Mareas
Loading...
Identifiers
Publication date
Advisors
Tutors
Editors
Journal Title
Journal ISSN
Volume Title
Publisher
Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico
Abstract
A presente Unidade Didáctica (en diante UD) encádrase dentro do Bloque
Temático I da materia (Procesos Litorais), onde se caracterizan os distintos
procesos que determinan o deseño das distintas actuacións no litoral
(Bloque II). Para iso, é preciso coñecer o clima marítimo ao que estarán
sometidas. Unha vez definidas as condicións da ondada (UD 2 e 3) resulta
imprescindible ademais coñecer as variacións do nivel do mar.
O nivel do mar é unha variable de importancia capital na zona litoral.
As súas variacións a curto prazo (horas ou días) repercuten sobre todos os
procesos litorais, desprazando vertical e horizontalmente a zona da costa
que recibe a enerxía da ondada, e polo tanto constituíndo un elemento
esencial en calquera proxecto no ámbito da Enxeñaría de Portos e Costas.
Estas oscilacións a curto prazo débense fundamentalmente, e salvo casos
excepcionais, á marea astronómica. Aínda que as forzas causativas quedan
explicadas pola Teoría de Equilibrio desenvolta por Newton, é preciso
expoñer tamén a Teoría Dinámica de Laplace e o concepto de Onda de
Marea, co obxecto de que os alumnos comprendan certos aspectos
relevantes como a influencia da xeometría e profundidade dos océanos,
mares e estuarios. Do mesmo xeito, explícanse outros conceptos básicos á
hora de predicir a marea como é a análise harmónica. Finalmente,
introducirase ao alumno a outro tipos de variacións no nivel do mar a curto
prazo, como son as debidas á marea meteorolóxica, así como de longo
prazo e que, en ocasións, poden chegar a ter unha incidencia importante
sobre as distintas actuacións que o enxeñeiro civil realiza na zona litoral.
Description
Keywords
Bibliographic citation
Relation
Has part
Has version
Is based on
Is part of
Is referenced by
Is version of
Requires
Sponsors
Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Normalización Lingüística
Rights
Atribución-NoComercial-CompartirIgual 4.0 Internacional







