Unha homenaxe debida

Loading...
Thumbnail Image
Identifiers
ISBN: 978-84-9887-000-8

Publication date

Advisors

Tutors

Editors

Journal Title

Journal ISSN

Volume Title

Publisher

Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico
Metrics
Google Scholar
lacobus
Export

Research Projects

Organizational Units

Journal Issue

Abstract

Por máis que as razóns sexan puramente administrativas, o tránsito cara á situación da jubilatio dun profesor universitario aconsella facer un alto no camiño e convocar a colegas e discípulos a unha celebración algo especial. Non se trata de palabras e músicas que leve o vento, nin de fastos propios de «paraninfos», senón de traballos e investigacións, cuxos contidos han de ficar para o porvir. Esta foi a idea que nos moveu, a persoas e institucións das que de contado se falará, para elaborar este libro-homenaxe ao profesor Xosé Ramón Barreiro Fernández. A iniciativa foi ben doada, pola disposición que todos os participantes amosaron para contribuíren ao que se lles demandaba. E os resultados á vista están, nestes dous volumes que serán por tempo punto de referencia para a historia da cultura galega, nomeadamente da súa época máis recente. A idea de facer este libro partiu en primeira instancia do Departamento de Historia Contemporánea e de América, daquela dirixido pola profesora María Xesús Baz Vicente, quen puxo todo o seu empeño persoal para que esta iniciativa fose partillada pola propia Universidade de Santiago de Compostela e por outras institucións. Por esta razón se sumaron á preparación e edición desta obra, institucións nas que o profesor Barreiro tivo e segue a ter especial presenza, como son o Consello da Cultura Galega e a Real Academia Galega.

Description

Bibliographic citation

AXEITOS, X.L.; GRANDÍO SEOANE, E.; VILLARES, R.: «Unha homenaxe debida». A patria enteira.Homenaxe a Xosé Ramón Barreiro Fernández. Edición a cargo de X.L. Axeitos, Emilio Grandío Seoane e Ramón Villares. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico da Universidade de Santiago de Compostela, 2008. ISBN 978-84-9887-000-8. DL C 1089-2008. Páxs. 13-18.

Relation

Has part

Has version

Is based on

Is part of

Is referenced by

Is version of

Requires

Sponsors

Rights