Introdución ao cálculo de probabilidades
Loading...
Identifiers
Publication date
Authors
Advisors
Tutors
Editors
Journal Title
Journal ISSN
Volume Title
Publisher
Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico
Abstract
A unidade didáctica Introdución ao cálculo de probabilidades forma parte da materia, de 6 créditos ECTS, Elementos de Probabilidade e Estatística. É unha materia de primeiro curso do grao en Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela. A materia, que forma parte do módulo de Estatística e Probabilidade, impártese no primeiro cuadrimestre do curso a estudantes que, maioritariamente, acceden á Universidade
por primeira vez. A formación básica en contidos de probabilidade e estatística
destes estudantes é, polo tanto, moi variable, dependendo fundamentalmente do itinerario que estes seguiran durante o
bacharelato.
O curso consta de catro unidades didácticas. A Introdución ao cálculo de probabilidades é a segunda. Empezará despois de completar a correspondente ao análise exploratorio de datos ou estatística descritiva. O estudante ten así, neste momento algunha noción de análise de datos pero non lle foi presentada formalmente o estudo matemático dos fenómenos aleatorios. Despois da introdución ao cálculo de probabilidades que se fai na unidade aquí desenvolvida, continúan dúas unidades didácticas máis(variables aleatorias e principais modelos de probabilidade) que farán uso dos conceptos introducidos na segunda unidade. Será, por
tanto, fundamental que o estudante acade os obxectivos propostos nesta unidade didáctica para ter éxito nos obxectivos do resto de
unidades didácticas.
A unidade didáctica de Introdución ao cálculo de probabilidades é o primeiro contacto do estudante coa probabilidade dentro dos seus estudos universitarios no grao de Matemáticas. A unidade didáctica é necesaria para introducir ideas fundamentais
para o resto das unidades didácticas da materia, así como para as materias de Probabilidade e Estatística e Inferencia Estatística do módulo de Estatística, probabilidade e investigación operativa
do grao de Matemáticas.
Description
Titulación: Grao en Matemáticas -- Materia: Elementos de probabilidade e estatística
Keywords
Cálculo de probabilidades| Regra de Laplace| Regla de Laplace| Regras de asignación directa| Reglas de asignación directa| Kolmogorov| Regra do produto| Regla del produto| Teorema das probabilidades totais| Teorema de las probabilidades totales| Regra de Bayes| Regla de Bayes| Elementos de probabilidade e estatística| Grao en Matemáticas
Bibliographic citation
Relation
Has part
Has version
Is based on
Is part of
Is referenced by
Is version of
Requires
Sponsors
Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Normalización Lingüística
Rights
© Universidade de Santiago de Compostela, 2013. Esta obra atópase baixo unha licenza Creative Commons Atribución-Non comercial-Compartir igual 4.0 Internacional (CC BY-NC-SA 4.0)







