Aplicacións lineais
Loading...
Identifiers
Publication date
Advisors
Tutors
Editors
Journal Title
Journal ISSN
Volume Title
Publisher
Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico
Abstract
Esta unidade didáctica enmárcase dentro dos contidos relativos á materia de Espazos Vectoriais e Cálculo Matricial, de 6 créditos ECTS impartida no segundo semestre do primeiro curso do Grao en Matemáticas e que pertence ó módulo de Álxebra e Xeometría.
Os contidos de Álxebra Lineal, nos que se inclúe esta materia, son unha parte fundamental das ferramentas matemáticas necesarias para o estudo en moitas áreas, como as ciencias do comportamento, da natureza, físicas ou sociais, economía, enxeñaría ou informática e por suposto nas matemáticas.
Esta materia é fundamental para una boa formación matemática. Está precedida da materia Linguaxe Matemática, Conxuntos e Números onde se introducen conceptos básicos das matemáticas, e resulta indispensable para poder abordar con éxito as materias Álxebra Lineal e Multilineal e Xeometría Lineal de segundo curso do grao en matemáticas.
Nesta unidade estúdanse as aplicacións lineais entre dous espazos vectoriais de dimensión finita. O alumnado da materia de Espazos Vectoriais e Cálculo Matricial teñen coñecemento das nocións básicas de aplicacións entre conxuntos, matrices, determinantes e resolución de sistemas.
A finalidade desta unidade é a de presentar a estreita relación existente entre aplicacións lineais e matrices e, ó mesmo tempo, utilizar estes coñecementos para a resolución dos sistemas de ecuacións lineais. En concreto veremos que o estudo das aplicacións lineais redúcese ó estudo das matrices asociadas segundo dúas bases fixas nos dous espazos vectoriais.
Á parte dos propios contidos matemáticos, esta unidade contribuirá ó desenvolvemento da capacidade de razoamento e da capacidade de formalización de demostracións matemáticas.
Description
Titulación: Grao en Matemáticas -- Materia: Espazos Vectoriais e Cálculo Matricial
Keywords
Aplicación lineal inxectiva| Aplicación lineal inyectiva| Monomorfismo| Aplicación lineal sobrexectiva| Aplicación lineal sobreyectiva| Epimorfismo| Aplicación lineal bixectiva| Aplicación lineal biyectiva| Isomorfismo| Endomorfismo| Teorema de Rouché-Frobenius| Espazos Vectoriais e Cálculo Matricial| Grao en Matemáticas
Bibliographic citation
Relation
Has part
Has version
Is based on
Is part of
Is referenced by
Is version of
Requires
Sponsors
Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Normalización Lingüística
Rights
© Universidade de Santiago de Compostela, 2013. Esta obra atópase baixo unha licenza Creative Commons Atribución-Non comercial-Compartir igual 4.0 Internacional (CC BY-NC-SA 4.0)







