RT Book,_Whole T1 A Unión Europea e o individuo A1 Lirola Delgado, Isabel K1 Dereitos humanos K1 Cidadanía K1 Países da Unión Europea AB A unidade didáctica (en adiante, UD) que agora se presenta sitúase nomarco da materia Institucións e Dereito da Unión Europea que se imparteno segundo curso (segundo cuadrimestre) do Grao en Dereito. Esta materiaten a mesma estrutura básica e contidos que a materia Institucións deDereito Comunitario do segundo curso da Licenciatura en Dereito, aíndaque a súa denominación cambiara coa posta en marcha do Grao e debidoás reformas introducidas polo Tratado de Lisboa. Polo tanto, os seusdestinatarios poden ser estudantes de segundo curso do Grao ou daLicenciatura en Dereito. A explicación desta UD ocupará en total seis horas,das cales tres terán un carácter expositivo e tres serán prácticas. O traballopersoal do alumnado previsto para a súa preparación estímase en cincohoras mínimo.O estudo da Unión Europea e o seu ordenamento xurídico insírese,dentro do ámbito dos estudos xurídicos internacionais, no fenómeno dorexionalismo internacional. Este fenómeno, que non é exclusivo docontinente europeo, concretouse na creación de moi diferentesorganizacións internacionais rexionais, algunhas das cales van máis aló damera cooperación intergobernamental e serven como canle para odesenvolvemento de procesos de integración. Este é o caso da UniónEuropea, que constitúe un modelo único de organización internacional deintegración á que os estados membros atribúen o exercicio decompetencias soberanas e que ten un sistema xurídico propio, o Dereito daUnión Europea, no que se recoñecen dereitos e obrigas para os individuos.En efecto, unha das características particulares e diferenciadoras doproceso de integración europea é ter o individuo como un dos eixes de ditoproceso. Por esta razón resulta necesario que os alumnos/as, coñezan asdimensións da Unión Europea que teñen unha proxección máis directasobre as persoas. Nesa preocupación polo individuo incardínase, enprimeiro lugar, o tema da protección dos dereitos fundamentais na UniónEuropea. Ademais, a configuración da Unión Europea como unhaorganización dotada de competencias de natureza política tradúcese naexistencia da cidadanía da Unión como o vínculo xurídico-político propioque se estabelece entre os nacionais dos estados membros e a UniónEuropea así como nunha serie de canles que garanten a participación doscidadáns na vida política da Unión PB Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico SN 9788498875461 YR 2010 FD 2010 LK http://hdl.handle.net/10347/23268 UL http://hdl.handle.net/10347/23268 LA glg NO Titulación: Grao en Dereito -- Materia: Institucións e Dereito da Unión Europea NO Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Normalización Lingüística DS Minerva RD 28 abr 2026