A encrucillada galega dos anos trinta: Igrexa, política e violencia
Loading...
Identifiers
Publication date
Authors
Advisors
Tutors
Editors
Journal Title
Journal ISSN
Volume Title
Publisher
Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico
Abstract
Dúas son as bases do réxime franquista nos seus corenta anos de existencia: dunha
banda a súa orixe a partir dun golpe e unha guerra civil de tres anos dirixida por
sectores militares de orientación reaccionaria; doutra unha sorte de fundamentalismo
relixioso católico, alcumado a posteriori “nacionalcatolicismo”, froito da
percepción da xerarquía católica da perda de poder social dentro dese proceso de
laicización do primeiro terzo do século XX. Nesta pequena contribución pretendemos
achegarnos a falar do segundo destes piares, o que dota dunha ideoloxía
firme e consolidada un réxime que nacera sen máis unidade que unha crítica rotunda
respecto do rumbo político dos dirixentes da República tras febreiro de
1936.
O papel da Igrexa na conformación das identidades culturais e políticas
do Estado español foi —e segue a ser— fundamental. A consideración “trentina”
de España como o país protagonista da defensa da relixión católica en Europa
conformou na mentalidade conservadora deste país unha moi forte imbricación
entre a identidade política de dereitas e a mesma confesión relixiosa.
Description
Keywords
Bibliographic citation
GRANDÍO SEOANE, Emilio: «A encrucillada galega dos anos trinta: Igrexa, política e violencia». A patria enteira.Homenaxe a Xosé Ramón Barreiro Fernández. Edición a cargo de X.L. Axeitos, Emilio Grandío Seoane e Ramón Villares. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico da Universidade de Santiago de Compostela, 2008. ISBN 978-84-9887-000-8. DL C 1089-2008. Páxs. 145-169.
Relation
Has part
Has version
Is based on
Is part of
Is referenced by
Is version of
Requires
Sponsors
Universidade de Santiago de Compostela. Consello da Cultura Galega. Real Academia Galega








