O principio de Hamilton
Loading...
Identifiers
Publication date
Authors
Advisors
Tutors
Editors
Journal Title
Journal ISSN
Volume Title
Publisher
Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico
Abstract
A materia Mecánica Clásica II forma parte do bloque que no Grao en Física se dedica á Mecánica Clásica, que é a parte da Física que estuda o movemento das partículas e os corpos materiais e que comprende a teoría iniciada por Galileo e Newton e desenvolvida
nos séculos XVIII e XIX por Lagrange e Hamilton, incluíndo tamén a Relatividade Especial de Einstein.
A materia divídese en catro bloques temáticos de similar peso e duración temporal. O primeiro deles ten un marcado carácter teórico e trata de introducir as ecuacións da Mecánica a partir do principio integral formulado por Hamilton en 1815. O alumno xa coñece ditas ecuacións, tanto na formulación de Newton como naquela de Lagrange, que se introduciu na materia do primeiro semestre a partir dun principio diferencial (o principio de
d’Alembert). O interese desta nova formulación reside na súa potencia e posibilidade de extensión a outras ramas da Física, ata o punto de poder ser considerada como un principio fundamental.
Para entender este principio hai que introducir as técnicas matemáticas do cálculo variacional para deducir as ecuacións de Lagrange e o método dos multiplicadores para sistemas con ligaduras. As ecuacións canónicas introdúcense a nivel básico para rematar coa súa expresión en termos de corchetes de Poisson e deixar sentadas as bases máis elementais para a transición cara a Mecánica Cuántica.
Esta unidade didáctica ten una importante carga teórica e conceptual. Moitas das ideas que se introducen nela terán un papel
fundamental non só no resto da materia senón tamén en outras materias da titulación e en moitos dos desenvolvementos da Física actual.
Description
Grao en Física
Keywords
Técnicas de cálculo variacional| Ecuacións de Euler-Lagrange| Ecuaciones de Euler-Lagrange| Principio de Hamilton| Invariancia Lorentz| Invariancia de Lorentz| Simetrías e leis de conservación| Simetría y leyes de conservación| Unicidade da lagrangiana| Unicidad de la función Lagrangiana| Teorema de Noether| Formalismo hamiltoniano| Formalismo canónico
Bibliographic citation
Relation
Has part
Has version
Is based on
Is part of
Is referenced by
Is version of
Requires
Sponsors
Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Normalización Lingüística
Rights
© Universidade de Santiago de Compostela, 2012. Esta obra atópase baixo unha licenza Creative Commons Atribución-Non comercial-Compartir igual 4.0 Internacional (CC BY-NC-SA 4.0)



