RT Book,_Whole T1 Introdución á análise numérica. Erros no cálculo numérico A1 Rodríguez Iglesias, Carmen K1 Erro absoluto K1 Erro relativo K1 Error relativo K1 Sistema de numeración decimal K1 Sistema binario K1 Test de parada K1 Cálculo Numérico nunha variable K1 Análise Numérica K1 Análisis Numérico K1 Leonhard Euler K1 Error absoluto K1 Cálculo numérico nunha variable K1 Grao en Matemáticas AB A Matemática Aplicada caracterízase pola interpretación e creación de teoría matemática que posibilite a resolución de problemas.A abordaxe dende un punto de vista matemático dun problema real de interese esixe: o establecemento dunha formulación matemática do problema, a análise e a resolución de dita formulación e a interpretación da solución obtida. Estas tres etapas(formulación, análise máis resolución e interpretación de resultados)son os piares básicos do procedemento coñecido como modelado matemático. Este proceso, imprescindible na aplicación das matemáticas, constitúe o campo de acción da Matemática Aplicada.Na etapa de resolución ocorre que os modelos reais son en xeral o suficientemente complicados como para que non se poida obter unha fórmula explícita que relacione as incógnitas cos datos do problema. É aquí onde intervén a Análise Numérica,disciplina das matemáticas que se ocupa da descrición e análise de métodos, que se van implantar nunha máquina de cálculo, para a obtención da solución aproximada (ou exacta ocasionalmente) dun problema matemático. Estes métodos son camiños que se constrúen botando man de calquera posible ferramenta matemática que poida valer. É por isto que a Análise Numérica aliméntase das propias matemáticas nas que vive.Cálculo numérico nunha variable é unha materia con contidos da disciplina Análise Numérica. Neste sentido constitúe, xunto coas materias cronoloxicamente posteriores Análise numérica matricial, Métodos numéricos en optimización e ecuacións diferenciais, Modelización matemática (as tres obrigatorias), Análise numérica de ecuacións en derivadas parciais e Taller de problemas industriais(ámbalas dúas optativas), un elo básico na formación dun matemático aplicado,formación que o alumnado poderá incrementar e perfeccionar coa realización do Máster universitario en enxeñaría matemática.Calquera método dos estudados no campo da Análise Numérica, e en particular dos estudados en Cálculo numérico nunha variable, está elaborado para ser aplicado.A súa aplicación contén unha fase final que constitúe un conxunto de certas operacións aritméticas e lóxicas nunha orde determinada e sen ambigüidade que é preciso executar nunha máquina de cálculo, motivo polo que esta ferramenta resulta imprescindible. Para realizar esta tarefa, precísanse ter adquiridos certos coñecementos básicos de informática, entre eles o inicio na aprendizaxe dunha linguaxe de programación (formación proporcionada pola materia Informática do primeiro curso do Grao en Matemáticas). PB Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico SN 978-84-9887-962-9 YR 2013 FD 2013 LK http://hdl.handle.net/10347/9992 UL http://hdl.handle.net/10347/9992 LA glg NO Titulación: Grao en Matemáticas -- Materia: Cálculo numérico nunha variable NO Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Normalización Lingüística DS Minerva RD 28 abr 2026