Mecánica ondulatoria
Loading...
Identifiers
Publication date
Advisors
Tutors
Editors
Journal Title
Journal ISSN
Volume Title
Publisher
Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico
Abstract
A presente Unidade Didáctica (en diante UD) é unha continuación da UD II
na que se estudan os fundamentos da ondada. Ambas as unidades
encádranse dentro do Bloque I da materia, onde se caracterizan os distintos
procesos que determinan o deseño das actuacións litorais (Bloque II). Para
o seu deseño, é esencial coñecer o clima marítimo ao que estarán
sometidas; en particular, as condicións da ondada constitúen, na maioría
dos casos, a solicitude máis importante.
Os datos de partida fan referencia xeralmente á área de
profundidades indefinidas fronte ao punto de interese, situado na maioría
das ocasións en profundidades reducidas. Non obstante, as características
da ondada modifícanse no seu avance dende augas indefinidas ata a costa.
Deste modo, o estudo da súa transformación constitúe un aspecto
fundamental á hora de determinar as condicións da ondada nunha
determinada zona do litoral.
Nesta unidade didáctica preséntanse os principios científicos
básicos que determinan a transformación da ondada unha vez que
abandona a condición de profundidades indefinidas. Agora ben, a
representación axeitada destes procesos constitúe un problema matemático
complexo. Por este motivo farase referencia aos distintos modelos
numéricos que na actualidade se empregan con este fin.
Description
Keywords
Bibliographic citation
Relation
Has part
Has version
Is based on
Is part of
Is referenced by
Is version of
Requires
Sponsors
Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Normalización Lingüística
Rights
Atribución-NoComercial-CompartirIgual 4.0 Internacional







