«Escravo das miñas confidencias e apoio nas miñas necesidades...» Contribución ao estudo da «guerrilla do chao» no rural galego: a rede de enlaces do guerrilleiro Manuel Castro Tellado

Loading...
Thumbnail Image
Identifiers
ISBN: 978-84-9887-000-8

Publication date

Authors

Cabana Iglesia, Ana

Advisors

Tutors

Editors

Journal Title

Journal ISSN

Volume Title

Publisher

Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico
Metrics
Google Scholar
lacobus
Export

Research Projects

Organizational Units

Journal Issue

Abstract

Un veciño de Palas de Rei recorda no seu testemuño oral o medo que na súa aldea pasaron cando viron como un garda civil traía un guerrilleiro morto. O pavor non o provocaba a macabra visión en si, a dun cadáver pendurado dunha montura, senón a intranquilidade de que o cabo que traía o “botín” do monte reparara en que o calzado do abatido estaba pulcro e lustroso. Na vila sabían que o guerrilleiro en cuestión morrera uns días antes por causas naturais mentres durmía na casa dun dos seus enlaces. Este optara por deixar o corpo morto no monte para evitar a súa segura condena por prestarlle axuda dándolle pousada1. Os veciños eran sabedores de que se o garda civil se decataba do coidado aspecto dos zapatos do guerrilleiro a maquinaria represiva do franquismo se poría en marcha. Era a incuestionable e evidente proba da cotiá axuda que a guerrilla antifranquista recibía nos núcleos rurais.

Description

Bibliographic citation

CABANA IGLESIA, Ana: « «Escravo das miñas confidencias e apoio nas miñas necesidades...» Contribución ao estudo da «guerrilla do chao» no rural galego: a rede de enlaces do guerrilleiro Manuel Castro Tellado». A patria enteira.Homenaxe a Xosé Ramón Barreiro Fernández. Edición a cargo de X.L. Axeitos, Emilio Grandío Seoane e Ramón Villares. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico da Universidade de Santiago de Compostela, 2008. ISBN 978-84-9887-000-8. DL C 1089-2008. Páxs. 65-82.

Relation

Has part

Has version

Is based on

Is part of

Is referenced by

Is version of

Requires

Sponsors

Universidade de Santiago de Compostela. Consello da Cultura Galega. Real Academia Galega

Rights