AEA-Unidades didácticas

Permanent URI for this collectionhttps://hdl.handle.net/10347/9759

Browse

Recent Submissions

Now showing 1 - 20 of 34
  • Item type: Item ,
    Hidrogramas
    (Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, 2013) Valcárcel Armesto, Montserrat; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Enxeñaría Agroforestal
    A presente Unidade Didáctica (en adiante UD) encádrase dentro do Bloque Temático I da materia Hidroloxía, onde se caracterizan os distintos procesos que determinan a hidroloxía superficial. Para iso é preciso coñecer e definir o ciclo hidrolóxico e os procesos do escoamento superficial (UD II, III e IV), ademais de coñecer a importancia da unidade de traballo en hidroloxía: a conca hidrolóxica e ser capaces de delimitala. O hidrograma ten unha importancia capital na hidroloxía xa que é a representación do caudal de saída dunha conca en función do tempo, polo tanto, é o produto final do ciclo hidrolóxico. O caudal de saída nunha conca é a única variable que se pode cuantificar, como produto final, e serve de base para poder facer o estudo dos recursos hídricos dunha conca hidrolóxica. O hidrograma é polo tanto o resultado da relación chuvia – escoamento nunha conca e isto é produto das condicións meteorolóxicas, fisiográficas e de usos do solo. Nestas condicións os hidrólogos só poden actuar sobre os usos do solo, onde se pode influír de maneira significativa, xa que unha conca onde temos harmonicamente distribuídos os usos do solo, principalmente cunha boa cuberta vexetal, terá un mellor comportamento hidrolóxico no caso de situacións excepcionais de precipitacións. Esta unidade didáctica está deseñada para ser desenvolvida en 10 horas (5 sesións de clases teóricas, 2 de seminarios, e unha práctica de laboratorio de 3 horas).
  • Item type: Item ,
    Introdución ao control de procesos químicos
    (Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, 2013) Soto Campos, Ana María; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Enxeñaría Química
    A presente Unidade didáctica (en diante UD) encádrase no primeiro Bloque da materia “Instrumentación e Control de Procesos” do terceiro curso do Grao en Enxeñaría de Procesos Químicos Industriais. É a única UD do bloque introdutorio. Pretende dar unha idea global de que é o control de procesos químicos e cal é a súa utilidade, cales son as técnicas dispoñíbeis e a instrumentación necesaria para implementalas. Amosará ao alumnado que dependendo dos obxectivos e investimentos a realizar, poden deseñarse dende sistemas de control moi básicos ata os máis complexos. Esta unidade permitirá adquirir a linguaxe propia do control de procesos e recoñecer as súas representacións, establece por tanto a base da disciplina. A unidade será impartida en nove horas: seis de contidos teóricos, dúas de traballo do alumnado en clases interactivas e unha hora de avaliación. Polo seu carácter xeral, esta UD é idónea non só no Grao para o que está formulada senón para todos aqueles que desexen “entender” o control de procesos sen entrar nos seus aspectos cuantitativos. Neste caso, a duración da docencia depende dos obxectivos do profesor
  • Item type: Item ,
    Xestión ambiental e control de calidade na industria forestal
    (Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, 2013) Marey Pérez, Manuel; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Enxeñaría Agroforestal
    Esta unidade didáctica serve de peche ao primeiro módulo da programación da materia “Xestión Ambiental e Control de Calidade na Industria Forestal (G4071442)” do cuarto curso do Grao en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural dentro do grupo de materias G4071M12 de Intensificación en Industrias Forestais. No primeiro módulo dedicado a xestión medioambiental da industria forestal consta de dous temas con cadansúa unidade didáctica. No primeiro tema (Ud1) preséntanse os conceptos básicos relativos as características e a posta en marcha dos sistemas de xestión medioambiental (SXMA) tanto para empresas como organizacións A continuación, no segundo tema (Ud2), estúdanse os conceptos fundamentais, as bases teóricas a utilidade e importancia e a normativa para a implantación das técnicas de Ecodeseño. No módulo II, dedicado ao control de calidade da industria forestal, estrutúrase en dous temas. No primeiro deles (Ud3) analízase a definición da calidade, a garantía na produción industrial, a normalización dos procesos produtivos e as ferramentas estatísticas utilizadas. No segundo tema do módulo (Ud4) aplícanse os conceptos do tema anterior a empresa analizando a forma máis efectiva de facelo xunto coa normativización do proceso que permite a súa certificación.
  • Item type: Item ,
    Hidrostática
    (Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, 2013) López Moreira, Iván; Carballo Sánchez, Rodrigo; Castro Ponte, Alberte; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Enxeñaría Agroforestal
    Esta unidade didáctica forma parte da materia Hidráulica I do segundo curso do Grao en Enxeñaría Civil, que se dedica a sentar as bases da enxeñaría hidráulica. Dita materia ten unha carga de 6 créditos ECTS e impártese no primeiro semestre. De entrada non existe ningún prerrequisito legal para poder cursar esta materia. Non obstante, considérase recomendable ter cursado previamente, e superado con éxito, Matemáticas I, II e III e Física I e II, por proporcionar unha base axeitada para a correcta comprensión da materia. Na primeira unidade da materia (UD1), preséntanse os conceptos básicos relacionados coa mecánica de fluídos, desde o seu obxecto ata as súas aplicacións, para rematar co estudo das propiedades dos fluídos. A continuación, na presente unidade didáctica (UD2), estúdanse os conceptos fundamentais da hidrostática. Esta unidade céntrase no estudo da distribución de presións nun fluído estático e nos seus efectos sobre una superficie sólida, así como sobre corpos flotantes e somerxidos. Os seguintes dous temas dedícanse ao estudo dos fluídos en movemento. En primeiro lugar, preséntanse os aspectos relacionados co movemento dos fluídos desde un punto de vista descritivo (UD3), é dicir, sen atender as causas que o provocan. Na seguinte unidade (UD4) explícanse as causas que orixinan dito movemento, describindo as tres ecuacións fundamentais da mecánica de fluídos: a ecuación de continuidade, a ecuación da cantidade de movemento e a ecuación da conservación da enerxía. Finalmente, na derradeira unidade da materia (UD5), expóñense os conceptos básicos da análise dimensional, impartindo nocións básicas de modelización física. A presente unidade didáctica ten asignadas seis horas de clase de carácter expositivo nas que se desenvolverán os seus contidos; e nove horas de seminario interactivo onde se realizarán exercicios.
  • Item type: Item ,
    Informática
    (Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, 2013) Arias Jordán, Efrén; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Electrónica e Computación
    A variedade de plataformas de programación dispoñibles hoxe en día é moi ampla e está en constante evolución. Nesta Unidade Didáctica preséntanse os fundamentos de programación que hai entodas as linguaxes de programación, e en particular en Linguaxe C e C++, para que o alumnado, partindo dun problema sinxelo, sexa capaz de atopar un algoritmo que o resolva. Para acadar iso, mostrarase como desenvolver programas sinxelos e os fundamentos de programación que hai detrás Móstranse os conceptos básicos, comúns a todas as linguaxes de programación e en particular na linguaxe C e C++, e unha metodoloxía para desenvolver programas de forma sistemática e eficiente. Así mesmo procúrase introducir os tres tipos básicos de sentenzas de control: secuencia, selección e iteración, explicando en profundidade a súa sintaxe e semántica, de xeito que o alumnado sexa capaz de implementar ditas estruturas de control en linguaxe C ou C++ e os fundamentos da Programación Estruturada. A formulación desta unidade didáctica é eminentemente práctica, de xeito que o alumnado dispoña dunha ampla variedade de exemplos que lle permita acadar as competencias transversais e específicas da materia na que está inmersa esta UD. A duración da presente UD e de 15 horas de docencia expositiva e interactiva, deixando a parte de actividades para a resolución das mesmas por parte do alumnado, fora do horario académico
  • Item type: Item ,
    Análise e síntese de circuítos lóxicos combinacionais
    (Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, 2012) Rodríguez Martínez, Diego; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Electrónica e Computación
    A Unidade Didáctica 3 titulada «Análise e síntese de circuítos lóxicos combinacionais» enmárcase dentro dos contidos relativos á materia de Sistemas Dixitais, de 6 créditos ECTS impartida no primeiro semestre do primeiro curso do Grao en Enxeñaría Informática. Esta é unha materia con marcado carácter introdutorio para a titulación xa que é a primeira materia da área de Arquitectura e Tecnoloxía de Computadores que cursa o alumnado. O obxectivo básico desta materia é que os alumnos adquiran os coñecementos básicos e as habilidades de deseño precisas para estudar outras disciplinas relacionadas con esta área. Ó mesmo tempo, proporciona unha introdución ó estudo dos sistemas de procesamento dixital. Esta Unidade Didáctica (en adiante, UD) presenta os elementos básicos e as ferramentas matemáticas para poder construír e analizar un circuíto combinacional que realice unha función lóxica. O único requisito previo da UD é ter un dominio básico do sistema binario de representación numérica de números enteiros, que foi presentado en Unidades Didácticas precedentes. Os contidos da UD son fundamentais para o estudo dos módulos combinacionais e dos sistemas secuenciais, que serán abordados en posteriores Unidades Didácticas.
  • Item type: Item ,
    Análise dimensional
    (Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, 2011) Iglesias Rodríguez, Gregorio; Carballo Sánchez, Rodrigo; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Enxeñaría Agroforestal
    Esta Unidade Didáctica (en diante UD) constitúe un material de apoio para o seguimento dunha parte da materia de Hidráulica I. De entrada non existe ningún prerrequisito legal para poder cursar esta materia. Non obstante, considérase recomendable ter cursado previamente, e superado con éxito, Matemáticas I, II e III e Física I e II, por proporcionar unha base axeitada para a comprensión da materia. Nesta UD expóñense os conceptos básicos de análise dimensional e impartiranse nocións fundamentais de modelización física. Non obstante, considérase indispensable a asistencia a clase e a realización de actividades complementarias para a total comprensión dos distintos conceptos por parte do alumno. A análise dimensional é unha ferramenta conceptual empregada na Enxeñería Hidráulica e noutras ramas da enxeñería, así como da física ou química, para a simplificación do estudo de calquera fenómeno no que están involucradas diversas magnitudes físicas en forma de variables independentes.
  • Item type: Item ,
    Mecánica ondulatoria
    (Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, 2011) Iglesias Rodríguez, Gregorio; Carballo Sánchez, Rodrigo; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Enxeñaría Agroforestal
    A presente Unidade Didáctica (en diante UD) é unha continuación da UD II na que se estudan os fundamentos da ondada. Ambas as unidades encádranse dentro do Bloque I da materia, onde se caracterizan os distintos procesos que determinan o deseño das actuacións litorais (Bloque II). Para o seu deseño, é esencial coñecer o clima marítimo ao que estarán sometidas; en particular, as condicións da ondada constitúen, na maioría dos casos, a solicitude máis importante. Os datos de partida fan referencia xeralmente á área de profundidades indefinidas fronte ao punto de interese, situado na maioría das ocasións en profundidades reducidas. Non obstante, as características da ondada modifícanse no seu avance dende augas indefinidas ata a costa. Deste modo, o estudo da súa transformación constitúe un aspecto fundamental á hora de determinar as condicións da ondada nunha determinada zona do litoral. Nesta unidade didáctica preséntanse os principios científicos básicos que determinan a transformación da ondada unha vez que abandona a condición de profundidades indefinidas. Agora ben, a representación axeitada destes procesos constitúe un problema matemático complexo. Por este motivo farase referencia aos distintos modelos numéricos que na actualidade se empregan con este fin.
  • Item type: Item ,
    Aplicación da tecnoloxía LiDAR na análise do medio físico
    (Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, 2011) González Ferreiro, Eduardo; Miranda Barrós, David; Buján Seoane, Sandra; Barreiro Fernández, Laura; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Enxeñaría Agroforestal
    A unidade didáctica titulada Aplicación da tecnoloxía LiDAR na análise do medio físico está encadrada dentro da materia de Xeomática do Máster da Terra e do Territorio (MTT). Os alumnos do MTT proceden de diferentes campos das enxeñerías e das ciencias sociais con disciplinas afíns á temática do máster, tales como: Administración Pública, Antropoloxía, Bioloxía, Ciencias Ambientais, Dereito, Empresariais, Estatística, Economía, Xeografía, Xeoloxía, Xeomática, Humanidades, Informática, Enxeñería Agrónoma, Enxeñería Civil, Enxeñería de Montes, Socioloxía, Topografía, ou Turismo. A materia de Xeomática ten como principal obxectivo capacitar ó alumno para utilizar as tecnoloxías da información xeográfica na creación, manexo, análise e presentación de datos e información territorial. Na unidade didáctica 5 (UD5) que nos ocupa, impártense os coñecementos básicos necesarios para o estudo do medio físico, a través do tratamento dos datos capturados polo sensor activo LiDAR (Light Detection and Ranging) aerotransportado, xa que este sensor permite a captura de datos xeográficos dunha forma áxil e precisa, mentres que o tratamento dos seus datos permite a xeración de modelos que describen o terreo e os obxectos situados enriba del. Así na actualidade, a tecnoloxía LiDAR revelouse como a máis efectiva para a produción de Modelos Xeográficos de alta resolución e calidade.
  • Item type: Item ,
    Mareas
    (Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, 2011) Carballo Sánchez, Rodrigo; Iglesias Rodríguez, Gregorio; Sánchez Carricoba, Marcos; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Enxeñaría Agroforestal
    A presente Unidade Didáctica (en diante UD) encádrase dentro do Bloque Temático I da materia (Procesos Litorais), onde se caracterizan os distintos procesos que determinan o deseño das distintas actuacións no litoral (Bloque II). Para iso, é preciso coñecer o clima marítimo ao que estarán sometidas. Unha vez definidas as condicións da ondada (UD 2 e 3) resulta imprescindible ademais coñecer as variacións do nivel do mar. O nivel do mar é unha variable de importancia capital na zona litoral. As súas variacións a curto prazo (horas ou días) repercuten sobre todos os procesos litorais, desprazando vertical e horizontalmente a zona da costa que recibe a enerxía da ondada, e polo tanto constituíndo un elemento esencial en calquera proxecto no ámbito da Enxeñaría de Portos e Costas. Estas oscilacións a curto prazo débense fundamentalmente, e salvo casos excepcionais, á marea astronómica. Aínda que as forzas causativas quedan explicadas pola Teoría de Equilibrio desenvolta por Newton, é preciso expoñer tamén a Teoría Dinámica de Laplace e o concepto de Onda de Marea, co obxecto de que os alumnos comprendan certos aspectos relevantes como a influencia da xeometría e profundidade dos océanos, mares e estuarios. Do mesmo xeito, explícanse outros conceptos básicos á hora de predicir a marea como é a análise harmónica. Finalmente, introducirase ao alumno a outro tipos de variacións no nivel do mar a curto prazo, como son as debidas á marea meteorolóxica, así como de longo prazo e que, en ocasións, poden chegar a ter unha incidencia importante sobre as distintas actuacións que o enxeñeiro civil realiza na zona litoral.
  • Item type: Item ,
    Subclase hamamelidae
    (Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, 2010) Rigueiro Rodríguez, Antonio; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Producción Vexetal
    O Plan de Estudos vixente para a titulación de Enxeñeiro Técnico Forestal, especialidade de Explotacións Forestais, que se imparte na Escola Politécnica Superior de Lugo, contempla no segundo curso a materia troncal Botánica Forestal, con 6,5 créditos, 4 teóricos e 2,5 prácticos. Os coñecementos que adquirirán os estudantes serán necesarios para seguir con aproveitamento outras materias de carácter pretecnolóxico e tecnolóxico da titulación: Ecoloxía, Repoboacións Forestais, Silvicultura, Pascicultura, Ordenación de Montes, etc. Na materia Botánica Forestal o temario abrangue nove unidades temáticas, a primeira introdutoria, a derradeira dedicada á Xeobotánica e as restantes centradas na Botánica Descritiva Forestal, nas que se estudan as especies vexetais, sobre todo as vasculares, con importancia forestal, dedicando maior atención ás do noso contorno xeográfico (Galicia, norte de España), e facendo referencia a aquelas máis importantes no contexto español e mundial. Dentro da División Magnoliophyta (Anxiospermas) e na clase Magnoliopsida (Dicotiledóneas) as Subclases Magnoliidae, Hamamelidae, Caryophyllidae, Dillenidae, Rosidae e Asteridae inclúen a maior parte das especies de interese forestal que estudamos. A presente Unidade Didáctica, a número IV, céntrase na subclase Hamamelidae, e os seus contidos teóricos explícanse en 7 clases dunha hora de duración.
  • Item type: Item ,
    Historia da xardinaría e o paisaxismo
    (Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, 2010) Iglesias Díaz, María Isabel; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Producción Vexetal
    A importancia da unidade na materia de Tecnoloxía da Xardinaría e o Paisaxismo radica en que introduce e senta as bases para o desenvolvemento doutras unidades posteriores. A unidade axuda a entender os conceptos de xardín e paisaxe, implícitos na materia, e a comprender as bases que guiaron o deseño de xardíns ao longo da historia. Cando remate a unidade o alumno terá un coñecemento do vocabulario dispoñible para o deseño, co que se crearon no pasado e se están creando no presente os xardíns e os espazos verdes. A duración total estímase en 9 horas, dedícaselle 1 hora á introdución de conceptos e importancia profesional do sector. O segundo bloque é onde se explica o vocabulario de elementos do deseño utilizados na creación de xardíns ao longo da historia e que continúan utilizándose na actualidade, así como as tipoloxías de xardíns que podemos atopar na actualidade, dedicándolle unhas 7 horas presenciais. Na última hora analizamos a paisaxe e a súa evolución histórica, considerando o seu valor ecolóxico, paisaxístico e como recurso que debemos potenciar e conservar. Dedícaselle un día enteiro a prácticas de campo para a visita in situ de xardíns históricos e actuais. Esta unidade senta as bases da seguinte unidade didáctica de Deseño de espazos verdes.
  • Item type: Item ,
    O medio rural e as políticas agrarias. A Unión Europea
    (Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, 2010) Pérez Fra, María do Mar; Universidade de Santiago de Compostela. Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
    No tema anterior puxemos de manifesto que os factores que provocaron a desestabilización do sistema de agricultura tradicional foron externos ao sector agrario. O crecemento económico experimentado a partir dos anos 60 provocou unha forte presión sobre a agricultura que levou á ruptura dos piares básicos sobre os que se asentaba o modelo tradicional. É importante destacar que esta fase de modernización iniciada a fins da década dos 50 continúa na actualidade, xa que non se trata dun proceso completamente finalizado. Así mesmo, en diversas ocasións ao longo do curso salientouse que o sector agrario é un sector fortemente intervido na práctica totalidade dos países industrializados. Europa non constitúe unha excepción a este respecto. A PAC (Política Agraria Común) contribuíu en alto grao a modelar o sentido dos cambios experimentados polas explotacións agrarias nas últimas 3 décadas, determinando a forma concreta na que estes se teñen producido. Así pois, a intervención do Estado nos mercados agrarios, fenómeno que responde a razóns que explicaremos ao longo deste tema, contribuíu a modelar o tipo de agricultura que temos hoxe en día.
  • Item type: Item ,
    As leguminosas de Gran. Aspectos xerais
    (Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, 2009) Ruiz Nogueiras, Benigno; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Producción Vexetal
    Seguindo a mesma estrutura do bloque precedente, esta unidade didáctica, primeira do bloque III, é un tema xeral referente á temática de que trata o mencionado bloque: o cultivo de plantas para gran da familia das leguminosas. En consecuencia, a súa finalidade é a de dar unha visión de conxunto destes cultivos, para, a continuación estudar os máis importantes, a razón de un por tema. Estas unidades que seguen, adoitando un artellamento similar ao do bloque II (dedicado aos cereais), comezan abordando as leguminosas de sementeira de outono-inverno coas de verán. De entre as primeiras, estúdanse o chícharo, a faba loba, o tremoceiro, os garavanzos e as lentellas e das do grupo estival, a soia e a faba. Na unidade didáctica 12 dáselle un repaso á clasificación botánica, as características morfolóxicas das Papilonáceas, á súa importancia económica e agrícola, e descríbense os principais estadíos de desenvolvemento. Estúdase tamén a importancia das leguminosas nas alternativas de cultivo, a súa capacidade rexeneradora de solos empobrecidos e a necesidade de inocular con Rhizobium no caso de algunhas especies.
  • Item type: Item ,
    Recoñocemento do terreo
    (Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, 2009) Núñez Temes, Carlos; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Enxeñaría Agroforestal
    Esta unidade didáctica serve de peche ó primeiro módulo da programación da materia “Enxeñaría e Morfoloxía do Terreo” do segundo curso da titulación de Enxeñeiro Técnico de Obras Públicas, Especialidade Transportes e Servizos Urbanos, que se dedica a senta-las bases da mecánica de solos. Os primeiros temas expoñen con detalle as principais características dos solos e os fundamentos básicos do seu comportamento tensodeformacional, definindo os parámetros resistentes que se precisan nos cálculos.
  • Item type: Item ,
    Imaxe dixital
    (Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, 2008) Saco López, Pedro José; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Electrónica e Computación
    Os gráficos por computadora están presentes en diferentes manifestacións do día a día: en televisión, en películas, en libros e revistas, en pósteres e, por suposto, nos monitores das computadoras. Son tan habituais que non se lles adoita prestar demasiada atención. Estas imaxes poden provir do mundo real (por exemplo mediante o uso de fotografías ou debuxos que son dixitalizados) ou que poden ser xerados nunha computadora (utilizando algún software). Neste tema imos describir os gráficos por computadora, buscando establecer a súa natureza e características de forma que cheguemos a ser capaces de aplicar na práctica os conceptos que se poden atopar nas aplicacións de retoque fotográfico ou composición e comprender as opcións que estas permiten aplicar sobre as imaxes, coa idea de construír unha aplicación/ presentación multimedia. Neste tema abórdanse conceptos relativos ao almacenamento dos gráficos na memoria e no disco, formatos dos ficheiros gráficos e elementos no campo do proceso de imaxes e a súa visualización.
  • Item type: Item ,
    Flotación: fundamentos e casos prácticos
    (2023) Feijoo Costa, Gumersindo
  • Item type: Item ,
  • Item type: Item ,
    Fluxo de fluídos compresibles: toberas e compresores
    (2023) Feijoo Costa, Gumersindo