RT Book,_Whole T1 Espazos vectoriais A1 Rodríguez Fernández, Celso A1 Fernández Vilaboa, José Manuel K1 Espazo vectorial de dimensión finita K1 Espacio vectorial de dimensión finita K1 Subespazos vectoriais K1 Subespacios vectoriales K1 Base do espazo vectorial K1 Base del espacio vectorial K1 Dimensión dun espazo vectorial K1 Dimensión de un espacio vectorial K1 Vectores K1 Bases K1 Subespazos K1 Subespacios K1 Espazos Vectoriais e Cálculo Matricial K1 Grao en Matemáticas AB Esta unidade didáctica enmárcase dentro dos contidos relativos á materia de Espazos Vectoriais e Cálculo Matricial, de 6 créditos ECTS impartida no segundo semestre do primeiro curso do Grao en Matemáticas e que pertence ó módulo de Álxebra e Xeometría.Os contidos de Álxebra Lineal, nos que se inclúe esta materia, son unha parte fundamental das ferramentas matemáticas necesarias para o estudo en moitas áreas, como as ciencias do comportamento, da natureza, físicas ou sociais, economía, enxeñaría ou informática e por suposto nas matemáticas.Esta materia é fundamental para una boa formación matemática. Está precedida da materia Linguaxe Matemática, Conxuntos e Números onde se introducen conceptos básicos das matemáticas, e resulta indispensable para poder abordar con éxito as materias Álxebra Lineal e Multilineal e Xeometría Lineal de segundo curso do grao en matemáticas.A finalidade desta unidade é a de presentar de maneira gradual os conceptos fundamentais de Espazos Vectoriais e as técnicas básicas para o estudo da dependencia e independencia lineal, cálculo de bases e coordenadas e dos distintos tipos de ecuacións dun subespazo vectorial.Será a primeira vez que o estudantado se aproxima ó estudo de estruturas alxebraicas como modelos que engloban moitas situacións particulares e que serán fundamentais para a súa formación matemática xa que serán utilizadas no resto das disciplinas do Grao.Á parte dos propios contidos matemáticos, esta unidade contribuirá ó desenvolvemento da capacidade de razoamento e da capacidade de formalización de demostracións matemáticas. PB Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico SN 978-84-9887-955-1 YR 2013 FD 2013 LK http://hdl.handle.net/10347/9994 UL http://hdl.handle.net/10347/9994 LA glg NO Titulación: Grao en Matemáticas -- Materia: Espazos Vectoriais e Cálculo Matricial NO Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Normalización Lingüística DS Minerva RD 4 jun 2026