RT Book,_Whole T1 A posesión A1 Madriñán Vázquez, Marta AB Esta unidade didáctica denominada “A posesión” forma parte da materia de Dereitos reais impartida no segundo semestre do primeiro curso de Grao de Dereito.A posesión ten a fama, certamente merecida, de ser unha das institucións máis complexas e confusas do Dereito civil, o cal se debe, noutra orde de cousas, a razóns históricas. En efecto, as normas do noso Código civil dedicadas á posesión, son o resultado dunha longa evolución influenciada por antigos portadores de sistemas substancialmente heteroxéneos, en especial o Dereito romano, o xermánico e o canónico. Iso dificultou, sen dúbida, o labor de interpretación coherente do conxunto normativo regulador da posesión, e ó mesmo tempo, propiciou a formulación de construcións doutrinais de signo oposto.Dito isto, pódese afirmar que a posesión é un poder de feito que se exerce sobre unha cousa, aínda que non se teña dereito sobre ela, co ánimo de posuíla como dono, é dicir, non recoñecendo o dominio doutra persoa. A posesión consiste pois no feito mesmo dese poder independentemente de que se axuste a dereito, xa que normalmente o poder de feito sobre a cousa exterioriza a existencia dun dereito real sobre a mesma.Existe unha relación fáctica como manifestación dunha relación xurídica. Pero isto non ten que ocorrer obrigatoriamente, pois é posible que, tras esa forma exterior ou aparencia non exista ningún dereito. Agora ben, a nota esencial da posesión radica en que pese ó carácter fáctico damesma, o ordenamento xurídico atribúe importantísimos efectos. É un feito que alcanza relevancia porque o ordenamento o contempla, desvinculado do dereito, e atribúelle efectos propios, é dicir, outórgalle relevancia xurídica. PB Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico SN 978-84-9887-562-1 YR 2011 FD 2011 LK http://hdl.handle.net/10347/33980 UL http://hdl.handle.net/10347/33980 LA glg NO Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Normalización Lingüística DS Minerva RD 27 abr 2026