Introdución á análise numérica. Erros no cálculo numérico

dc.contributor.affiliationUniversidade de Santiago de Compostela. Departamento de Matemática Aplicada
dc.contributor.affiliationUniversidade de Santiago de Compostela. Facultade de Matemáticas
dc.contributor.authorRodríguez Iglesias, Carmen
dc.date.accessioned2014-03-18T07:36:54Z
dc.date.available2014-03-18T07:36:54Z
dc.date.issued2013
dc.descriptionTitulación: Grao en Matemáticas -- Materia: Cálculo numérico nunha variablegl
dc.description.abstractA Matemática Aplicada caracterízase pola interpretación e creación de teoría matemática que posibilite a resolución de problemas. A abordaxe dende un punto de vista matemático dun problema real de interese esixe: o establecemento dunha formulación matemática do problema, a análise e a resolución de dita formulación e a interpretación da solución obtida. Estas tres etapas(formulación, análise máis resolución e interpretación de resultados)son os piares básicos do procedemento coñecido como modelado matemático. Este proceso, imprescindible na aplicación das matemáticas, constitúe o campo de acción da Matemática Aplicada. Na etapa de resolución ocorre que os modelos reais son en xeral o suficientemente complicados como para que non se poida obter unha fórmula explícita que relacione as incógnitas cos datos do problema. É aquí onde intervén a Análise Numérica,disciplina das matemáticas que se ocupa da descrición e análise de métodos, que se van implantar nunha máquina de cálculo, para a obtención da solución aproximada (ou exacta ocasionalmente) dun problema matemático. Estes métodos son camiños que se constrúen botando man de calquera posible ferramenta matemática que poida valer. É por isto que a Análise Numérica aliméntase das propias matemáticas nas que vive. Cálculo numérico nunha variable é unha materia con contidos da disciplina Análise Numérica. Neste sentido constitúe, xunto coas materias cronoloxicamente posteriores Análise numérica matricial, Métodos numéricos en optimización e ecuacións diferenciais, Modelización matemática (as tres obrigatorias), Análise numérica de ecuacións en derivadas parciais e Taller de problemas industriais(ámbalas dúas optativas), un elo básico na formación dun matemático aplicado,formación que o alumnado poderá incrementar e perfeccionar coa realización do Máster universitario en enxeñaría matemática. Calquera método dos estudados no campo da Análise Numérica, e en particular dos estudados en Cálculo numérico nunha variable, está elaborado para ser aplicado. A súa aplicación contén unha fase final que constitúe un conxunto de certas operacións aritméticas e lóxicas nunha orde determinada e sen ambigüidade que é preciso executar nunha máquina de cálculo, motivo polo que esta ferramenta resulta imprescindible. Para realizar esta tarefa, precísanse ter adquiridos certos coñecementos básicos de informática, entre eles o inicio na aprendizaxe dunha linguaxe de programación (formación proporcionada pola materia Informática do primeiro curso do Grao en Matemáticas).gl
dc.description.sponsorshipUniversidade de Santiago de Compostela. Servizo de Normalización Lingüísticagl
dc.identifier.isbn978-84-9887-962-9
dc.identifier.otherD.L.: C. 51 - 2013
dc.identifier.urihttp://hdl.handle.net/10347/9992
dc.language.isoglggl
dc.publisherUniversidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científicogl
dc.relation.ispartofseriesUnidades Didácticas (Universidade de Santiago de Compostela). Cálculo numérico nunha variable ; 1
dc.rights© Universidade de Santiago de Compostela, 2013. Esta obra atópase baixo unha licenza Creative Commons Atribución-Non comercial-Compartir igual 4.0 Internacional (CC BY-NC-SA 4.0)gl
dc.rights.accessRightsopen accessgl
dc.rights.urihttp://creativecommons.org/licenses/by-nc-sa/4.0/
dc.subjectErro absolutogl
dc.subjectErro relativogl
dc.subjectError relativogl
dc.subjectSistema de numeración decimalgl
dc.subjectSistema binariogl
dc.subjectTest de paradagl
dc.subjectCálculo Numérico nunha variablegl
dc.subjectAnálise Numéricagl
dc.subjectAnálisis Numéricogl
dc.subjectLeonhard Eulergl
dc.subjectError absolutogl
dc.subjectCálculo numérico nunha variable
dc.subjectGrao en Matemáticas
dc.subject.classificationMaterias::Investigación::12 Matemáticas::1206 Análisis numérico::120699 Otras (especificar)gl
dc.titleIntrodución á análise numérica. Erros no cálculo numéricogl
dc.typebookgl
dspace.entity.typePublication
relation.isAuthorOfPublication2d38bcbb-a254-402b-8f1b-f585b9000e00
relation.isAuthorOfPublication.latestForDiscovery2d38bcbb-a254-402b-8f1b-f585b9000e00

Files

Original bundle

Now showing 1 - 1 of 1
Loading...
Thumbnail Image
Name:
Carmen_Rodriguez_Iglesias_UD1-AC.pdf
Size:
657.74 KB
Format:
Adobe Portable Document Format