ACSX-Unidades didácticas

Permanent URI for this collectionhttps://hdl.handle.net/10347/9758

Browse

Recent Submissions

Now showing 1 - 20 of 84
  • Item type: Item ,
    A práctica teatral na infancia
    (Edicións USC, 2024) García Pedreira, Rocío; Neira Rodríguez, Marta; Ferreira Boo, Carmen; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Didácticas Aplicadas
    Esta unidade didáctica constitúe a terceira das catro unidades que conforman a programación completa de Literatura Infantil e Dramatización. Nela fálase do teatro infantil e da literatura dramática, así como do proceso de programación de sesións de expresión dramática para a aula.
  • Item type: Item ,
    Produción literaria para a infancia
    (Edicións USC, 2024) García Pedreira, Rocío; Neira Rodríguez, Marta; Ferreira Boo, Carmen; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Didácticas Aplicadas
    Esta unidade didáctica constitúe a segunda das catro unidades que conforman a programación completa da materia Literatura Infantil e Dramatización. Nela fálase dos clásicos da literatura de tradición oral e as súas reescrituras, das vinculacións entre narrativa infantil e ilustración e da poesía infantil.
  • Item type: Item ,
    Literatura, infancia e escola
    (Edicións USC, 2023) García Pedreira, Rocío; Neira Rodríguez, Marta; Ferreira Boo, Carmen; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Didácticas Aplicadas
    Literatura, infancia e escola é a primeira das catro unidades didácticas que compoñen a programación da materia Literatura Infantil e Dramatización. Nela comézase falando da importancia dos libros e da lectura na sociedade, para logo profundar a nivel teórico en conceptos como a literatura infantil, a educación literaria, a mediación lectora en contexto escolar e a educación en valores a través de obras literarias.
  • Item type: Item ,
    A iniciación deportiva e deporte escolar
    (Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, 2020) Cons Ferreiro, Miguel; Navarro Patón, Rubén; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Didácticas Aplicadas
    A unidade didáctica denominada «A iniciación deportiva e o deporte escolar» forma parte da materia optativa de Mención en Educación Física «Xogos populares e xogos regulados en Educación Primaria», que se imparte dentro da titulación de Grao en Mestre ou Mestra de Educación Primaria.
  • Item type: Item ,
    Tipoloxías vitimais e prevención
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2024) Pérez Rivas, Natalia; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Dereito Público Especial e da Empresa
    A formulación de tipoloxías vitimolóxicas remóntase ás orixes da vitimoloxía, debéndose as primeiras a Von Hentig e Mendelsohn —os chamados pais da vitimoloxía—, quen xogaron un papel fundamental nos seus inicios coa formulación das teses da predisposición vitimal e a contribución da vítima á súa propia vitimización. Ao orixinarse dentro dun paradigma positivista, o interese da nova disciplina centrouse, inicialmente, no estudo teórico daqueles factores que permitían diferenciar as vítimas das non vítimas, así como na interacción existente entre a vítima e o vitimario na xénese do feito delituoso da que se derivaría unha corresponsabilidade da vítima na súa propia vitimización. Esta teoría positivista da vitimoloxía é a que maioritariamente adoptan os sistemas de xustiza na medida en que exonera de toda responsabilidade ao Estado. A través da formulación de tipos vitimais pretendíase pór de manifesto o carácter nesgado co que as ciencias penais abordaban o fenómeno da criminalidade, incidindo no rol que as vítimas desempeñaban no mesmo. Tamén perseguían o establecemento dunha definición ou, polo menos, dunha subdefinición común de vítima centrada nas características máis significativas delas. A pesar de fracasaren nese obxectivo inicial e da súa perda de protagonismo unha vez superada a denominada «vitimoloxía do acto», o certo é que estas clasificacións continúan sendo consideradas como un instrumento de investigación idóneo ao achegaren datos esenciais, entre outras cousas, para o deseño de programas de prevención vitimal.
  • Item type: Item ,
    O delito de acoso
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2021) Pérez Rivas, Natalia; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Dereito Público Especial e da Empresa
    O acoso defínese, de forma xenérica, como «unha constelación de comportamentos polo cal unha persoa de forma repetida diríxese a outra impoñéndolle comunicacións e/ou contactos non desexados». Dos diversos estudos realizados sobre este fenómeno conclúese que entre un 4,5 % e un 23,4 % da poboación mundial foi vítima ao longo da súa vida dunha conduta de acoso. As investigacións tamén puxeron de manifesto a íntima relación existente entre o acoso e a violencia de xénero, especialmente con ocasión da ruptura da relación. Ante a constatación desta realidade, procedeuse a incluír no Convenio de Istambul, do 11 de maio de 2011, o acoso como unha forma de violencia contra a muller que debe ser tipificada polos Estados que o ratifiquen. Por tanto, a súa tipificación é froito das obrigas supranacionais asumidas polo noso país. Trátase, así, de ofrecer unha resposta á realización de condutas insistentes e reiteradas —que en moitas ocasións non podían ser cualificadas como coaccións ou ameazas— por medio das cales se menoscaba a liberdade de obrar da vítima, á que se somete a persecucións ou vixilancias constantes, chamadas reiteradas ou outros actos continuos de acoso que provocan unha grave alteración no desenvolvemento da súa vida cotiá.
  • Item type: Item ,
    Variábeis ficticias e estabilidade mostral
    (Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, 2012) Guntín Araújo, Xulia; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Economía Cuantitativa
    O contido que desenvolvemos nesta unidade didáctica ten por obxecto abordar o coñecemento das variábeis ficticias e as súas aplicacións. Estas variábeis se ben non supoñen unha complicación metodolóxica adicional teñen un especial interese polas súas múltiples e interesantes aplicacións nos estudos econométricos. Son esenciais cando se realizan estudos baseados en microdatos (no ámbito da microeconometría e decisión) para incorporar efectos cualitativos na especificación dun modelo ou para avaliar a existencia de cambios estruturais.
  • Item type: Item ,
    Introdución á estratexia
    (Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, 2013) Vila Vázquez, Guadalupe; Vázquez Rodríguez, Paula; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Organización de Empresas e Comercialización
    Tódalas organizacións enfróntanse ó desafío que supón o establecer unha orientación estratéxica. Debido á dura competencia entre as empresas e a incerteza e turbulencia da contorna actual, cada vez faise máis necesario para os empresarios e altos directivos dedicaren un maior esforzo á determinación da estratexia empresarial. Este maior esforzo diríxese tanto á análise do posicionamento estratéxico como á elección e implantación da estratexia na empresa. E ten a finalidade de obter unha vantaxe competitiva sostible sobre a competencia, que lle permita acadar un resultado superior ó do resto dos competidores. A materia Estratexia Empresarial, correspondente ó 4º curso do grao en Administración e Dirección de Empresas, recolle os contidos relativos a estratexia no marco empresarial. O seu obxectivo e dotar o alumnado dun marco para a análise da estratexia empresarial, sendo os seus elementos básicos: a) coñecer o posicionamento estratéxico da empresa, en termos da súa posición con respecto a contorna xeral e sectorial e da súa capacidade estratéxica, b) a toma de eleccións estratéxicas, e c) a posta en práctica da estratexia. Cada un destes elementos representa unha unidade didáctica no programa da propia materia. A unidade didáctica I. Introdución á Estratexia pretende actuar como tema introdutorio para o resto das unidades didácticas da materia e refrescar diversos conceptos que o alumnado adquiriu en materias anteriores da titulación, en concreto na materia Fundamentos de Dirección de Empresas do 1º curso do grao en Administración e Dirección de Empresas. Así mesmo, buscarase que o alumnado sexa capaz de identificar diversos feitos acontecidos na realidade empresarial, os que fan referencia ós xornais, á televisión e outros medios de comunicación, como integrantes da estratexia empresarial. Esta unidade didáctica está deseñada para ser desenvolvida en 6 horas e media, distribuídas en 2 horas e media de teoría e 4 de práctica.
  • Item type: Item ,
    Empresa e páxinas web
    (Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, 2013) Vidal Portabales, José Ignacio; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Dereito Mercantil e do Traballo
    A Unidade Didáctica denominada Empresa e páxinas web desenvolve unha parte da materia Dereito da Empresa pertencente á titulación de Grado de Dirección e Administración de Empresas; corresponde basicamente ás leccións 13 e 17 do Programa da materia. No entanto, pola súa formulación, será de utilidade para preparar tamén temas correspondentes ás leccións 10 (Dereito da Competencia), 11 (Competencia desleal e publicidade comercial) e 12 (Dereito da Propiedade Industrial). Esta materia forma parte das chamadas materias de Formación Básica. Esta Unidade Didáctica localízase principalmente no bloque dedicado ao Réxime Xurídico da Actividade Empresarial. Ten por destinatarios os alumnos de primeiro curso.
  • Item type: Item ,
    Grupos e equipos de traballo
    (Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, 2011) Hermo López, María Teresa
    Esta unidade didáctica denominada Grupos e equipos de traballo forma parte da materia optativa Psicoloxía dos grupos e equipos de traballo que se imparte no primeiro cuadrimestre do terceiro e cuarto curso dentro da titulación de grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos. Para poder obter o máximo aproveitamento, en xeral, recoméndase que o alumno teña superada a materia de Psicoloxía do Traballo, Socioloxía do Traballo e Comportamento Organizacional xa que isto lle permitirá ter uns coñecementos previos que lle axudarán a comprender e contextualizar os temas a impartir. A materia versa sobre os grupos e equipos de traballo dende un punto de vista teórico e práctico. Trátase dunha materia optativa xeral cunha carga lectiva de 4,5 créditos. Dividirase en partes: • Na primeira parte, dáse un enmarque conceptual da psicoloxía dos grupos, faise unha breve recensión histórica e téñense en conta os procesos que interveñen no comportamento dos individuos. Trabállanse definicións e conceptos. • Posteriormente verase a implicación do comportamento dos individuos cando forman un grupo, as características distintivas de grupos e equipos así como as vantaxes e inconvenientes de pertencer a grupos e equipos de traballo. • Paralelamente comezarase a traballar a nivel práctico os aspectos relacionados cos procesos que interveñen no comportamento humano: percepción, aprendizaxe, comunicación, etc para máis adiante extrapolalo aos grupos de traballo nas organizacións. Esta primeira unidade é introdutoria e pretende servir de apoio para o resto do temario. A súa incorporación vén xustificada pola necesidade de acadar un dominio daqueles contidos teóricos e metodolóxicos que se consideran básicos e que nos servirán como introdución das prácticas. E ademais pola conveniencia de crear un contexto inicial uniforme, que pode favorecer a adquisición de coñecementos semellantes e ademais unha linguaxe común e unha actitude positiva cara á materia.
  • Item type: Item ,
    As adaptacións na Educación Física
    (Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, 2011) Garrido Filgueira, Uxía; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Didáctica da Expresión Musical, Plástica e Corporal
    Esta unidade didáctica, denominada As Adaptacións na Educación Física forma parte da materia obrigatoria Educación Física Especial I que se imparte no 1º cuadrimestre do 3º curso na titulación de mestra ou mestre na especialidade de Educación Física. A materia ten unha carga lectiva de 6 créditos (4,5 teóricos e 1,5 prácticos) e ten como obxectivos que o alumnado tome conciencia das súas actitudes sobre as persoas con diversidade funcional. Outro obxectivo é adquirir coñecementos e ferramentas para elaborar e impartir sesións de educación física en Primaria dun xeito inclusivo, é dicir, dando resposta ás necesidades de aprendizaxe de todo o alumnado, incluíndo aquel que presente algunha discapacidade ou teña algunha enfermidade que afecte á súa resposta motriz e á súa participación nas clases de educación física escolar. Concretamente nesta unidade didáctica, que coincide co primeiro tema da materia, ofrécese unha presentación conceptual sobre as diferentes visións e características das adaptacións; primeiro dende unha perspectiva global, a continuación dende unha particular –orientada á área de Educación Física–, na que se ofrece ao alumnado un conxunto de criterios e estratexias pedagóxicas que lle vai permitir iniciarse no proceso de elaboración de adaptacións das sesións e unidades didácticas da área de Educación Física escolar. Á par, a través das sesións prácticas, vaise levar ao alumnado cara ao recoñecemento, á análise e, se fose o caso, á modificación das propias actitudes cara ás persoas con diversidade funcional, contribuíndo dese xeito ao autocoñecemento e o proceso de asunción de valores democráticos. É imprescindible aclarar que nesta materia nos vemos na obriga de presentar uns coñecementos xenéricos sobre as adaptacións curriculares antes de abordar estas estratexias docentes dun xeito específico para a Educación Física, debido a que a materia troncal que desenvolve aqueles contidos non é impartida ata o 2º cuadrimestre do 3º curso, é dicir, a posteriori da materia que nos compete.
  • Item type: Item ,
    As fontes do crecemento económico español
    (Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, 2013) Verdugo Mates, Rosa María; Murias Fernández, María Pilar; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Economía Aplicada
    España e de Galiza ten carácter obrigatorio. Esta materia encádrase dentro da formación da área de Estrutura Económica no Grao en Administración e Dirección de Empresas. Temporalmente, os seus contidos desenvólvense ao longo do primeiro semestre do 2º curso de Grao en Administración e Dirección de Empresas, sendo a súa carga lectiva de 6 ECTS, impartíndose cada semana 2 horas de clase expositiva e 1,5 horas de clase interactiva. A programación docente desta materia está formada por cinco unidades didácticas nas que se desenvolven os principais aspectos da evolución e situación actual da economía española e galega. Na primeira parte, explícase a evolución da economía española desde a década de 1960 até a actualidade, diferenciando entre os períodos de crecemento e de recesión, ao tempo que se contextualiza dita evolución coa seguida polos países do noso contorno comunitario europeo. Unha vez impartidos eses contidos, nesta unidade didáctica analízanse os principais factores que inflúen no crecemento económico en xeral e no español en particular. Nas unidades didácticas tres, catro e cinco, analízanse os elementos estruturais básicos da economía española -mercado de traballo, sector público e sector financeiro-, descríbese a estrutura sectorial e espacial da economía española e analízanse as especificidades da economía galega en relación á española.
  • Item type: Item ,
    Dirección de empresas: conceptos básicos e evolución
    (Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, 2013) Vázquez Rodríguez, Paula; Vila Vázquez, Guadalupe; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Organización de Empresas e Comercialización
    O persoal directivo ten que enfrontar hoxe en día novos retos. As funcións tradicionais da administración ―planificar, organizar, dirixir e controlar― deben ser levadas a cabo de forma axeitada para que a organización acade o éxito empresarial. Pero, ao contrario que antigamente, o desempeño destas funcións non só lles corresponde aos altos directivos, senón que se disemina entre os diferentes niveis da organización e dá como resultado organizacións máis descentralizadas e máis flexibles, capaces de adaptarse rapidamente aos cambios que se producen no seu contorno. Polo tanto, o éxito das organizacións depende da dirección eficiente das persoas e dos recursos, o que permitirá acadar os obxectivos da organización afrontando á súa vez os cambios que se producen no seu contorno. A materia de Fundamentos de Dirección de Empresas recolle os contidos básicos de formación que toda persoa graduada en Dirección e Administración de empresas debe coñecer. Ao longo da materia irase afondando no papel que desempeña o persoal administrador dentro da estrutura empresarial, así como as principais funcións directivas que debe desenvolver para conseguir os obxectivos marcados dentro dun contexto global, cambiante e altamente competitivo. Pola súa parte, a primeira unidade didáctica ten por finalidade situar o alumnado no mundo da administración empresarial, e na vida cotiá dos seus principais integrantes, o persoal directivo. Para iso, comezarase analizando o concepto de empresa e organización, dando un repaso ás principais teorías sobre a administración de empresas, para seguir coa análise do traballo directivo e as características que definen este traballo. Nesta segunda parte da unidade farase especial fincapé, por un lado, na definición das capacidades e roles que todo o persoal directivo precisa para o correcto desempeño do seu posto e, por outro lado, na identificación dos factores sobre os que se asenta o posible éxito profesional do administrador. A unidade está deseñada para ser desenvolvida en 10 horas (4 horas de sesión expositiva e 6 horas de sesión interactiva).
  • Item type: Item ,
    O patrimonio empresarial e a súa representación contable no inventario e no balance de situación
    (Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, 2013) Taboada Mella, María Salomé; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Economía Financeira e Contabilidade
    Esta UD forma parte do contido do programa da materia “Contabilidade Xeral I” impartido no primeiro curso do Grado de Economía. A Contabilidade Xeral é unha ferramenta informativa obrigatoria sobre a empresa, que se ocupa de analizar, valorar, e rexistrar as operacións que esta realiza co exterior (compras, vendas, cobros, pagos, investimentos, etc.) ó longo do exercicio. A análise consiste en determinar se as operacións en cuestión afectan, ou poden afectar, ó patrimonio da empresa dun feito directo e concreto (feitos contables); a valoración supón aplicar os principios contables xeralmente aceptados e as normas de valoración obrigatorias, contidos no Plan Xeral de Contabilidade (2007); o rexistro consiste en anotar de forma cronolóxica, nos libros de contabilidade -obrigatorios e non obrigatorios- cada un de eses feitos contables, para, periodicamente, resumir esa información contable polo medio de inventarios, Balances de Comprobación, e Contas Anuais (Balance de Situación, Conta de Perdas e Ganancias, Estado de Fluxos de Efectivo, Estado de Cambios no Patrimonio Neto, e a Memoria). En primeiro lugar (UD 1) coñecemos o que é a Contabilidade, as súas tipoloxías (contabilidade interna, e contabilidade externa), que información ofrece (de costos, financeira, directiva), cales son os usuarios da mesma (internos e externos); en base as anteriores informacións, localizamos á Contabilidade Xeral, identificamos os requisitos que debe reunir a información que ofrece para que sexa útil para a toma de decisións, e enumeramos e definimos brevemente ós instrumentos por medio dos cales se materializa: inventarios, Balances de Comprobación, e contas anuais.
  • Item type: Item ,
    O método contable
    (Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, 2013) Rodríguez Gil, Luis Ignacio; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Economía Financeira e Contabilidade
    A contabilidade encárgase de estudar, medir, rexistrar e comunicar determinados feitos económicos, co fin de que resulte útil na toma de decisión e control os distintos axentes económicos (administración pública, entidades financeiras, clientes, provedores, investidores, xestores, propietarios, etc.,). Para cumprir este cometido e comunicar a información contable e requisito imprescindible elaborar previamente a mesma que será publicada a través dos estados contables (balance, conta de resultados, estado de cambios no patrimonio neto,estado de fluxos de efectivo e memoria). A contabilidade para elaborar esta información segue un método específico o que se coñece como método contable. Non todos os alumnos de primeiro curso do grao contan con coñecementos en materia contable. En consecuencia, a materia está dirixida especialmente aos que se inicien na formación contable, móstrase como identificar e valorar os distintos elementos que integran o patrimonio da empresa, asimílase o método contable, estúdanse detalladamente todas e cada unha das etapas do ciclo contable,e unha vez introducido o concepto de normalización contable e os sistemas existentes, analízase o marco xurídico da contabilidade en España, prestando unha especial atención ao Plan Xeral de Contabilidade que entrou en vigor en xaneiro do 2008. Esta unidade é importante para a formación do alumno ao permitirlle acomprender o funcionamento contable dunha empresa, ao tempo que resulta necesaria para o correcto desenvolvemento das unidades posteriores, así como de todas as materias contables posteriores. En canto á duración, está deseñada para ser desenvolvida nunhas 5-6 horas entre expositivas e interactivas.
  • Item type: Item ,
    O ciclo contable
    (Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, 2013) Rodríguez Gil, Luis Ignacio; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Economía Financeira e Contabilidade
    A contabilidade encárgase de estudar, medir, rexistrar e comunicar determinados feitos económicos, co fin de que resulte útil na toma de decisión e control os distintos axentes económicos (administración pública, entidades financeiras, clientes, provedores, investidores, xestores, propietarios, etc.,). Para cumprir este cometido e comunicar a información contable é requisito imprescindible elaborar previamente a mesma que será publicada periodicamente a través dos estados contables (balance, conta de resultados, estado de cambios no patrimonio neto, estado de fluxos de efectivo e memoria). As necesidades informativas dos diferentes usuarios xustifican a fragmentación da vida económica da empresa en exercicios económicos. En consecuencia, as entidades presentan información económica periódica referida aos exercicios económicos. Non todos os alumnos de primeiro curso do grao contan con coñecementos en materia contable. En consecuencia, a materia está dirixida especialmente aos que se inicien na formación contable, móstrase como identificar e valorar os distintos elementos que integran o patrimonio da empresa, asimílase o método contable, estúdanse detalladamente todas e cada unha das etapas do ciclo contable, e unha vez introducido o concepto de normalización contable e os sistemas existentes, analízase o marco xurídico da contabilidade en España, prestando unha especial atención ao Plan Xeral de Contabilidade que entrou en vigor en xaneiro do 2008. Esta unidade é importante para a formación do alumno ao permitirlle comprender o funcionamento contable dunha empresa, ao tempo que resulta necesaria para o correcto desenvolvemento das unidades posteriores, así como de todas as materias contables posteriores. En canto á duración, está deseñada para ser desenvolvida nunhas 5-6 horas entre expositivas e interactivas.
  • Item type: Item ,
    O estado de perdas e ganancias
    (Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, 2013) Rodríguez Gil, Luis Ignacio; Suárez Fernández, Óscar; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Economía Financeira e Contabilidade
    A contabilidade encárgase de estudar, medir, rexistrar e comunicar determinados feitos económicos, co fin de que resulte útil na toma de decisión e control dos distintos axentes económicos (administración pública, entidades financeiras, clientes, provedores, investidores, xestores, propietarios, etc.,). Para cumprir este cometido e comunicar a información contable, previamente elaborada, publican os estados contables. O produto final da contabilidade son os estados contables ou estados financeiros que son o resumo da situación económica e financeira da empresa. Os estados contables están formados polo balance, a conta de resultados, o estado de cambios no patrimonio neto, o estado de fluxos de efectivo e a memoria. Os alumnos de terceiro curso do grao contan cos coñecementos que lles permiten estudar, medir, rexistrar os feitos económicos que é unha das parte do proceso contable. Con esta materia culmínase a última fase deste proceso que é a comunicación da información contable aos distintos usuarios. Tamén permitirá a interpretación e a obtención de información a partir dos estados contables. Deste xeito, esta unidade é importante para a formación do alumnado ao permitirlle unha maior comprensión do funcionamento contable dunha empresa, ter una visión global de todo o proceso contable, ao tempo que resulta necesaria para o correcto desenvolvemento das unidades posteriores de materias tales como Análises de Estados Contables. En canto á duración, está deseñada para ser desenvolvida nunhas 5-6 horas entre expositivas e interactivas.
  • Item type: Item ,
    Fundación de sociedades
    (Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, 2012) Vivel Búa, Milagros; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Economía Financeira e Contabilidade
    O empresariado é o protagonista da actividade económica a través da organización eficiente dos recursos escasos e os medios dispoñibles para satisfacer as necesidades humanas. Baixo unha perspectiva legal, este empresario pode desenvolver o seu negocio como persoa física, constituíndo un empresario individual, ou como persoa xurídica, creando para iso unha sociedade. Esta unidade didáctica enmárcase na materia de Contabilidade Financeira II correspondente ao 3º curso do Grao en Administración e Dirección de Empresas. Céntrase na análise da problemática contable do empresario que, como persoa xurídica, crea unha sociedade anónima, figura social moi estendida no tecido empresarial español. Isto é relevante dado que a creación dunha sociedade mercantil, como é a sociedade anónima, supón a aparición dun ente xurídico con dereitos e obrigas propias e, polo tanto, diferentes a aqueles que posúen as persoas que a integran. En particular, a unidade analiza o proceso contable que supón a fundación dunha sociedade anónima e as achegas que poden caracterizar o seu capital social, é dicir, en diñeiro e en cousa distinta a diñeiro. Ademais, exponse o tratamento contable aplicable aos accionistas que incorren en mora ao esixirlles o desembolso das súas achegas pendentes. Os contidos desenvolvidos na unidade enmárcanse no eido da contabilidade de sociedades e son necesarios para a exposición dos temas posteriores da materia. Polo tanto, con este tipo de contabilidade aplicamos as normas que regulan a contabilidade financeira ao rexistro das operacións que realizan as sociedades mercantís, como é a anónima, tendo en conta o marco legal ao que están suxeitas. A unidade está deseñada para ser desenvolvida en 6 horas distribuídas en 2 horas de sesión expositiva e 4 horas de sesión interactiva.
  • Item type: Item ,
    Sociedade de responsabilidade limitada
    (Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, 2012) Vidal Portabales, José Ignacio; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Dereito Mercantil e do Traballo
    A Unidade Didáctica denominada A Sociedade de Responsabilidade Limitada desenvolve unha parte da materia Dereito da Empresa pertencente á titulación de Grado de Dirección e Administración de Empresas; corresponde ás leccións 7 e 8 do programa. Forma parte das chamadas materias de Formación Básica. Esta Unidade Didáctica localízase no bloque dedicado ao empresario social. Ten por destinatarios ao alumnado de primeiro curso. Estrutúrase para unha duración de 3 horas, correspondentes a dúas clases interactivas e 30 minutos dunha clase expositiva.
  • Item type: Item ,
    A comunicación externa nas organizacións
    (Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, 2012) Túñez López, Miguel; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Ciencias da Comunicación
    As organizacións funcionan interactuando en sistemas sociais que se comportan como entidades vivas, complexas e cambiantes. Por iso deben ser analizadas desde perspectivas multidisciplinares para conseguir intervencións que transcendan do ámbito de cada ciencia e eviten análises illadas porque, como apunta a Teoría Xeral de Sistemas1, toda organización está inmersa nun sistema holístico, é dicir, nunha contorna na que non pode planificar e actuar completamente illada do sistema social, económico e medioambiental no que funciona. En si mesmas, as organizacións son un sistema composto por subsistemas (departamentos, por exemplo) interrelacionados entre si e, a un tempo, son parte do sistema global que configura o contorno no que se moven. É dicir, como sistemas que son, as organizacións están formadas pola interacción interna dos seus membros e inmersas, como subsistema, noutro sistema de interacción cos seus stakeholders e as outras organizacións. Desde a perspectiva holística ou sistémica, non hai unha identificación cun modelo concreto de comunicación senón que esta se considera unha rede de interaccións comunicativas con fluxos e contidos que dependen das relacións que se manteñan nese entorno e do modelo concreto de organización de que se trate.