Terminais de contedores
Loading...
Identifiers
Publication date
Advisors
Tutors
Editors
Journal Title
Journal ISSN
Volume Title
Publisher
Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico
Abstract
Esta unidade didáctica forma parte da programación da materia optativa “Explotación de Portos”, do cuarto curso do Grao en Enxeñaría Civil. A programación docente da materia divídese en dous grandes módulos. O primeiro módulo, Explotación de Portos (6 unidades didácticas) dedícase a presentar os aspectos fundamentais relacionados coa xestión e explotación dos portos. Na primeira unidade do módulo (UD1) preséntanse os conceptos básicos relacionados cos portos: funcións, zonas de influencia, clasificación, sistema portuario español, etc. A continuación, na segunda unidade (UD2), repásanse e amplíanse conceptos relacionados co transporte marítimo vistos en materias anteriores, dedicándolle especial atención á análise da situación actual e as previsións de futuro do comercio e o tráfico marítimo mundial. Na terceira unidade (UD3) preséntanse brevemente os diferentes tipos de contratos de transporte marítimo e os diferentes axentes implicados no proceso. Na cuarta unidade didáctica (UD4) defínese o dominio público portuario estatal e preséntase o modelo de xestión do mesmo contemplado na
lexislación vixente. A quinta unidade didáctica (UD5) dedícase aos servizos portuarios. Explícase o concepto de servizo portuario e as diferentes clases de servizos existentes. O módulo péchase cunha unidade (UD6) onde se presentan os conceptos básicos relacionados coa planificación dos portos e se analizan as diferentes ferramentas de planificación que se empregan na actualidade. No segundo módulo da materia estúdanse de xeito individual as diferentes tipoloxías de terminal portuaria que poden
operar nun porto comercial. En concreto, nesta unidade (UD8) se estudan as terminais de mercadoría xeral unificada, isto é, as terminais de contedores. Esta unidade didáctica impártese en 2 h de clase expositiva. Ademais de aos alumnos de 4º curso do Grao en Enxeñaría Civil, os contidos presentados poden serlle de utilidade a outros docentes ou profesionais do sector que desenvolvan a súa actividade
no ámbito do deseño, construción ou conservación destas tipoloxías de infraestrutura do transporte.
Description
Titulación: Grao en Enxeñaría Civil -- Materia: Explotación de Portos
Keywords
Contedor| Contenedor| Twistlocks| Buque tipo “Liner”| Buque tipo “Feeder”| Buque portacontedores| Buque portacontenedores| Spreader| Twist-lock| Carretilla elevadora (Fork Lift)| Carretilla de toma lateral| carretilla con carga lateral| Side Loader| Guindastre| Grúa| Carretilla pórtico| Montacargas plataforma elevadora| Straddle Carrier| Carreta empiladora de taboleiro portaforquita retráctil de dobre profundidade| Carretilla apiladora de gran alcance| Reach-Stacker| Rutas “Round-The-World”| Explotación de Portos| Grao en Enxeñaría Civil
Bibliographic citation
Relation
Has part
Has version
Is based on
Is part of
Is referenced by
Is version of
Requires
Sponsors
Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Normalización Lingüística
Rights
© Universidade de Santiago de Compostela, 2013. Esta obra atópase baixo unha licenza Creative Commons Atribución-Non comercial-Compartir igual 4.0 Internacional (CC BY-NC-SA 4.0)








