A posesión

Loading...
Thumbnail Image
Identifiers
ISBN: 978-84-9887-562-1

Publication date

Advisors

Tutors

Editors

Journal Title

Journal ISSN

Volume Title

Publisher

Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico
Metrics
Google Scholar
lacobus
Export

Research Projects

Organizational Units

Journal Issue

Abstract

Esta unidade didáctica denominada “A posesión” forma parte da materia de Dereitos reais impartida no segundo semestre do primeiro curso de Grao de Dereito. A posesión ten a fama, certamente merecida, de ser unha das institucións máis complexas e confusas do Dereito civil, o cal se debe, noutra orde de cousas, a razóns históricas. En efecto, as normas do noso Código civil dedicadas á posesión, son o resultado dunha longa evolución influenciada por antigos portadores de sistemas substancialmente heteroxéneos, en especial o Dereito romano, o xermánico e o canónico. Iso dificultou, sen dúbida, o labor de interpretación coherente do conxunto normativo regulador da posesión, e ó mesmo tempo, propiciou a formulación de construcións doutrinais de signo oposto. Dito isto, pódese afirmar que a posesión é un poder de feito que se exerce sobre unha cousa, aínda que non se teña dereito sobre ela, co ánimo de posuíla como dono, é dicir, non recoñecendo o dominio doutra persoa. A posesión consiste pois no feito mesmo dese poder independentemente de que se axuste a dereito, xa que normalmente o poder de feito sobre a cousa exterioriza a existencia dun dereito real sobre a mesma. Existe unha relación fáctica como manifestación dunha relación xurídica. Pero isto non ten que ocorrer obrigatoriamente, pois é posible que, tras esa forma exterior ou aparencia non exista ningún dereito. Agora ben, a nota esencial da posesión radica en que pese ó carácter fáctico da mesma, o ordenamento xurídico atribúe importantísimos efectos. É un feito que alcanza relevancia porque o ordenamento o contempla, desvinculado do dereito, e atribúelle efectos propios, é dicir, outórgalle relevancia xurídica.

Description

Keywords

Bibliographic citation

Relation

Has part

Has version

Is based on

Is part of

Is referenced by

Is version of

Requires

Sponsors

Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Normalización Lingüística

Rights

Atribución-NoComercial-CompartirIgual 4.0 Internacional