RT Book,_Whole T1 Terminais de contedores A1 Cota Mascuñana, David A1 Castro Ponte, Alberte K1 Contedor K1 Contenedor K1 Twistlocks K1 Buque tipo “Liner” K1 Buque tipo “Feeder” K1 Buque portacontedores K1 Buque portacontenedores K1 Spreader K1 Twist-lock K1 Carretilla elevadora (Fork Lift) K1 Carretilla de toma lateral K1 carretilla con carga lateral K1 Side Loader K1 Guindastre K1 Grúa K1 Carretilla pórtico K1 Montacargas plataforma elevadora K1 Straddle Carrier K1 Carreta empiladora de taboleiro portaforquita retráctil de dobre profundidade K1 Carretilla apiladora de gran alcance K1 Reach-Stacker K1 Rutas “Round-The-World” K1 Explotación de Portos K1 Grao en Enxeñaría Civil AB Esta unidade didáctica forma parte da programación da materia optativa “Explotación de Portos”, do cuarto curso do Grao en Enxeñaría Civil. A programación docente da materia divídese en dous grandes módulos. O primeiro módulo, Explotación de Portos (6 unidades didácticas) dedícase a presentar os aspectos fundamentais relacionados coa xestión e explotación dos portos. Na primeira unidade do módulo (UD1) preséntanse os conceptos básicos relacionados cos portos: funcións, zonas de influencia, clasificación, sistema portuario español, etc. A continuación, na segunda unidade (UD2), repásanse e amplíanse conceptos relacionados co transporte marítimo vistos en materias anteriores, dedicándolle especial atención á análise da situación actual e as previsións de futuro do comercio e o tráfico marítimo mundial. Na terceira unidade (UD3) preséntanse brevemente os diferentes tipos de contratos de transporte marítimo e os diferentes axentes implicados no proceso. Na cuarta unidade didáctica (UD4) defínese o dominio público portuario estatal e preséntase o modelo de xestión do mesmo contemplado na lexislación vixente. A quinta unidade didáctica (UD5) dedícase aos servizos portuarios. Explícase o concepto de servizo portuario e as diferentes clases de servizos existentes. O módulo péchase cunha unidade (UD6) onde se presentan os conceptos básicos relacionados coa planificación dos portos e se analizan as diferentes ferramentas de planificación que se empregan na actualidade. No segundo módulo da materia estúdanse de xeito individual as diferentes tipoloxías de terminal portuaria que poden operar nun porto comercial. En concreto, nesta unidade (UD8) se estudan as terminais de mercadoría xeral unificada, isto é, as terminais de contedores. Esta unidade didáctica impártese en 2 h de clase expositiva. Ademais de aos alumnos de 4º curso do Grao en Enxeñaría Civil, os contidos presentados poden serlle de utilidade a outros docentes ou profesionais do sector que desenvolvan a súa actividade no ámbito do deseño, construción ou conservación destas tipoloxías de infraestrutura do transporte. PB Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico SN 978-84-9887-513-3 YR 2013 FD 2013 LK http://hdl.handle.net/10347/11007 UL http://hdl.handle.net/10347/11007 LA glg NO Titulación: Grao en Enxeñaría Civil -- Materia: Explotación de Portos NO Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Normalización Lingüística DS Minerva RD 24 abr 2026