Informática
Loading...
Identifiers
Publication date
Authors
Advisors
Tutors
Editors
Journal Title
Journal ISSN
Volume Title
Publisher
Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico
Abstract
A variedade de plataformas de programación dispoñibles hoxe en día é moi
ampla e está en constante evolución. Nesta Unidade Didáctica preséntanse
os fundamentos de programación que hai entodas as linguaxes de
programación, e en particular en Linguaxe C e C++, para que o alumnado,
partindo dun problema sinxelo, sexa capaz de atopar un algoritmo que o
resolva. Para acadar iso, mostrarase como desenvolver programas sinxelos
e os fundamentos de programación que hai detrás
Móstranse os conceptos básicos, comúns a todas as linguaxes de
programación e en particular na linguaxe C e C++, e unha metodoloxía para
desenvolver programas de forma sistemática e eficiente.
Así mesmo procúrase introducir os tres tipos básicos de sentenzas
de control: secuencia, selección e iteración, explicando en profundidade a
súa sintaxe e semántica, de xeito que o alumnado sexa capaz de
implementar ditas estruturas de control en linguaxe C ou C++ e os
fundamentos da Programación Estruturada.
A formulación desta unidade didáctica é eminentemente práctica, de
xeito que o alumnado dispoña dunha ampla variedade de exemplos que lle
permita acadar as competencias transversais e específicas da materia na
que está inmersa esta UD.
A duración da presente UD e de 15 horas de docencia expositiva e
interactiva, deixando a parte de actividades para a resolución das mesmas
por parte do alumnado, fora do horario académico
Description
Keywords
Bibliographic citation
Relation
Has part
Has version
Is based on
Is part of
Is referenced by
Is version of
Requires
Sponsors
Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Normalización Lingüística
Rights
Atribución-NoComercial-CompartirIgual 4.0 Internacional






