Introdución á análise numérica. Erros no cálculo numérico
Loading...
Identifiers
Publication date
Authors
Advisors
Tutors
Editors
Journal Title
Journal ISSN
Volume Title
Publisher
Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico
Abstract
A Matemática Aplicada caracterízase pola interpretación e creación de teoría matemática que posibilite a resolución de problemas.
A abordaxe dende un punto de vista matemático dun problema real de interese esixe: o establecemento dunha formulación matemática do problema, a análise e a resolución de dita formulación e a
interpretación da solución obtida. Estas tres etapas(formulación, análise máis resolución e interpretación de resultados)son os piares básicos do procedemento coñecido como modelado matemático.
Este proceso, imprescindible na aplicación das matemáticas, constitúe o campo de acción da Matemática Aplicada.
Na etapa de resolución ocorre que os modelos reais son en xeral o suficientemente complicados como para que non se poida obter unha fórmula explícita que relacione as incógnitas cos datos do problema. É aquí onde intervén a Análise Numérica,disciplina das matemáticas que se ocupa da descrición e análise de métodos, que se van implantar nunha máquina de cálculo, para a obtención da solución aproximada (ou exacta ocasionalmente) dun problema matemático. Estes métodos son camiños que se constrúen botando man de calquera posible ferramenta matemática que poida valer. É por isto que a Análise Numérica aliméntase das propias matemáticas nas que vive.
Cálculo numérico nunha variable é unha materia con contidos da disciplina Análise Numérica. Neste sentido constitúe, xunto coas materias cronoloxicamente posteriores Análise numérica matricial, Métodos numéricos en optimización e ecuacións diferenciais, Modelización matemática (as tres obrigatorias), Análise numérica de ecuacións en derivadas parciais e Taller de problemas industriais(ámbalas dúas optativas), un elo básico na formación
dun matemático aplicado,formación que o alumnado poderá incrementar e perfeccionar coa realización do Máster universitario en enxeñaría matemática.
Calquera método dos estudados no campo da Análise Numérica, e en particular dos estudados en Cálculo numérico nunha variable, está elaborado para ser aplicado.
A súa aplicación contén unha fase final que constitúe un conxunto de certas operacións aritméticas e lóxicas nunha orde determinada
e sen ambigüidade que é preciso executar nunha máquina de cálculo, motivo polo que esta ferramenta resulta imprescindible. Para
realizar esta tarefa, precísanse ter adquiridos certos coñecementos básicos de informática, entre eles o inicio na
aprendizaxe dunha linguaxe de programación (formación proporcionada pola materia Informática do primeiro curso do Grao en Matemáticas).
Description
Titulación: Grao en Matemáticas -- Materia: Cálculo numérico nunha variable
Bibliographic citation
Relation
Has part
Has version
Is based on
Is part of
Is referenced by
Is version of
Requires
Sponsors
Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Normalización Lingüística
Rights
© Universidade de Santiago de Compostela, 2013. Esta obra atópase baixo unha licenza Creative Commons Atribución-Non comercial-Compartir igual 4.0 Internacional (CC BY-NC-SA 4.0)







