A patria enteira : homenaxe a Xosé Ramón Barreiro Fernández

Permanent URI for this collectionhttps://hdl.handle.net/10347/12542

Browse

Recent Submissions

Now showing 1 - 19 of 19
  • Item type: Item ,
    Poder e representación política en Galiza (1790-1856). Avance de investigación e algunas premisas de partida
    (Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, 2008) Veiga Alonso, Xosé Ramón; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Historia Contemporánea e de América
    No capítulo “A política” da moi popular Historia de Galicia IV. Edade contemporánea editada por Galaxia en 1981, o profesor Barreiro afirmaba que “o tratamento da chamada historia política non pode ser alleo ó contexto dialéctico no que nos movemos”, unha argumentación que máis adiante completaba coa presentación da política como manifestación externa dos movementos de base e da loita de clases. Facía explícito, xa que logo, o peso teórico que o materialismo histórico tiña na súa investigación. Ao tempo, e sen desprezar a compoñente exemplificativa das traxectorias individuais, engadía que “as actitudes individuais non teñen comprensión histórica senón están enmarcadas no grupo social que as fixeron posíbel” (p. 229), o que redundaba na súa aposta por unha historia na que o colectivo debía primar sobre do individual.
  • Item type: Item ,
    Reflexións ao redor do encontro entre a masonería e os movementos revolucionarios
    (Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, 2008) Valín Fernández, Alberto
    Aínda que a historiografía española universitaria que se dedicou e se dedica ao estudo da masonería non carece de bos exemplos de bo facer metodolóxico e discursivo, por desgraza tamén posúe excesivos exemplos de todo o contrario. Por iso xulgo necesario iniciar este discurso cunha breve análise da situación que, desde hai máis dun cuarto de século, se vén dando nos ambientes masonolóxicos españois. Espero que todo isto que a continuación ofrezo aos lectores provoque, sobre todo na reducida comunidade científica española ou hispanista da chamada masonoloxía —ou ata nos masonólogos que, como Luis P. Martín, non se senten incluídos por ese novo vocábulo acuñado por Alec Mellor—, o correspondente debate que, infrutuosa e reiteradamente, veño buscando, desde 1989, co san propósito de facer madurar dalgún xeito os discursos de tantos historiadores que comparten comigo a mesma liña de investigación e que, en demasiadas ocasións, nos regalaron e seguen regalando coa súa pertinaz desidia ou cos seus torpes e parciais discursos. Uns coas súas contumaces e obcecadas posturas persoais, intentando converter febles hipóteses de traballo en pontificais sentenzas como, verbigracia, a completamente insostible teoría historiográfica sobre o apoliticismo da masonería histórica española sostida por José Antonio Ferrer Benimeli.
  • Item type: Item ,
    A persecución política da muller. Lucenses detidas no cárcere provincial de Lugo (1936-1940)
    (Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, 2008) Souto Blanco, María Jesús; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Historia Contemporánea e de América
    O estudo da poboación reclusa feminina durante a Guerra Civil e o franquismo é, aínda hoxe, un aspecto pouco explorado da actividade represiva do réxime. As aproximacións ao tema que teñen como poboación diaria o colectivo das reclusas son moi escasas, predominando a literatura testemuñal feminina ou os estudos de caso, que non permiten unha visión global da dinámica penitenciaria.Esta carencia cobra especial relevancia en Galicia onde as mulleres sufriron unha particular represión polo apoio ou simplemente, pola súa relación cos fuxidos. O estudo indiferenciado da poboación reclusa masculina e feminina non permite coñecer o patrón desta por canto a primeira, moi superior en termos cuantitativos, enmascara as especificidades que afectan ao xénero feminino non só en relación ás variábeis universais (idade, profesión, estado civil...), senón tamén ao tipo de delito ou a evolución dos ingresos. Este traballo pretende caracterizar a represión carceraria exercida sobre as lucenses por motivos políticos a través, fundamentalmente, da análise dos Libros de Rexistro de Entrada e expedientes procesuais da poboación reclusa feminina da Prisión Provincial de Lugo.
  • Item type: Item ,
    Interinidade e conflitividade: dinámica institucional do Concello de Lugo na Segunda República
    (Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, 2008) Somoza Cayado, Antonio
    A arquitectura institucional do Estado no período republicano, ben como resultado directo ou indirecto da vontade popular, exerce un rol relevante no proceso de cambio social que arelaban amplos sectores sociais co advimento da República, facendo patente a aplicación de novas políticas dende a óptica reformista. Non obstante, a situación política e social vivida a nivel estatal, con tres convocatorias de eleccións a Cortes —unha delas repetida— e unha constante fluctuación na composición dos gobernos debido á inestabilidade das coalicións estabelecidas, reproducíndose sucesivas crises; dará como resultado unhas institucións en constante interinidade e escasamente representativas da soberanía popular: os vaivéns de gobernadores civís de distinto signo político segundo a conformación do goberno levarán á modificación das xestoras provinciais e locais, debido á demora dunha lei de réxime local e da convocatoria de eleccións municipais.
  • Item type: Item ,
    El estado autonómico y los nacionalismos en España
    (Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, 2008) Rodríguez-Arana Muñoz, Jaime
    En el panorama político español diversas circunstancias, de calado distinto también, han conducido a centrar la reflexión de los políticos y de los juristas en determinados aspectos de nuestra Constitución, y particularmente en uno sustantivo, como es el de la organización territorial del Estado. En buena parte esta atención es debida a la contestación que desde determinados nacionalismos se hace al ordenamiento constitucional vigente, bien negándolo en su totalidad y ejerciendo en el discurso un rechazo completo de la Constitución, aún admitiendo el orden constitucional como marco adecuado para articular democráticamente ese rechazo; bien, aún aceptando básicamente el texto constitucional y resaltando sus virtualidades, proponiendo una lectura que conduce de hecho —y a veces de un modo explícito— a la negación de concepciones que el constituyente consideró fundantes del mismo orden constitucional.
  • Item type: Item ,
    “...en este municipio no se conocía otra política que la de los bandos”. Unha aproximación ó poder local na provincia de Ourense (1917-1936)
    (Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, 2008) Prada Rodríguez, Xulio
    O nacemento e a permanencia do clientelismo político explícanse, en boa medida, pola imposibilidade do Estado liberal para canalizar e dar resposta ás diversas demandas da poboación, ocupar unha serie de espazos e asumir un número crecente de tarefas e obrigas cuxa satisfacción debe, en parte, delegar nunha serie de intermediarios. Loxicamente, o papel destes últimos tende a potenciarse a medida que se incrementa a dependencia e o baleiro comunicativo da sociedade respecto a instancias externas de poder, pois só co seu concurso resulta posible defender os intereses privativos dunha comunidade, colectivo ou individuo e acceder ós insuficientes e, polo mesmo, disputados recursos públicos. Os observatorios locais resultan especialmente axeitados para profundar en todos estes aspectos, pois constitúen o escenario histórico onde se libra esa negociación permanente entre o Estado (simbolizado pola figura do deputado do distrito e os seus funcionarios), os intermediarios e as elites locais e a masa cidadá. Como a historiografía ten sinalado reiteradamente, os actores que a protagonizan ostentan un status desigual, e desigual é tamén o intercambio mutuo que resulta da mesma, por máis que sempre responda á mesma lóxica: o tráfico de votos por favores.
  • Item type: Item ,
    El movimiento estudiantil universitario de Valladolid en el último decenio del franquismo
    (Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, 2008) Palomares Ibáñez, Jesús María
    Desde el orto del franquismo y al menos durante dos décadas largas el tono dominante en la universidad española es anodino y plano. Hasta el impulso renovador del ministro Ruiz Giménez quedó en ciernes cuando, con la crisis de febrero del 56, la universidad de Madrid vive un clima de revuelta que le costó salir del Ministerio de Educación Nacional. Desde entonces y hasta 1962, su sucesor el ministro Rubio García-Mina capeó la situación tras la resaca de la crisis del 56, a la espera de que el panorama educativo acuse las transformaciones sociales y económicas producidas en la “década prodigiosa”. Con todo, pronto llegaron los primeros oleajes de la gran tormenta que se avecinaba. Era la hora de movimientos comunes en el plano mundial, a los que la militancia universitaria1 se unió a la izquierda clandestina junto con algunos —no todos— grupos confesionales.
  • Item type: Item ,
    Notas sobre nacionalismo e movilización bélica na Guerra Civil Española (1936-1939)
    (Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, 2008) Núñez Seixas, Xosé Manoel; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Historia Contemporánea e de América
    A guerra é un factor intrinsecamente xunguido ao desenvolvemento histórico das identidades nacionais e dos nacionalismos europeos dende finais do século XVIII. E actúa de dúas maneiras sobre os procesos de construción e difusión social do nacionalismo e a identidade nacional, mediante dous efectos que se enfortecen de xeito mutuo.
  • Item type: Item ,
    Las «camarillas» de los reyes de España
    (Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, 2008) Moreno Alonso, M.
    Fue en 1941, en plena Segunda Guerra Mundial, cuando Aldous Huxley publicó su famosa novela histórica, Eminencia gris, que tanto efecto causó en todo el mundo. Era una magistral reconstrucción de la biografía del padre José, secretario del cardenal Richelieu, y que tanta importancia ejerció en la historia de Francia. El papel que determinados personajes desconocidos y “grises” pueden ejercer sobre grandes hombres, reyes o gobernantes ha sido decisivo a lo largo de la historia. Y no hay país entre las naciones de Europa, por no salir de nuestro mundo más inmediato, en que no se encuentren numerosos ejemplos, en cualquier momento de su historia. Pero un caso es éste y otro es el de la existencia de todo un conjunto de personajes, también desconocidos y “grises” que, a la sombra del poder, ejercen una influencia decisiva en éste. Tal es el caso de lo que en la historia de España se conoce con el nombre de las “camarillas”.
  • Item type: Item ,
    Una aproximación a Falange en la provincia de Lugo (1936-1942)
    (Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, 2008) López Rodríguez, Pilar; Baz Vicente, María Jesús; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Historia Contemporánea e de América
    En noviembre de 1942 la Falange de Lugo pasa por uno de los momentos más críticos de su historia. El Gobernador Civil y Jefe Provincial del Movimiento, Ramón Ferreiro Rodríguez, se ve obligado a cesar en el ejercicio de sus cargos, por una “grave falta de indisciplina”, a buena parte de la plana mayor de la organización, un total de cuatro delegados provinciales y tres secretarios.
  • Item type: Item ,
    Unha aproximación á conformación dos poderes locais en Galicia. Arzúa entre a II República e a protoinstitucionalización do réxime franquista (1931-1937)
    (Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, 2008) Lanero Táboas, Daniel; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Historia Contemporánea e de América
    A transición entre réximes políticos (Monarquía - II República) revestiu no mundo rural galego, e en vilas como Arzúa, unhas características ben distintas respecto de como se levou a cabo a proclamación e instauración do novo réxime nas principais cidades do país. A dinámica política destas vilas cabeceira de comarca tiña aínda bastante máis que ver coa competencia persoal entre notables locais que coas diferenzas propiamente ideolóxicas. Na meirande parte dos casos, os novos Gobernos civís, nomeados dende Madrid e xa constituídos, designaron unhas iniciais Xestoras municipais. O intermediario máis habitual para a realización destas funcións en Galicia foi a Federación Republicana Gallega (FRG), vencellada ó político coruñés Santiago Casares Quiroga, organización política que aproveitará no seu favor o baleiro de poder existente. Na provincia da Coruña, o Gobernador civil encargou á FRG o nomeamento de Corporacións en doce concellos, entre eles Arzúa, o 24 de abril de 1936.
  • Item type: Item ,
    A encrucillada galega dos anos trinta: Igrexa, política e violencia
    (Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, 2008) Grandío Seoane, Emilio; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Historia Contemporánea e de América
    Dúas son as bases do réxime franquista nos seus corenta anos de existencia: dunha banda a súa orixe a partir dun golpe e unha guerra civil de tres anos dirixida por sectores militares de orientación reaccionaria; doutra unha sorte de fundamentalismo relixioso católico, alcumado a posteriori “nacionalcatolicismo”, froito da percepción da xerarquía católica da perda de poder social dentro dese proceso de laicización do primeiro terzo do século XX. Nesta pequena contribución pretendemos achegarnos a falar do segundo destes piares, o que dota dunha ideoloxía firme e consolidada un réxime que nacera sen máis unidade que unha crítica rotunda respecto do rumbo político dos dirixentes da República tras febreiro de 1936. O papel da Igrexa na conformación das identidades culturais e políticas do Estado español foi —e segue a ser— fundamental. A consideración “trentina” de España como o país protagonista da defensa da relixión católica en Europa conformou na mentalidade conservadora deste país unha moi forte imbricación entre a identidade política de dereitas e a mesma confesión relixiosa.
  • Item type: Item ,
    Represión e corrupción. Aproximación á sociedade galega no «primeiro franquismo»
    (Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, 2008) Fernández Prieto, Lourenzo; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Historia Contemporánea e de América
    O franquismo está no faiado da memoria. O que está nos faios non se tirou aínda e pódese recuperar de cando en vez, sabemos que está alí aínda que non o baixemos e mesmo podemos reciclalo. Sempre está alí á nosa disposición e só facendo inventario poderemos saber o que é e o que vale. O franquismo é un gran descoñecido aínda que creamos saber o que é. Vivímolo moito, está recente e, sobre todo, herdámolo pero coñecemos pouco del en termos historiográficos. A homenaxe a un mestre de historiadores, o profesor Barreiro Fernández optimus professor eris é a mellor ocasión para formulármonos unha relectura do que sabemos sobre esta etapa e propor un camiño para seguir avanzando na pescuda dun recente pasado incómodo que vivimos e que nos vive.
  • Item type: Item ,
    Gomá en la II República y la Guerra Civil. Acotaciones
    (Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, 2008) Cuenca Toribio, José Manuel
    Cuando se produjo el estallido de la guerra civil española el pontificado de Pío XI había ya sobrepasado cronológicamente al de los dos últimos de sus predecesores —los más cortos, excepción hecha del de Juan XXIII (1958-63) y del meteórico de Juan Pablo I (agosto-setiembre 1978), de la centuria pasada—. En el quindecenio transcurrido desde su llegada al solio pontificio en 1922 y el inicio de la contienda fratricida había acumulado un vasto conocimiento acerca de la andadura contemporánea de la Iglesia hispana y estaba muy al tanto de sus problemas y claves sociales y políticas. Un factor de importancia primordial en orden a su posición le era especialmente familiar: la cualificación de la jerarquía para acometer el innovador programa que desde su proclamación papal intentase llevar a la práctica, y en el que España y su episcopado no podían por menos de presentarse como pieza esencial, dado el fuerte componente ecuménico y, sobre todo, misional de su Iglesia. Hacedor él mismo de buena parte de la composición del cuerpo episcopal mediante las nutridas hornadas de la Dictadura y la muy copiosa del año 1935, sabía bien de sus limitaciones doctrinales, producto en su raíz última de un sistema educativo sobre el que no disimulara nunca su reluctancia Pío XI, meticulosamente informado en tal aspecto —objeto de una singular atención, según resulta harto conocido— por el nuncio Tedeschini y sus dos antecesores en Madrid, los cardenales Vico y Ragonesi. Desde hacía décadas, el nivel intelectual del clero hispano se ofrecía bajo, sin que los esfuerzos de algunos prelados hubieran dado los frutos apetecidos en un país crecientemente abierto a la modernización educativa y en posesión de ciertas élites académicas de elevada estatura, entre las cuales no faltaban —bien que en reducida proporción— algunos seglares católicos.
  • Item type: Item ,
    O adolescente viril: o maurismo en Galicia, 1914-1923
    (Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, 2008) Cabo Villaverde, Miguel; Míguez Macho, Antonio; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Historia Contemporánea e de América
    A figura de Antonio Maura e o heteroxéneo movemento que invocou a súa figura foron obxecto nos últimos anos dunha atención considerable, na procura de comprender mellor as vías de evolución do sistema restauracionista, as orixes da dereita autoritaria (e non) e a crise última que leva á Ditadura de Primo. Para Galicia o descoñecemento é absoluto, baleiro que nos propoñemos paliar con esta achega e que se produce malia contar con factores específicos que incrementan o interese do seu estudo e permiten participar dos debates ó respecto no seo da historiografía española: a) A condición de galegos ou ben os vencellos intensos con Galicia de varios dos principais protagonistas do movemento (Calvo Sotelo, Goicoechea, Prudencio Rovira, marqués de Figueroa) b) A nada desprezable contribución das provincias galegas en termos de escanos. c) A intervención dos mauristas en polémicas como a do rexionalismo ou a cuestión foral. d) Dado que Galicia constitúe na historiografía española un dos paradigmas de clientelismo e desmobilización, representa un inmellorable campo de probas para calibrar ata que punto o maurismo quixo e puido rachar coas eivas da cultura política restauracionista.
  • Item type: Item ,
    «Escravo das miñas confidencias e apoio nas miñas necesidades...» Contribución ao estudo da «guerrilla do chao» no rural galego: a rede de enlaces do guerrilleiro Manuel Castro Tellado
    (Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, 2008) Cabana Iglesia, Ana; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Historia Contemporánea e de América
    Un veciño de Palas de Rei recorda no seu testemuño oral o medo que na súa aldea pasaron cando viron como un garda civil traía un guerrilleiro morto. O pavor non o provocaba a macabra visión en si, a dun cadáver pendurado dunha montura, senón a intranquilidade de que o cabo que traía o “botín” do monte reparara en que o calzado do abatido estaba pulcro e lustroso. Na vila sabían que o guerrilleiro en cuestión morrera uns días antes por causas naturais mentres durmía na casa dun dos seus enlaces. Este optara por deixar o corpo morto no monte para evitar a súa segura condena por prestarlle axuda dándolle pousada1. Os veciños eran sabedores de que se o garda civil se decataba do coidado aspecto dos zapatos do guerrilleiro a maquinaria represiva do franquismo se poría en marcha. Era a incuestionable e evidente proba da cotiá axuda que a guerrilla antifranquista recibía nos núcleos rurais.
  • Item type: Item ,
    O monterismo en Galicia
    (Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, 2008) Barral Martínez, Margarita; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Historia Contemporánea e de América
    Dende a experiencia da Revolución francesa e as ideas que propagou nas sociedades de Europa occidental pretendeuse responder á cuestión do fundamento da lexitimación do poder, ¿era de esencia divina ou residía na soberanía dos cidadáns? Arredor desta dicotomía consolidáronse as familias políticas ao longo do século XIX, a tradicionalista e contrarrevolucionaria unha, e as familias liberal e democrática as outras. O enfrontamento entre liberais e demócratas acada un carácter maior dende o momento no que a Revolución industrial modifica as condicións da vida cotiá. Comeza o rexeitamento do proteccionismo estatal e a defensa da liberdade, non só a nivel político senón tamén a nivel económico e social; pero o liberalismo “progresista” faise conservador e contra el xorden novas familias políticas: o socialismo e o anarquismo.
  • Item type: Item ,
    ”Todo por España y España para Dios”. A Bandera Legionaria Gallega de Falange Española na Guerra Civil
    (Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, 2008) Artiaga Rego, Aurora
    O papel das milicias de voluntarios na guerra civil española non foi marxinal. Dende os momentos iniciais do frustrado golpe, a súa presenza numérica foi considerable, tanto no bando leal á República como no bando rebelde, se ben, obviamente, cun significado político totalmente diferente en cada un deles. A relevancia destas unidades integradas por civís non residiu tanto na súa eficacia militar, non ausente con todo, como no que tiveron de expresión do profundo conflito social e de vehículo dunha mobilización ideolóxica que fracturou a sociedade española daquel tempo. Cómpre recordar ademais que, fracasado o asalto ó réxime republicano, o desencadeamento da guerra civil tamén foi posible grazas ó fenómeno das milicias que, como xa é sabido, foron un compoñente esencial das columnas militares con que ámbolos dous bandos emprenderon a contenda.
  • Item type: Item ,
    Unha homenaxe debida
    (Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, 2008) Axeitos, Xosé Luís; Grandío Seoane, Emilio; Villares, Ramón, 1951-; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Historia Contemporánea e de América
    Por máis que as razóns sexan puramente administrativas, o tránsito cara á situación da jubilatio dun profesor universitario aconsella facer un alto no camiño e convocar a colegas e discípulos a unha celebración algo especial. Non se trata de palabras e músicas que leve o vento, nin de fastos propios de «paraninfos», senón de traballos e investigacións, cuxos contidos han de ficar para o porvir. Esta foi a idea que nos moveu, a persoas e institucións das que de contado se falará, para elaborar este libro-homenaxe ao profesor Xosé Ramón Barreiro Fernández. A iniciativa foi ben doada, pola disposición que todos os participantes amosaron para contribuíren ao que se lles demandaba. E os resultados á vista están, nestes dous volumes que serán por tempo punto de referencia para a historia da cultura galega, nomeadamente da súa época máis recente. A idea de facer este libro partiu en primeira instancia do Departamento de Historia Contemporánea e de América, daquela dirixido pola profesora María Xesús Baz Vicente, quen puxo todo o seu empeño persoal para que esta iniciativa fose partillada pola propia Universidade de Santiago de Compostela e por outras institucións. Por esta razón se sumaron á preparación e edición desta obra, institucións nas que o profesor Barreiro tivo e segue a ter especial presenza, como son o Consello da Cultura Galega e a Real Academia Galega.