Introdución ao control de procesos químicos
Loading...
Identifiers
Publication date
Authors
Advisors
Tutors
Editors
Journal Title
Journal ISSN
Volume Title
Publisher
Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico
Abstract
A presente Unidade didáctica (en diante UD) encádrase no primeiro Bloque da materia “Instrumentación e Control de Procesos” do terceiro curso do Grao en Enxeñaría de Procesos Químicos Industriais. É a única UD do bloque introdutorio. Pretende dar unha idea global de que é o control de procesos químicos e cal é a súa utilidade, cales son as técnicas dispoñíbeis e a instrumentación necesaria para implementalas. Amosará ao alumnado que dependendo dos obxectivos e investimentos a realizar, poden deseñarse dende sistemas de control moi básicos ata os máis complexos.
Esta unidade permitirá adquirir a linguaxe propia do control de procesos e recoñecer as súas representacións, establece por tanto a base da disciplina.
A unidade será impartida en nove horas: seis de contidos teóricos, dúas de traballo do alumnado en clases interactivas e unha hora de avaliación.
Polo seu carácter xeral, esta UD é idónea non só no Grao para o que está formulada senón para todos aqueles que desexen “entender” o control de procesos sen entrar nos seus aspectos cuantitativos. Neste caso, a duración da docencia depende dos obxectivos do profesor
Description
Keywords
Bibliographic citation
Relation
Has part
Has version
Is based on
Is part of
Is referenced by
Is version of
Requires
Sponsors
Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Normalización Lingüística
Rights
Atribución-NoComercial-CompartirIgual 4.0 Internacional








