A Unión Europea e o individuo
Loading...
Identifiers
Publication date
Authors
Advisors
Tutors
Editors
Journal Title
Journal ISSN
Volume Title
Publisher
Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico
Abstract
A unidade didáctica (en adiante, UD) que agora se presenta sitúase no
marco da materia Institucións e Dereito da Unión Europea que se imparte
no segundo curso (segundo cuadrimestre) do Grao en Dereito. Esta materia
ten a mesma estrutura básica e contidos que a materia Institucións de
Dereito Comunitario do segundo curso da Licenciatura en Dereito, aínda
que a súa denominación cambiara coa posta en marcha do Grao e debido
ás reformas introducidas polo Tratado de Lisboa. Polo tanto, os seus
destinatarios poden ser estudantes de segundo curso do Grao ou da
Licenciatura en Dereito. A explicación desta UD ocupará en total seis horas,
das cales tres terán un carácter expositivo e tres serán prácticas. O traballo
persoal do alumnado previsto para a súa preparación estímase en cinco
horas mínimo.
O estudo da Unión Europea e o seu ordenamento xurídico insírese,
dentro do ámbito dos estudos xurídicos internacionais, no fenómeno do
rexionalismo internacional. Este fenómeno, que non é exclusivo do
continente europeo, concretouse na creación de moi diferentes
organizacións internacionais rexionais, algunhas das cales van máis aló da
mera cooperación intergobernamental e serven como canle para o
desenvolvemento de procesos de integración. Este é o caso da Unión
Europea, que constitúe un modelo único de organización internacional de
integración á que os estados membros atribúen o exercicio de
competencias soberanas e que ten un sistema xurídico propio, o Dereito da
Unión Europea, no que se recoñecen dereitos e obrigas para os individuos.
En efecto, unha das características particulares e diferenciadoras do
proceso de integración europea é ter o individuo como un dos eixes de dito
proceso. Por esta razón resulta necesario que os alumnos/as, coñezan as
dimensións da Unión Europea que teñen unha proxección máis directa
sobre as persoas. Nesa preocupación polo individuo incardínase, en
primeiro lugar, o tema da protección dos dereitos fundamentais na Unión
Europea. Ademais, a configuración da Unión Europea como unha
organización dotada de competencias de natureza política tradúcese na
existencia da cidadanía da Unión como o vínculo xurídico-político propio
que se estabelece entre os nacionais dos estados membros e a Unión
Europea así como nunha serie de canles que garanten a participación dos
cidadáns na vida política da Unión
Description
Titulación: Grao en Dereito -- Materia: Institucións e Dereito da Unión Europea
Keywords
Bibliographic citation
Relation
Has part
Has version
Is based on
Is part of
Is referenced by
Is version of
Requires
Sponsors
Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Normalización Lingüística
Rights
© Universidade de Santiago de Compostela, 2010. Esta obra atópase baixo unha licenza Creative Commons Atribución-Non comercial-Compartir igual 4.0 Internacional (CC BY-NC-SA 4.0)
Attribution-NonCommercial-NoDerivatives 4.0 Internacional
Attribution-NonCommercial-NoDerivatives 4.0 Internacional







