estratexia empresarial, sendo os
seus elementos básicos: a) coñecer o posicionamento estratéxico da
empresa, en termos da súa posición con respecto a contorna xeral e
sectorial e da súa capacidade estratéxica, b) a toma de eleccións
estratéxicas, e c) a posta en práctica da estratexia. Cada un destes
elementos representa unha unidade didáctica no programa da propia
materia.
A unidade didáctica I. Introdución á Estratexia pretende actuar como
tema introdutorio para o resto das unidades didácticas da materia e
refrescar diversos conceptos que o alumnado adquiriu en materias
anteriores da titulación, en concreto na materia Fundamentos de Dirección
de Empresas do 1º curso do grao en Administración e Dirección de
Empresas. Así mesmo, buscarase que o alumnado sexa capaz de identificar
diversos feitos acontecidos na realidade empresarial, os que fan referencia
ós xornais, á televisión e outros medios de comunicación, como integrantes
da estratexia empresarial. Esta unidade didáctica está deseñada para ser
desenvolvida en 6 horas e media, distribuídas en 2 horas e media de teoría
e 4 de práctica.
Description
Keywords
Bibliographic citation
Relation
Has part
Has version
Is based on
Is part of
Is referenced by
Is version of
Requires
Sponsors
Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Normalización Lingüística
Rights
Atribución-NoComercial-CompartirIgual 4.0 Internacional








