RT Book,_Whole T1 Introdución ao cálculo de probabilidades A1 Rodríguez Casal, Alberto K1 Cálculo de probabilidades K1 Regra de Laplace K1 Regla de Laplace K1 Regras de asignación directa K1 Reglas de asignación directa K1 Kolmogorov K1 Regra do produto K1 Regla del produto K1 Teorema das probabilidades totais K1 Teorema de las probabilidades totales K1 Regra de Bayes K1 Regla de Bayes K1 Elementos de probabilidade e estatística K1 Grao en Matemáticas AB A unidade didáctica Introdución ao cálculo de probabilidades forma parte da materia, de 6 créditos ECTS, Elementos de Probabilidade e Estatística. É unha materia de primeiro curso do grao en Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela. A materia, que forma parte do módulo de Estatística e Probabilidade, impártese no primeiro cuadrimestre do curso a estudantes que, maioritariamente, acceden á Universidade por primeira vez. A formación básica en contidos de probabilidade e estatística destes estudantes é, polo tanto, moi variable, dependendo fundamentalmente do itinerario que estes seguiran durante o bacharelato.O curso consta de catro unidades didácticas. A Introdución ao cálculo de probabilidades é a segunda. Empezará despois de completar a correspondente ao análise exploratorio de datos ou estatística descritiva. O estudante ten así, neste momento algunha noción de análise de datos pero non lle foi presentada formalmente o estudo matemático dos fenómenos aleatorios. Despois da introdución ao cálculo de probabilidades que se fai na unidade aquí desenvolvida, continúan dúas unidades didácticas máis(variables aleatorias e principais modelos de probabilidade) que farán uso dos conceptos introducidos na segunda unidade. Será, por tanto, fundamental que o estudante acade os obxectivos propostos nesta unidade didáctica para ter éxito nos obxectivos do resto de unidades didácticas. A unidade didáctica de Introdución ao cálculo de probabilidades é o primeiro contacto do estudante coa probabilidade dentro dos seus estudos universitarios no grao de Matemáticas. A unidade didáctica é necesaria para introducir ideas fundamentais para o resto das unidades didácticas da materia, así como para as materias de Probabilidade e Estatística e Inferencia Estatística do módulo de Estatística, probabilidade e investigación operativa do grao de Matemáticas. PB Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico SN 978-84-9887-959-9 YR 2013 FD 2013 LK http://hdl.handle.net/10347/9993 UL http://hdl.handle.net/10347/9993 LA glg NO Titulación: Grao en Matemáticas -- Materia: Elementos de probabilidade e estatística NO Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Normalización Lingüística DS Minerva RD 21 may 2026