Condución de calor en réxime non estacionario: determinación de propiedades de transporte
Loading...
Identifiers
Publication date
Authors
Advisors
Tutors
Editors
Journal Title
Journal ISSN
Volume Title
Publisher
Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico
Abstract
A unidade didáctica Condución de calor en réxime non estacionario:
determinación de propiedades de transporte está incluída na materia
Experimentación en Química Industrial 1 que se imparte no primeiro
semestre do terceiro curso do grao en Enxeñaría de Procesos Químicos
Industriais, é de carácter obrigatorio e pertence ao bloque de tecnoloxía
específica en Química Industrial. É unha materia, de carácter totalmente
práctico, polo tanto o seu desenvolvemento farase integramente no
laboratorio.
A materia divídese en 48 horas de prácticas de laboratorio e 3
horas de titorías en grupo, actividades todas elas de carácter presencial
obrigatorio.
O profesor ten ao seu cargo ata 25 estudantes que estarán no
laboratorio realizando prácticas durante 16 días en sesións de 3 horas. A
presente unidade didáctica terá unha duración aproximada de 9 horas.
Así nesta materia preténdese poñer en práctica os coñecementos
teóricos adquiridos noutras materias estudadas durante o primeiro e
segundo curso da titulación, como son: Fundamentos da Enxeñaría de
Procesos Químicos Industriais, Operacións Básicas, Transferencia de
Materia, Transporte de Fluídos e Transmisión de Calor.
Concretamente esta unidade didáctica correspóndese con algúns
dos contidos traballados nas materias Operacións Básicas e Transmisión
de Calor.
Description
Keywords
Bibliographic citation
Relation
Has part
Has version
Is based on
Is part of
Is referenced by
Is version of
Requires
Sponsors
Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Normalización Lingüística
Rights
Atribución-NoComercial-CompartirIgual 4.0 Internacional







