Espazos vectoriais
Loading...
Identifiers
Publication date
Advisors
Tutors
Editors
Journal Title
Journal ISSN
Volume Title
Publisher
Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico
Abstract
Esta unidade didáctica enmárcase dentro dos contidos relativos á materia de Espazos Vectoriais e Cálculo Matricial, de 6 créditos ECTS impartida no segundo semestre do primeiro curso do Grao en Matemáticas e que pertence ó módulo de Álxebra e Xeometría.
Os contidos de Álxebra Lineal, nos que se inclúe esta materia, son unha parte fundamental das ferramentas matemáticas necesarias para o estudo en moitas áreas, como as ciencias do comportamento, da
natureza, físicas ou sociais, economía, enxeñaría ou informática e por suposto nas matemáticas.
Esta materia é fundamental para una boa formación matemática. Está precedida da materia Linguaxe Matemática, Conxuntos e Números onde se introducen conceptos básicos das matemáticas, e resulta indispensable para poder abordar con éxito as materias Álxebra Lineal e Multilineal e Xeometría Lineal de segundo curso do grao en matemáticas.
A finalidade desta unidade é a de presentar de maneira gradual os conceptos fundamentais de Espazos Vectoriais e as técnicas básicas
para o estudo da dependencia e independencia lineal, cálculo de bases e coordenadas e dos distintos tipos de ecuacións dun subespazo vectorial.
Será a primeira vez que o estudantado se aproxima ó estudo de estruturas alxebraicas como modelos que engloban moitas situacións
particulares e que serán fundamentais para a súa formación matemática xa que serán utilizadas no resto das disciplinas do Grao.
Á parte dos propios contidos matemáticos, esta unidade contribuirá ó desenvolvemento da capacidade de razoamento e da capacidade de formalización de demostracións matemáticas.
Description
Titulación: Grao en Matemáticas -- Materia: Espazos Vectoriais e Cálculo Matricial
Keywords
Espazo vectorial de dimensión finita| Espacio vectorial de dimensión finita| Subespazos vectoriais| Subespacios vectoriales| Base do espazo vectorial| Base del espacio vectorial| Dimensión dun espazo vectorial| Dimensión de un espacio vectorial| Vectores| Bases| Subespazos| Subespacios| Espazos Vectoriais e Cálculo Matricial| Grao en Matemáticas
Bibliographic citation
Relation
Has part
Has version
Is based on
Is part of
Is referenced by
Is version of
Requires
Sponsors
Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Normalización Lingüística
Rights
© Universidade de Santiago de Compostela, 2013. Esta obra atópase baixo unha licenza Creative Commons Atribución-Non comercial-Compartir igual 4.0 Internacional (CC BY-NC-SA 4.0)







