Reflexións ao redor do encontro entre a masonería e os movementos revolucionarios
Loading...
Identifiers
Publication date
Authors
Advisors
Tutors
Editors
Journal Title
Journal ISSN
Volume Title
Publisher
Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico
Abstract
Aínda que a historiografía española universitaria que se dedicou e se dedica ao
estudo da masonería non carece de bos exemplos de bo facer metodolóxico e
discursivo, por desgraza tamén posúe excesivos exemplos de todo o contrario.
Por iso xulgo necesario iniciar este discurso cunha breve análise da situación que,
desde hai máis dun cuarto de século, se vén dando nos ambientes masonolóxicos
españois. Espero que todo isto que a continuación ofrezo aos lectores provoque,
sobre todo na reducida comunidade científica española ou hispanista da chamada
masonoloxía —ou ata nos masonólogos que, como Luis P. Martín, non se senten
incluídos por ese novo vocábulo acuñado por Alec Mellor—, o correspondente
debate que, infrutuosa e reiteradamente, veño buscando, desde 1989, co san
propósito de facer madurar dalgún xeito os discursos de tantos historiadores que
comparten comigo a mesma liña de investigación e que, en demasiadas ocasións,
nos regalaron e seguen regalando coa súa pertinaz desidia ou cos seus torpes e
parciais discursos. Uns coas súas contumaces e obcecadas posturas persoais, intentando
converter febles hipóteses de traballo en pontificais sentenzas como, verbigracia,
a completamente insostible teoría historiográfica sobre o apoliticismo da
masonería histórica española sostida por José Antonio Ferrer Benimeli.
Description
Keywords
Bibliographic citation
VALÍN FERNÁNDEZ, Alberto: «Reflexións ao redor do encontro entre a masonería e os movementos revolucionarios». A patria enteira.Homenaxe a Xosé Ramón Barreiro Fernández. Edición a cargo de X.L. Axeitos, Emilio Grandío Seoane e Ramón Villares. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico da Universidade de Santiago de Compostela, 2008. ISBN 978-84-9887-000-8. DL C 1089-2008. Páxs. 362-379.
Relation
Has part
Has version
Is based on
Is part of
Is referenced by
Is version of
Requires
Sponsors
Universidade de Santiago de Compostela. Consello da Cultura Galega. Real Academia Galega



