“...en este municipio no se conocía otra política que la de los bandos”. Unha aproximación ó poder local na provincia de Ourense (1917-1936)

Loading...
Thumbnail Image
Identifiers
ISBN: 978-84-9887-000-8

Publication date

Advisors

Tutors

Editors

Journal Title

Journal ISSN

Volume Title

Publisher

Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico
Metrics
Google Scholar
lacobus
Export

Research Projects

Organizational Units

Journal Issue

Abstract

O nacemento e a permanencia do clientelismo político explícanse, en boa medida, pola imposibilidade do Estado liberal para canalizar e dar resposta ás diversas demandas da poboación, ocupar unha serie de espazos e asumir un número crecente de tarefas e obrigas cuxa satisfacción debe, en parte, delegar nunha serie de intermediarios. Loxicamente, o papel destes últimos tende a potenciarse a medida que se incrementa a dependencia e o baleiro comunicativo da sociedade respecto a instancias externas de poder, pois só co seu concurso resulta posible defender os intereses privativos dunha comunidade, colectivo ou individuo e acceder ós insuficientes e, polo mesmo, disputados recursos públicos. Os observatorios locais resultan especialmente axeitados para profundar en todos estes aspectos, pois constitúen o escenario histórico onde se libra esa negociación permanente entre o Estado (simbolizado pola figura do deputado do distrito e os seus funcionarios), os intermediarios e as elites locais e a masa cidadá. Como a historiografía ten sinalado reiteradamente, os actores que a protagonizan ostentan un status desigual, e desigual é tamén o intercambio mutuo que resulta da mesma, por máis que sempre responda á mesma lóxica: o tráfico de votos por favores.

Description

Bibliographic citation

PRADA RODRÍGUEZ, Xulio: « “...en este municipio no se conocía otra política que la de los bandos”. Unha aproximación ó poder local na provincia de Ourense (1917-1936)». A patria enteira.Homenaxe a Xosé Ramón Barreiro Fernández. Edición a cargo de X.L. Axeitos, Emilio Grandío Seoane e Ramón Villares. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico da Universidade de Santiago de Compostela, 2008. ISBN 978-84-9887-000-8. DL C 1089-2008. Páxs. 277-305.

Relation

Has part

Has version

Is based on

Is part of

Is referenced by

Is version of

Requires

Sponsors

Universidade de Santiago de Compostela. Consello da Cultura Galega. Real Academia Galega

Rights