Grao en Pedagoxía

Permanent URI for this collectionhttps://hdl.handle.net/10347/11502

Browse

Recent Submissions

Now showing 1 - 20 of 23
  • Item type: Item ,
    Los videojuegos en la socialización en género
    (2025) Quesada Martínez, Cecilia; Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Ciencias da Educación; Gewerc Barujel, Adriana
    En una sociedad donde el género moldea la forma en la que las personas interpretan, experimentan y se posicionan en el mundo, las vivencias femeninas están marcadas por normas, expectativas y mandatos de género que imponen un ideal de feminidad contradictorio y asfixiante: se espera que sean perfectas, pero sin presumirlo; independientes, pero sin desafiar lo tradicional; que se defiendan, pero sin señalar ni incomodar; fuertes, pero sin rechazar ser rescatadas. Ser mujer es una causa de estigma, y ha terminado manifestándose también en el ámbito lúdico-digital. El presente Trabajo de Fin de Grado analiza cómo los videojuegos influyen en la configuración de la identidad de género de las mujeres jugadoras a través de una investigación de enfoque cualitativo basada en grupos de discusión, en las que participaron mujeres de entre 18 a 50 años. Se evidenció una reproducción sistemática de estereotipos de género, la cosificación persistente del cuerpo femenino y la invisibilización de las mujeres como protagonistas en las narrativas y espacios multijugador. Muchas jugadoras deben ocultar su identidad para evitar acoso y perciben el espacio gamer como un entorno hostil que les niega la posibilidad de ser, expresarse y jugar sin los estigmas del género
  • Item type: Item ,
    Impacto das especies exóticas invasoras nos ecosistemas galegos: proxecto de sensibilización e fomento da acción ambiental dende o ocio sostible
    (2025) Rodríguez Ourille, Sara; Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Ciencias da Educación; Formoso-Silva, María; Priegue Caamaño, Diana
    As Especies Exóticas Invasoras supoñen unha ameaza tan importante como descoñecida. A súa introdución e expansión nos ecosistemas galegos pode provocar devastadoras consecuencias para a biodiversidade local. Esta problemática xustifica a necesidade dun proxecto de intervención que fomente o coñecemento e a acción individual e colectiva ante esta ameaza dende unha perspectiva pedagóxica enmarcada na Educación Ambiental. O presente Traballo de Fin de Grao, circunscrito dentro da modalidade de deseño dun proxecto de intervención, centra a súa atención neste reto, propoñendo un proxecto educativo dirixido ás crianzas do último ciclo de Educación Primaria. O eixo central desta proposta consiste en sensibilizar acerca do impacto das Especies Exóticas Invasoras sobre a biodiversidade galega, promovendo actitudes responsables e sostibles mediante a Educación Ambiental e o Ocio Sostible. No desenvolvemento deste traballo preséntase unha aproximación conceptual á temática obxecto de estudo, fundamentada en investigacións científicas, abordando a relevancia educativa desta problemática, o papel da Educación Ambiental como ferramenta didáctica e o potencial do Ocio Sostible para a sensibilización social. Asemade, realizase unha análise de necesidades e contextualización da proposta na Fundación Montescola, entidade onde se pretende desenvolver o proxecto. Finalmente, inclúese a proposta de intervención deseñada, especificando as accións a desenvolver
  • Item type: Item ,
    Secondary Education Teachers and Climate Change Education: A Complementary Bibliometric and Methodological Review
    (MDPI, 2026-01-13) García Vinuesa, Antonio; Conde Miguélez, Jorge; Palmieri, Mayara; Correa Chica, Jully Andrea; Universidade de Santiago de Compostela. Instituto de Investigación do Medio Acuático para Unha Saúde Global (iARCUS); Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Pedagoxía e Didáctica; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Didácticas Aplicadas
    Climate change is the most significant socio-environmental challenges of our time, and education has been recognized as a fundamental strategy to confront it. Yet research efforts have focused more on students than on teachers, despite the latter's key role in mediating between scientific and curricular knowledge and classroom practice. This study set out to characterize the field of educational research on climate change from the perspective of secondary school teachers. To this end, we conducted a systematic review and bibliometric analysis of 50 peer-reviewed studies from 15 countries (2010-2023). The results show a growing interest over time, with increases associated with international milestones such as the IPCC reports and the Paris Agreement, while declines are observed in connection with political shifts and the COVID-19 pandemic. Consolidated academic reference points were identified, including Eric Plutzer and Maria Ojala, alongside influential international organizations such as the IPCC and UNESCO, suggesting the presence of schools of thought and institutional frameworks that structure the field. Methodologically, descriptive and exploratory studies predominate, with a notable reliance on qualitative and mixed-methods designs using small samples, reinforcing the difficulty of accessing teachers as a research population. Overall, this review highlights significant gaps, particularly the geographical bias toward the Global North, and underscores the urgency of broader, more inclusive, and critically engaged research that positions teachers as essential agents of transformative educational responses to the climate crisis.
  • Item type: Item ,
    A educación política para a superación dos discursos de odio na sociedade. Unha análise pedagóxica
    (2024) Fuentes Sánchez, Iván; Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Ciencias da Educación; Sotelino-Losada, Alexandre
    O planeta terra no s. XXI parece estar enfermo. Guerras, epidemias, recesións, crise climática, cuestionamento da democracia, aumento dos discursos do odio… Un conxunto de afeccións que fan que o futuro das sociedades que habitan o globo terráqueo vexan ameazadas a súa existencia por mor da súa propia acción. Cando a idea de enfermidade aparece, inevitablemente, tamén o fai a idea da cura. ¿É a educación a cura da enfermidade do s. XXI? O certo é que aquel que pretenda que a educación revirta esta tendencia de pesimismo sen a axuda de outros axentes sociais que teñen calado na comunidade estará pecando de idealista. Pero quizáis si que é o momento de comezar a limpar determinadas feridas superficiais e a poñer sobre a mesa que é preciso preocuparse pola saúde se non queremos perder o humanismo. Unha das formas de acción social máis efectivas e transformadoras que coñecemos é o cultivo e promoción da Sociedade Civil; un signo de saúde comunitaria. No presente traballo preténdese ampliar coñecementos sobre un concepto certamente polémico polas súas connotacións históricas e contextuais: a educación política. A través dunha revisión sistemática guiada polo protocolo PRISMA e de unha reconceptualización do termo preténdese responder a unha serie de preguntas que poden indicarnos si esta proposta pedagóxica é axeitada para recuperar a senda da convivencia pacífica e do estado de benestar. En definitiva, entre as principais conclusións destacamos que a literatura existente sobre un enfoque pedagóxico da política é insuficiente para afirmar que existe unha correlación entre a educación política e accións que contribúan a diminuír os discursos do odio. Por outra banda, tamén se pretende abrir un debate sobre a presenza (ou non) noutros enfoques académicos
  • Item type: Item ,
    La relación entre adolescentes y personal educador en centros de Ocio Juvenil. Un estudio de caso en Galicia
    (2023) Carrera González, Luis; Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Ciencias da Educación; Vila Couñago, Esther; Gerpe Pérez, Enelina María
    Este Trabajo Fin de Grado, enmarcado en la modalidad de iniciación a la investigación de campo, se centra en la relación entre adolescentes y personal educador en centros de ocio juvenil en Galicia. En el marco teórico se destaca el papel de la pedagogía en el ocio y se establecen los principios básicos sobre la relación educativa. Se realiza un estudio de caso con metodología mixta sobre la Federación de Centros Xuvenís Don Bosco de Galicia, con una primera fase cuantitativa, que incluye cuestionarios ad hoc dirigidos a adolescentes y educadores/as, y una segunda fase cualitativa, conformada por entrevistas semiestructuradas a personal educador. El objetivo principal del estudio es conocer, analizar y comprender la relación entre adolescentes y educadores/as en estos centros. Los resultados muestran aspectos característicos de la relación educativa en general y en función del género, el nivel de grupo y el centro juvenil de pertenencia. Las conclusiones subrayan la importancia de fortalecer las relaciones entre educadores/as y adolescentes para promover un entorno de ocio saludable y educativo, así como resaltan la necesidad de incorporar la relación educativa como ámbito de reflexión en la práctica profesional de los educadores/as
  • Item type: Item ,
    A aprendizaxe baseada en competencias como paradigma formativo na Educación Primaria. Deseño dun proxecto de formación para profesorado en Galicia
    (2023) Otero Ocampo, Nuria; Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Ciencias da Educación; Mella-Núñez, Ígor
    A promulgación da LOMLOE no ano 2020 supuxo un impulso á aprendizaxe baseada en competencias (AbC) en todos os niveis educativos. Así pois, no presente TFG proponse a elaboración dun proxecto de formación para o profesorado de Educación Primaria de Galicia, onde a temática principal serán as metodoloxías de ensino que favorezan unha aprendizaxe competencial no alumnado, ao amparo da normativa da Comunidade Autónoma sobre a ordenación e o currículo de Primaria. Por tanto, enmárcase dentro da modalidade de deseño dun proxecto de intervención. Para iso, previamente realizarase unha revisión bibliográfica sobre a aprendizaxe baseada en competencias, estudando a evolución dos paradigmas formativos ata a súa chegada e indagando sobre a relevancia da mesma para o ámbito educativo. Seguidamente, procederase a facer unha análise diagnóstica e documental co fin de concretar as necesidades que sustenten a base do desenvolvemento do proxecto. Tomando como referencia cada un dos apartados anteriores deseñarase o proxecto, o cal estará centrado en dúas metodoloxías de ensino, a aprendizaxe baseada en proxectos e a aprendizaxe-servizo, as cales serán introducidas a través dun enfoque integral e práctico co fin de favorecer a súa aplicabilidade na aula
  • Item type: Item ,
    A detección e o diagnóstico da dislexia dende a perspectiva familiar
    (2023) Estévez Souto, Serxio; Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Ciencias da Educación; Outón Oviedo, Paula
    A dislexia é unha das dificultades de aprendizaxe de maior prevalecía. A pesares dos numerosos avances realizados ao longo dos anos neste eido, no noso país persiste un gran baleiro no que respecta ao estudo do trastorno dende o impacto que produce a nivel familiar. Co obxectivo de coñecer a perspectiva das familias en relación á detección e o diagnóstico da dislexia, elaborouse un cuestionario mixto aplicado a unha mostra de 62 pais e nais de nenos e nenas diagnosticados con dislexia, seleccionados mediante unha mostraxe por conveniencia a través de diferentes entidades. De entre os resultados obtidos destácase o alto grao de involucración das figuras paternas na detección inicial das dificultades na lectoescritura; diferenzas entre o momento de detección e o momento de diagnóstico da dislexia, atribuído ás dinámicas e tempos de resposta dos centros de ensino; descontento das figuras paternas cos centros escolares, percibindo unha falta de apoio e comprensión do problema; e experimentación de sentimentos positivos e negativos tanto por parte dos pais como das crianzas á hora de recibir o diagnóstico, evidenciando a ambivalencia emocional que produce este proceso
  • Item type: Item ,
    Start-up e emprendemento feminino. Unha aproximación sociocrítica aos factores que impulsan ou limitan o seu desenvolvemento
    (2023) García Fernández, Paula; Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Ciencias da Educación; García Álvarez, Jesús
    O emprendemento feminino constitúe unha alternativa importante na vida profesional das mulleres. Múltiples fenómenos sociais interceden na decisión das mulleres de iniciar unha start-up, impulsando ou limitando o seu desenvolvemento. Este traballo presenta, cunha perspectiva sociocrítica, unha aproximación á realidade de mulleres que se ven envoltas no mundo da empresa. Trátanse as implicacións que acompañan ao proceso de emprender, dende o marco institucional, social e persoal, perfilando adicionalmente as novas tendencias no emprendemento feminino. Discútese o grao de afectación das variables en relación aos últimos cambios sociais na transformación cultural do emprendemento e da habitual figura emprendedora. Evidéncianse diferentes relacións de asimetría estrutural que limitan o emprendemento feminino, neste caso, e algunhas formas organizativas e de asociacionismo informais que impulsan o seu desenvolvemento entre o colectivo de mulleres emprendedoras
  • Item type: Item ,
    La mirada fotográfica en la Educación Intercultural: análisis documental
    (2023) Cino Rouco, Katia ; Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Ciencias da Educación; Varela Portela, Cristina
    El presente Trabajo de Fin de Grado aúna Educación Intercultural y Fotograca; dos ámbitos, a priori, inconexos que, sin embargo, se complementan muy bien. El mismo, tiene como objetivo general conocer cómo se ha abordado, estos últimos cinco años, la fotograca en intervenciones con personas inmigrantes desde una perspectiva intercultural, en contextos educativos culturalmente diversos. Ateniéndose a la modalidad de iniciación a la investigación documental, se ha realizado una búsqueda sistemática en tres bases de datos de relevancia en el ámbito educativo (Scopus, Web of Science y Dialnet); así como una búsqueda manual en diversas bases de datos, repositorios y revistas educativas, con el fin de profundizar en la temática. Los resultados obtenidos a través de esta investigación demuestran que las tres funciones atribuidas a la fotograca —de registro o documentación, como medio de expresión y de evocación de recuerdos y sentimientos que pueden ser compartidos por una comunidad— la convierten en un medio propicio para fomentar el diálogo, la reflexión, el encuentro, el autoconocimiento, el conocimiento del otro, la empatía; y, por consiguiente, la mejora de la comunicación interpersonal y la convivencia entre grupos culturalmente diversos; cuestiones clave en la intervención educativa intercultural
  • Item type: Item ,
    Escola e comunidade: análise das redes de participación social no concello de San Sadurniño
    (2022) Beceiro Calvo, Irene; Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Ciencias da Educación; Varela Portela, Cristina
    O presente traballo responde a unha iniciación á investigación de campo co obxectivo de coñecer as relacións existentes entre a comunidade educativa e o conxunto da cidadanía do concello de San Sadurniño para determinar o grao de desenvolvemento da participación social no municipio. Tralo encadre teórico das relacións entre familia, escola e comunidade e as vías da participación social, séguese unha metodoloxía que combina métodos cuantitativos e cualitativos para recoller as perspectivas do Centro educativo, a Administración local e o tecido asociativo veciñal do concello de San Sadurniño. A análise da información recollida das tres partes ofrece unha visión xeral da realidade do municipio onde o CPI San Sadurniño e o Concello manteñen unha relación forte e fluída, postulándose como o eixe condutor para as accións comunitarias ante a baixa implicación familiar e a debilidade das relacións entre o tecido asociativo veciñal. Os resultados obtidos pretenden servir como punto de partida para posibles accións futuras que busquen a integración de todos os axentes sociais
  • Item type: Item ,
    Deseño dun proxecto de educación emocional para alumnado de sexto de educación primaria: atrévete a emocionarte!
    (2022) Barreiro Laranjo, María; Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Ciencias da Educación; Vila Couñago, Esther
    A pesar de que cada vez son máis os/as profesionais e as institucións que apostan por introducir programas, recursos e metodoloxías relacionadas coa educación emocional, este proceso socioeducativo segue a ter unha influencia moi débil no que respecta ao currículo escolar do noso territorio. Isto débese a que aínda se mantén presente a idea de que a adquisición de coñecementos teóricos e contidos académicos é máis importante que desenvolver as nosas habilidades sociais, así como as capacidades para resolver conflitos, xestionar emocións e relacionarnos cos nosos iguais. Por iso mesmo, o deseño deste proxecto de intervención ten unha dobre finalidade: por un lado, dar resposta a unha serie de necesidades socioemocionais detectadas nunha aula de educación primaria (6º curso); por outra, visibilizar a importancia de desenvolver a intelixencia emocional co mesmo protagonismo que se traballan outras intelixencias, apostando polas titorías como o marco espazo-temporal máis idóneo para adquirir esas aprendizaxes dentro da súa contorna escolar
  • Item type: Item ,
    La prevención del absentismo escolar: claves para una acción socioeducativa integrada en el ámbito municipal
    (2016) Formoso-Silva, María; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Didáctica e Organización Escolar; Varela Crespo, Laura
    [ES] El absentismo escolar es un problema educativo y social que tiene consecuencias significativas sobre la formación del alumnado y sobre su futuro, afectando negativamente a su desarrollo personal, social, laboral, educativo y cultural, e incluso puede propiciar situaciones de exclusión. El trabajo de investigación documental que se presenta se centra en el estudio de las bases conceptuales para una acción socioeducativa integrada en el ámbito municipal a fin de prevenir el absentismo escolar, fundamentalmente en Educación Secundaria Obligatoria. Se tratan diversos aspectos, todos ellos relacionados con el absentismo, tales como su marco teórico y normativo, el protocolo de actuación en Galicia, así como diversas claves para su prevención desde una acción integrada en el ámbito municipal. Con la aproximación a una experiencia reconocida como buena práctica en el ámbito municipal, se traza una investigación cuyo objetivo principal es conocer la importancia y los modos de abordar las situaciones de absentismo escolar desde la coordinación entre la escuela, los servicios sociales y otros agentes socioeducativos del territorio.
  • Item type: Item ,
    As bibliotecas e a súa historia: Dos almacéns documentais ás bibliotecas escolares
    (2016) Lavandeira García, Lucia; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Didáctica e Organización Escolar; Alonso-Ferreiro, Almudena
    [GL] No presente traballo exporase unha visión histórico – pedagóxica do nacemento e evolución das bibliotecas, tanto a nivel mundial coma, máis concretamente, español. Asemade, terase en conta a aparición das denominadas “escolares”, dándolle especial importancia aos acontecementos sociais que promoveron o seu nacemento. Non se debe esquecer a clara influencia que supón para as bibliotecas a aparición da escritura, a súa evolución, técnicas, o libro, a imprenta ou, un dos aspectos máis importante, a progresiva igualdade entre os estratos sociais. As bibliotecas son fondos culturais inesgotables dos que apenas se ten falado ate o momento; constitúen un papel fundamental na evolución dos nosos antepasados e na nosa propia, aportando información de índole histórica e visual que non se pode esquecer coidar e cultivar nas futuras xeracións. Neste informe, plasmarase a evolución desde a primeira das bibliotecas, Ebla, ate os nosos días, dando claro exemplo da importancia dentro dos pobos, así coma unha conclusión acerca das chamadas “escolares” e a súa importancia dentro do sistema educativo actual.
  • Item type: Item ,
    Los huertos urbanos ecológicos como recurso educativo en el municipio de Vigo
    (2016) Domínguez Arines, Raquel; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Teoría da Educación, Historia da Educación e Pedagoxía Social; Iglesias Da Cunha, Lucía
    [ES] Los huertos urbanos ecológicos se han ido asentando a lo largo de los años, y especialmente desde el comienzo de la crisis, en los espacios públicos de las ciudades. Vigo, una ciudad caracterizada por su crecimiento desmesurado en los últimos 50 años y su industria, acoge en su municipio experiencias sobre huertos urbanos ecológicos, de la mano del programa de educación ambiental de Camiño a Camiño. El presente trabajo versa sobre el análisis de estos huertos por medio de un estudio de casos de carácter cualitativo. El objetivo del análisis es comprobar si estos espacios ciudadanos funcionan como recursos educativos a favor de la educación ambiental, con valor social y ciudadano y con el punto de mira en el desarrollo sostenible y sustentable.
  • Item type: Item ,
    El modelo de empleo con apoyo para personas con discapacidad intelectual: los recursos humanos de apoyo natural en las organizaciones laborales
    (2015) Villar Mariño, María Inmaculada; Jato Seijas, Elisa
    [GL] Este traballo é unha iniciación á investigación de campo que ten como obxecto determinar as necesidades de formación dos recursos humanos de apoio natural nas organizacións laborais, para promover a inclusión dos/as empregados/as con discapacidade intelectual baixo a metodoloxía de emprego con apoio. Para responder a tal fin, pártese dun marco teórico e conceptual sobre o emprego con apoio, que permitirá comprender as funcións dos recursos humanos de apoio natural durante este proceso de inserción sociolaboral. A investigación, de carácter cualitativo, está referida a un único caso: a Fundación Down Compostela, que ten máis de dez anos de experiencia en aplicar a metodoloxía de emprego con apoio. A recollida de datos foi realizada mediante a entrevista semi-estruturada a tres preparadoras laborais. Os resultados permiten establecer un conxunto de características desexables nos recursos humanos de apoio natural, e contribúen a redefinir o papel do/a preparador/a laboral como formador/a dos mesmos.
  • Item type: Item ,
    Bullying e ciberbullying: Marco normativo e prevalencia nas etapas da educación básica
    (2015) López Gómez, Nahyr; Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Ciencias da Educación; Buceta Cancela, María José
    [GL] O presente traballo pretende afondar nos fenómenos do bullying e do ciberbullying, analizar o marco normativo no que se insiren e indagar acerca da situación actual dos mesmos nas etapas da educación básica: Educación Primaria e Educación Secundaria Obrigatoria. Para acadar ditos obxectivos levouse a cabo unha revisión bibliográfica sobre ambas problemáticas e unha minuciosa revisión das investigacións máis recentes desenvolvidas no ámbito estatal e autonómico. Tras realizar dita análise conclúese que o bullying e o ciberbullying están presentes na ampla maioría dos centros educativos estudados e en todos os niveis analizados, sendo os últimos cursos de Educación Primaria e os primeiros da Educación Secundaria Obrigatoria os que rexistran unha maior incidencia. Os mozos adoptan maioritariamente o rol de agresores, mentres que as mozas son vítimas na maior parte dos casos. Trátase, polo tanto, dunha problemática de capital importancia na actualidade.
  • Item type: Item ,
    Os patios escolares nos centros de educación primaria: Adecuación da normativa de construción de Galicia ás necesidades do alumnado
    (2015) Lomba González, Rosana; Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Ciencias da Educación; Crespo Comesaña, Julia
    [GL]Este traballo é o resultado dun proceso de revisión documental co obxectivo de coñecer en que grao a normativa de construción dos patios escolares de Galicia se adecúa ás necesidades do alumnado de educación primaria, así como a aquelas conclusións que diferentes especialistas da educación teñen extraído das investigacións sobre a organización espacial dos patios escolares. Pártese dun achegamento á importancia do espazo nos procesos de ensino-aprendizaxe que xustifica a pertinencia dos estudos, e preséntanse as características do alumnado na etapa de educación primaria ás que o deseño espacial dos centros debe atender, seguindo cunha revisión da opinión de diferentes expertos/as da educación sobre a organización espacial dos patios. O traballo remata cunha serie de valoracións nas que se analiza reflexivamente se a normativa de construción actual dos patios escolares é congruente cos aspectos sinalados en relación ó alumnado e á opinión experta sobre esta cuestión, chegando a coñecer o grao de congruencia existente entre ambas variables na Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Item type: Item ,
    El proceso diagnóstico en Atención Temprana
    (2015) Garea Gestal, María Blanca; Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Ciencias da Educación; Fernández Rey, Elena
    [GL] Neste Traballo Fin de Grao, pertencente á modalidade de iniciación á investigación documental, preténdese realizar unha aproximación conceptual á Atención Temperá e ao seu proceso diagnóstico, dende un punto de vista interdisciplinar, resaltando o enfoque pedagóxico. Expóñense os referentes nativos, a nivel internacional, nacional e autonómico, no marco dos tres ámbitos implicados: educación, servizos sociais e sanidade. Expóñense as áreas, fases, técnicas, instrumentos e o modelo metodolóxico común do proceso en Galicia -de carácter bio-psico-social-. Resáltase a atención á familia no diagnóstico.
  • Item type: Item ,
    Redes sociales, motivación y participación. El lugar de la evaluación en un estudio de caso
    (2015) Fernández Menor, Isabel; Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Ciencias da Educación; Gewerc Barujel, Adriana
    [GAO] Neste traballo de iniciación á investigación de campo, abórdase a situación actual das redes sociais académicas no contexto universitario así como as teorías da aprendizaxe que as sustentan. A través de diferentes investigacións e experiencias, ofrécese un panorama xeral e representativo do obxecto de estudo. Concretamente, a investigación é un estudo de caso onde se analiza a motivación e participación académicas cando o alumnado se avalía a través dunha rede social. Mediante as entrevistas semiestructuradas recolleuse a perspectiva do alumnado nunha experiencia de uso de redes sociais na Universidade de Santiago de Compostela. As entrevistas analizáronse en base a categorías teóricas utilizando o software Atlas.ti. Os resultados mostran a interdependencia da avaliación, motivación e participación no traballo cunha rede social académica. Tamén proxectan a dominancia da evaluación no proceso de ensinanza e aprendizaxe, a existencia de elementos secundarios ademais da avaliación e, finalmente, a visión da rede social académica como un compoñente motivacional entre os estudantes. social académica como un componente motivacional entre los estudiantes.
  • Item type: Item ,
    E-creadores/as: la utilización de software libre de creación de videojuegos educativos por parte del profesorado español
    (2015) Dorado Gómez, Sandra; Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Ciencias da Educación; Gewerc Barujel, Adriana
    [GAO] Neste Traballo Fin de Grao, preséntase unha análise do estado da cuestión da creación de videoxogos educativos por parte do profesorado español, e as posibilidades e limitacións que presenta dita actividade no contexto educativo. Recóllense ademais algunhas das experiencias máis significativas realizadas en España, xunto co software libre de creación de videoxogos máis empregado polo profesorado. Para levar a cabo este estudio, realizouse unha procura documental nas principais bases de datos educativas. Os resultados permitiron o coñecemento do estado da situación da temática, ademais dun imprescindible achegamento teórico sobre a creación de software educativo polo docentes. Os resultados obtidos proxectan un campo pouco desenvolvido. A faceta de creación de recursos en xeral, e de videoxogos educativos en particular, está escasamente desenvolvida polos docentes. Existen algunhas experiencias documentadas deste ámbito en España, aínda que o número das mesmas é limitado.