A Unión Europea e o individuo
| dc.contributor.author | Lirola Delgado, Isabel | |
| dc.date.accessioned | 2020-09-16T06:52:13Z | |
| dc.date.available | 2020-09-16T06:52:13Z | |
| dc.date.issued | 2010 | |
| dc.description | Titulación: Grao en Dereito -- Materia: Institucións e Dereito da Unión Europea | gl |
| dc.description.abstract | A unidade didáctica (en adiante, UD) que agora se presenta sitúase no marco da materia Institucións e Dereito da Unión Europea que se imparte no segundo curso (segundo cuadrimestre) do Grao en Dereito. Esta materia ten a mesma estrutura básica e contidos que a materia Institucións de Dereito Comunitario do segundo curso da Licenciatura en Dereito, aínda que a súa denominación cambiara coa posta en marcha do Grao e debido ás reformas introducidas polo Tratado de Lisboa. Polo tanto, os seus destinatarios poden ser estudantes de segundo curso do Grao ou da Licenciatura en Dereito. A explicación desta UD ocupará en total seis horas, das cales tres terán un carácter expositivo e tres serán prácticas. O traballo persoal do alumnado previsto para a súa preparación estímase en cinco horas mínimo. O estudo da Unión Europea e o seu ordenamento xurídico insírese, dentro do ámbito dos estudos xurídicos internacionais, no fenómeno do rexionalismo internacional. Este fenómeno, que non é exclusivo do continente europeo, concretouse na creación de moi diferentes organizacións internacionais rexionais, algunhas das cales van máis aló da mera cooperación intergobernamental e serven como canle para o desenvolvemento de procesos de integración. Este é o caso da Unión Europea, que constitúe un modelo único de organización internacional de integración á que os estados membros atribúen o exercicio de competencias soberanas e que ten un sistema xurídico propio, o Dereito da Unión Europea, no que se recoñecen dereitos e obrigas para os individuos. En efecto, unha das características particulares e diferenciadoras do proceso de integración europea é ter o individuo como un dos eixes de dito proceso. Por esta razón resulta necesario que os alumnos/as, coñezan as dimensións da Unión Europea que teñen unha proxección máis directa sobre as persoas. Nesa preocupación polo individuo incardínase, en primeiro lugar, o tema da protección dos dereitos fundamentais na Unión Europea. Ademais, a configuración da Unión Europea como unha organización dotada de competencias de natureza política tradúcese na existencia da cidadanía da Unión como o vínculo xurídico-político propio que se estabelece entre os nacionais dos estados membros e a Unión Europea así como nunha serie de canles que garanten a participación dos cidadáns na vida política da Unión | gl |
| dc.description.sponsorship | Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Normalización Lingüística | gl |
| dc.identifier.isbn | 9788498875461 | |
| dc.identifier.other | D.L. C. 3980-2010 | |
| dc.identifier.uri | http://hdl.handle.net/10347/23268 | |
| dc.language.iso | glg | gl |
| dc.publisher | Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico | gl |
| dc.relation.ispartofseries | Unidades Didácticas (Universidade de Santiago de Compostela). Institucións e Dereito da Unión Europea;3 | |
| dc.rights | © Universidade de Santiago de Compostela, 2010. Esta obra atópase baixo unha licenza Creative Commons Atribución-Non comercial-Compartir igual 4.0 Internacional (CC BY-NC-SA 4.0) | gl |
| dc.rights | Attribution-NonCommercial-NoDerivatives 4.0 Internacional | |
| dc.rights.accessRights | open access | gl |
| dc.rights.uri | http://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/ | |
| dc.subject | Dereitos humanos | gl |
| dc.subject | Cidadanía | gl |
| dc.subject | Países da Unión Europea | gl |
| dc.title | A Unión Europea e o individuo | gl |
| dc.type | book | gl |
| dspace.entity.type | Publication | |
| relation.isAuthorOfPublication | 6e4e820a-9ee1-43fc-98fb-0d0becdd64ca | |
| relation.isAuthorOfPublication.latestForDiscovery | 6e4e820a-9ee1-43fc-98fb-0d0becdd64ca |
Files
Original bundle
1 - 1 of 1
Loading...
- Name:
- UE_e_individuo.pdf
- Size:
- 329.05 KB
- Format:
- Adobe Portable Document Format
- Description: