Aparello locomotor activo
| dc.contributor.affiliation | Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Anatomía e Produción Animal | gl |
| dc.contributor.affiliation | Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Veterinaria | |
| dc.contributor.author | Fernández de Trocóniz Revuelta, Patricia | |
| dc.date.accessioned | 2020-07-15T10:58:41Z | |
| dc.date.available | 2020-07-15T10:58:41Z | |
| dc.date.issued | 2014 | |
| dc.description | Titulación: Grao en Veterinaria -- Materia: Anatomía Veterinaria I | gl |
| dc.description.abstract | O plano de estudos do grao en veterinaria inclúe 18 ECTS para á materia básica da rama de Ciencias da Saúde «Anatomía Animal», posteriormente dividida en tres disciplinas de 6 ECTS cada unha: Anatomía Veterinaria I, Anatomía Veterinaria II e Citoloxía e Histoloxía Veterinaria. A Anatomía Veterinaria proporcionará ao alumno «coñecementos de morfoloxía, topografía e estrutura dos órganos e sistemas» (RD 1393/2007). Dado que o curriculum de Bioloxía, tanto na Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) como no Bacharelato, inclúe o estudo da organización do corpo humano, poderíamos pensar que os alumnos que comezan a titulación posúen coñecementos básicos de anatomía e histoloxía. Porén a realidade é outra, e obriga a un deseño das disciplinas que aborde os conceptos xerais dende o principio. En Anatomía Veterinaria I, impartida no primeiro semestre do Grao en Veterinaria, abórdase unha parte da organización e constitución do corpo animal: o sistema locomotor, o sistema nervioso, os órganos dos sentidos e a pel coas súas especializacións. O estudo dos sistemas viscerais será obxecto da Anatomía Veterinaria II no segundo semestre. Ambas deberán fornecer as bases para afrontar con seguridade o estudo de disciplinas posteriores tales como a Fisioloxía e a Patoloxía, pero de maneira máis directa a Anatomía Patolóxica, a Cirurxía e as técnicas de diagnóstico por imaxe. A unidade didáctica III desenvolverase ―en función do calendario académico de cada ano― dende finais de outubro ata rematar o mes de novembro. Está deseñada como guía ou ferramenta coa que artellar os recursos para adquirir, entender e fixar os coñecementos relativos á disciplina, e só trata aspectos xerais dos contidos que serán desenvolvidos con maior amplitude nos materiais docentes dispoñibles na aula virtual, de xeito que poidan actualizarse sen afectar á utilidade da guía. Nesta unidade didáctica se definen en primeiro lugar, os obxectivos de aprendizaxe que marcan os contidos a desenvolver. Tamén se fai mención á metodoloxía de ensino e aos recursos necesarios así como ao sistema de avaliación e á bibliografía de consulta recomendada. | gl |
| dc.description.sponsorship | Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Normalización Lingüística | gl |
| dc.identifier.isbn | 978-84-16183-33-3 | |
| dc.identifier.uri | http://hdl.handle.net/10347/23130 | |
| dc.language.iso | glg | gl |
| dc.publisher | Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico | gl |
| dc.relation.ispartofseries | Unidades Didácticas (Universidade de Santiago de Compostela). Anatomía Veterinaria I ; 3 | |
| dc.rights | © Universidade de Santiago de Compostela, 2014. Esta obra atópase baixo unha licenza Creative Commons Atribución-Non comercial-Compartir igual 4.0 Internacional (CC BY-NC-SA 4.0) | gl |
| dc.rights | Atribución-NoComercial-CompartirIgual 4.0 Internacional | |
| dc.rights.accessRights | open access | gl |
| dc.rights.uri | http://creativecommons.org/licenses/by-nc-sa/4.0/ | |
| dc.subject | Anatomía Veterinaria I | gl |
| dc.subject | Grao en Veterinaria | |
| dc.title | Aparello locomotor activo | gl |
| dc.type | book | gl |
| dspace.entity.type | Publication |
Files
Original bundle
1 - 1 of 1
Loading...
- Name:
- ud3_anatomíaveterinariaI_fernándezdetroconiz.pdf
- Size:
- 554.02 KB
- Format:
- Adobe Portable Document Format
- Description: