RT Book,_Whole T1 Aparello locomotor activo A1 Fernández de Trocóniz Revuelta, Patricia K1 Anatomía Veterinaria I K1 Grao en Veterinaria AB O plano de estudos do grao en veterinaria inclúe 18 ECTS para á materia básica darama de Ciencias da Saúde «Anatomía Animal», posteriormente dividida en tresdisciplinas de 6 ECTS cada unha: Anatomía Veterinaria I, Anatomía Veterinaria II eCitoloxía e Histoloxía Veterinaria. A Anatomía Veterinaria proporcionará ao alumno«coñecementos de morfoloxía, topografía e estrutura dos órganos e sistemas» (RD1393/2007).Dado que o curriculum de Bioloxía, tanto na Educación Secundaria Obrigatoria(ESO) como no Bacharelato, inclúe o estudo da organización do corpo humano,poderíamos pensar que os alumnos que comezan a titulación posúen coñecementosbásicos de anatomía e histoloxía. Porén a realidade é outra, e obriga a un deseño dasdisciplinas que aborde os conceptos xerais dende o principio.En Anatomía Veterinaria I, impartida no primeiro semestre do Grao en Veterinaria,abórdase unha parte da organización e constitución do corpo animal: o sistemalocomotor, o sistema nervioso, os órganos dos sentidos e a pel coas súasespecializacións. O estudo dos sistemas viscerais será obxecto da AnatomíaVeterinaria II no segundo semestre. Ambas deberán fornecer as bases paraafrontar con seguridade o estudo de disciplinas posteriores tales como a Fisioloxíae a Patoloxía, pero de maneira máis directa a Anatomía Patolóxica, a Cirurxía e astécnicas de diagnóstico por imaxe.A unidade didáctica III desenvolverase ―en función do calendario académicode cada ano― dende finais de outubro ata rematar o mes de novembro. Está deseñadacomo guía ou ferramenta coa que artellar os recursos para adquirir, entender e fixaros coñecementos relativos á disciplina, e só trata aspectos xerais dos contidos queserán desenvolvidos con maior amplitude nos materiais docentes dispoñibles na aulavirtual, de xeito que poidan actualizarse sen afectar á utilidade da guía.Nesta unidade didáctica se definen en primeiro lugar, os obxectivos deaprendizaxe que marcan os contidos a desenvolver. Tamén se fai mención ámetodoloxía de ensino e aos recursos necesarios así como ao sistema de avaliación eá bibliografía de consulta recomendada. PB Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico SN 978-84-16183-33-3 YR 2014 FD 2014 LK http://hdl.handle.net/10347/23130 UL http://hdl.handle.net/10347/23130 LA glg NO Titulación: Grao en Veterinaria -- Materia: Anatomía Veterinaria I NO Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Normalización Lingüística DS Minerva RD 20 abr 2026