Máster en Investigación en Educación, Diversidade Cultural e Desenvolvemento Comunitario

Permanent URI for this collectionhttps://hdl.handle.net/10347/11565

Browse

Recent Submissions

Now showing 1 - 7 of 7
  • Item type: Item ,
    A segregación escolar e a atención educativa ao alumnado de orixe inmigrante Unha revisión sistemática da cuestión en España
    (2025) Vinseiro Ríos, Ángela; Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Ciencias da Educación; Santos Rego, Miguel Ángel
    A segregación escolar do alumnado de orixe inmigrante é un tema que adquiriu relevancia no Estado español dado o auxe dos fluxos migratorios que, como non podía ser doutra forma, transformaron as institucións educativas, tanto no que se refire á propia composición dos centros educativos como ás políticas educativas que os regulan. De aí que o obxectivo deste traballo céntrese en explorar e sintetizar criticamente a literatura científica sobre este fenómeno no sistema educativo español non universitario. Para iso, empregouse unha metodoloxía de revisión sistemática seguindo as recomendacións do protocolo PRISMA (Preferred Reporting Items for Systematic Reviews and Meta Analyses), que nos permitiu seleccionar 14 estudos nas bases de datos Dialnet, Scopus e Web of Science. Os resultados revelan, en primeiro lugar, unha tendencia xeral de diminución da segregación dende comezos do século, mais persisten niveis moderados cunha forte asimetría territorial que se intensifica cando se toma en consideración outros factores de vulnerabilidade. En segundo lugar, amósase que este fenómeno non pode ser explicado por un único mecanismo causal, senón pola interacción de factores contextuais, institucionais e socioculturais. Asemade, os achados constatan que este tipo de segregación ten efectos perniciosos sobre as traxectorias educativas do alumnado, tanto nativo coma non nativo, ao tempo que mingua as posibilidades dunha sociedade igualitaria e cohesionada. Finalmente, identifícanse propostas co fin de atenuar a situación que van dende a reformulación das políticas de admisión até medidas dirixidas aos propios centros, así como o reforzo do papel das autoridades locais para que poidan xestionar a situación dende a perspectiva micro, o que evidencia a necesidade de coordinación entre todos os actores implicados
  • Item type: Item ,
    As artes comunitarias como vivencia de lecer e estratexia de transformación social. Un estudo de caso da Compañía Caracol
    (2025) Rey Álvarez, Álex; Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Ciencias da Educación; Varela Crespo, Laura
    O presente Traballo de Fin de Mestrado centra o seu obxecto de estudo nas Artes Comunitarias como vivencias de lecer e nas súas potencialidades para a intervención socioeducativa. A investigación sitúase nun posicionamento crítico fronte ás lóxicas elitistas e mercantilizadas dos circuítos tradicionais das artes e á apropiación institucional da cultura comunitaria, defendendo a creatividade como un dereito colectivo, unha ferramenta de transformación social e unha estratexia de desenvolvemento persoal e comunitario. O obxectivo principal desta investigación é analizar, en clave socioeducativa, as Artes Comunitarias como vivencia de lecer, a través do estudo de caso da Compañía Caracol. A nivel metodolóxico, o presente estudo de caso susténtase nun enfoque cualitativo, participativo, crítico e conversacional. A recollida de información realizouse mediante a análise de prensa e audiovisual e de dúas entrevistas abertas, unha individual coa persoa de referencia da compañía e outra grupal con participantes da experiencia. Os principais resultados evidencian que as Artes Comunitarias vividas como experiencias de lecer comprometido e libremente escollido, dende a autoxestión e a colaboración comunitaria, posúen potencialidades socioeducativas para: o desenvolemento cognitivo e educativo, promovendo aprendizaxes creativas, comunicativas e imaxinativas e favorecendo o desenvolvemento persoal; o desenvolvemento afectivo e relacional, fomentando a creación de vínculos, o sentido de pertenza, a empatía, a comprensión e a valoración positiva da diferenza; a participación social activa, xerando novas redes de sociabilidade que permiten a implicación en diferentes contextos, fortalecendo os vínculos comunitarios e activando a cultura local; así como para o desenvolvemento da reflexividade crítica e a transformación social, desenvolvendo, a través da imaxinación colectiva, modelos alternativos de convivencia. En conclusión, esta investigación pon de manifesto como as Artes Comunitarias integradas no lecer constitúen unha ferramenta eficaz para o desenvolvemento comunitario dende unha perspectiva situada, crítica e integral, e consolidan o seu papel como estratexia socioeducativa
  • Item type: Item ,
    La narrativa visual en los procesos migratorios. Una perspectiva de desarrollo educativo intercultural
    (2024) Cino Rouco, Katia; Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Ciencias da Educación; Santos Rego, Miguel Ángel
    En nuestras sociedades actuales, el lenguaje textual e icónico confluyen y se superponen como vehículos de comunicación, siendo ambos referentes materiales y simbólicos que nos definen como grupo social y cultural. En este sentido, la irrupción y auge de las redes sociales, así como el desarrollo de las nuevas tecnologías, han propiciado que las imágenes fotográficas adquieran cada vez más un mayor protagonismo como medio de expresión y comunicación, especialmente en las últimas décadas. En cuanto a medio de comunicación, el lenguaje textual visual representado en este tipo de imágenes tiene sus propios códigos comunicativos, los cuales dan forma y construyen las narrativas visuales. Desde una perspectiva de desarrollo intercultural, el análisis de documentos fotográficos se presenta, pues, como una oportunidad metodológica más que apropiada con el fin de adquirir una mayor comprensión acerca de un determinado fenómeno social, en este caso, la migración. Para profundizar en este tema, nos hemos planteado como objetivo principal en esta investigación conocer los aspectos generales representados en las fuentes documentales visuales, concretamente, en las imágenes fotográficas, asociados al fenómeno migratorio durante los siglos XX y XXI, desde y hacia el territorio español. A través de una metodología esencialmente cualitativa, basada en el análisis documental —tanto descriptivo como interpretativo— de documentos visuales fotográficos, hemos podido comprobar que este no solo propicia la profundización y concienciación acerca de los elementos que caracterizan el fenómeno migratorio al que se asocian, sino que estos, a su vez, constituyen su propia narrativa visual. Del mismo modo, la intersubjetividad que media entre la función de registro fotográfico y su correspondiente análisis crítico, permite adquirir una mayor conciencia acerca de nuestros propios sesgos culturales, confrontando nuestra percepción sobre el fenómeno en cuestión
  • Item type: Item ,
    A pegada educativa nos semanarios anarcosindicalistas galegos. Solidaridad Obrera de La Coruña (1923-1935) e Solidaridad (1935-1936)
    (2024) Merayo Fernández, Inés; Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Ciencias da Educación; Gradaílle Pernas, Rita
    A investigación estuda a influencia educativa dos semanarios anarcosindicalistas galegos Solidaridad Obrera de La Coruña (1923-1935) e Solidaridad (1935-1936), co obxectivo de analizar o contido educativo destas publicacións. O estudo ten como propósito destacar a relevancia das prácticas e discursos educativos no contexto do movemento obreiro galego prefranquista, proporcionando unha perspectiva sobre o papel transformador da educación anarquista. A memoria histórica é esencial para preservar a identidade colectiva e recoñecer as loitas e prácticas educativas esquecidas do pasado. A metodoloxía empregada combina a análise histórico-educativa e a análise de contido dos mencionados semanarios. Este enfoque permitiu identificar e categorizar os temas educativos recorrentes, así como os valores promovidos polos xornais. Os resultados principais mostran que os semanarios non só proporcionaban información sobre educación regrada e popular, senón que tamén funcionaban como vehículos de emancipación social. Promovían un modelo educativo alternativo baseado na autoxestión, a formación integral das persoas e a transformación radical da sociedade. Este enfoque integrador e revolucionario destacaba pola súa capacidade de combinar a defensa de métodos pedagóxicos activos e libertarios cunha forte intención de cambio social. Ademais, a investigación subliña a capacidade do movemento anarcosindicalista galego para adaptarse e resistir ás circunstancias adversas, evidenciando a importancia da educación no proceso de emancipación obreira. Galicia, particularmente A Coruña, emerxe como un epicentro significativo de resistencia e innovación educativa obreira, desafiando a percepción estereotipada da rexión. A investigación conclúe que a visión educativa ácrata galega ofrece leccións valiosas sobre a educación como forza para o cambio social e a xustiza histórica, mantendo a súa relevancia e inspiración no contexto actual
  • Item type: Item ,
    El horizonte de la educación inclusiva en Cuba: una revisión sistemática
    (2023) Borges Bienes, Dina Ilena; Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Ciencias da Educación; Varela Crespo, Laura
    El docente constituye la piedra angular en el proceso de mejora y transformación de una educación cada vez más personalizada y adaptada a las necesidades individuales del alumnado, altamente equitativa, justa, igualitaria e inclusiva. En este sentido, la educación inclusiva demanda un profesorado que comprenda y valore la diversidad como aspecto enriquecedor, capaz de generar respeto hacia lo diferente, transmisor del valor de la igualdad y que ofrezca respuestas a las necesidades y potencialidades propias de la diversidad. De ahí que el objetivo general se centre en determinar la evidencia científica que sustenta el papel del profesorado para la inclusión educativa del alumnado con necesidades educativas especiales, específicamente aquellos con discapacidad. Para cumplir con tal propósito se emplea una metodología de revisión sistemática que sigue las recomendaciones del protocolo PRSIMA (Preferred Reporting Items for Systematic Reviews and Meta-Analyses). El análisis de la revisión permitió identificar elementos de interés que justifican el rol del profesorado para promover la educación inclusiva, partiendo de categorías y códigos que permitieron realizar un análisis exhaustivo de los objetivos. Los resultados apuntan hacia una remodelación de este rol, pues se detectaron puntos críticos que constituyen barreras en la puesta en práctica de una educación inclusiva de calidad. Se concluye destacando la influencia del papel del profesorado en el desarrollo del alumnado, al ser mediador y actor principal en la búsqueda de respuestas y alternativas de solución a los problemas emergentes. No obstante, se debe continuar el trabajo en el proceso de actualización y remodelación de sus modos de actuación y en sus procesos de formación y superación
  • Item type: Item ,
    A participación infantil municipal en Galiza: percepcións e escenarios de oportunidade na construción de cidadanía
    (2022) Riádigos Couso, Xabier; Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Ciencias da Educación; Gradaílle Pernas, Rita
    A construción histórica das representacións sociais das infancias nas sociedades occidentais repercutiron na súa consideración como cidadanía, delimitando o tipo de relacións que se espera delas coas sociedades e entre as distintas xeracións. As sucesivas transformacións sociais, políticas, educativas e culturais nas últimas décadas deron lugar a novas cidadanías; alentadas, en parte, pola inclusión progresiva na vida pública das nenas, nenos e adolescentes a través da súa participación e acción cidadá. Así, o obxectivo principal desta investigación céntrase en analizar os marcos representacionais dos axentes socioeducativos implicados respecto da cidadanía das infancias, así como examinar os escenarios de oportunidade para a participación de nenas, nenos e adolescentes nos municipios colaboradores no estudo (Moeche, Tomiño e A Coruña). Dada a natureza cualitativa desta investigación, óptase por un estudo de caso múltiple no que se analizan os tres concellos caracterizados por unha acentuada experiencia en participación infanto-xuvenil. A información recolleuse mediante entrevistas en profundidade (8), grupos de discusión (4), obradoiros participativos (2), un cuestionario previo á realización do segundo obradoiro e análise de documentación. Os principais resultados acadados poñen de manifesto: a) a existencia de dúas posicións claramente marcadas en canto ás representacións das infancias, a súa cidadanía e participación no ámbito local; b) os órganos municipais como escenario dominante nos que as formas de participación oscilan entre a proxectiva e a consultiva; c) os efectos e as incidencias da participación infantil inciden en tres niveis: sobre as infancias, na comunidade e, en menor medida, na gobernanza municipal. As conclusións evidencian a necesidade de seguir avanzando na construción de estratexias conxuntas para promover cambios nas mentalidades compartidas socialmente sobre as infancias –como actores sociais con capacidades–, así como ampliar as oportunidades e escenarios para que estes colectivos poidan exercer o dereito á participación e situalo no centro das políticas públicas locais
  • Item type: Item ,
    A historia da educación occidental a través da imaxe (dende a antigüidade clásica á ilustración). Elaboración dun arquivo dixital dirixido á docencia universitaria
    (2013) Bolaño Amigo, María Eugenia; Costa Rico, Antón
    [GL] Este traballo presenta como obxectivo central a elaboración dun arquivo dixital significativo cunha orientación didáctica para a súa posible utilización nas aulas da disciplina Historia da Educación, que se imparte na titulación de Pedagoxía e outras afíns nas universidades españolas e noutras exteriores. Dito recurso didáctico poderá ser empregado para mellorar e reforzar a aprendizaxe de contidos substantivos no eido da Historia da Educación, grazas á potencialidade informativa das imaxes, facilitadora da comprensión dos conceptos e cuestións que se encontran interpeladas no estudo de asuntos fundamentais na Historia da Educación. Un recurso, igualmente, ao servizo das técnicas de actuación docente, nun entorno de aprendizaxe e de estudo no que o emprego das tecnoloxías da información e da comunicación así como dos varios soportes multimedia se veñen manifestando, en situacións específicas, como mediacións de grande interese, eficacia e capacidade motivadora para o estudo.